Top 10 similar words or synonyms for ortópteros

dípteros    0.855863

coleópteros    0.849303

himenópteros    0.847869

arácnidos    0.832228

hemípteros    0.820437

paseriformes    0.807048

elasmobranquios    0.804327

córvidos    0.793886

equinodermos    0.792696

miriápodos    0.790080

Top 30 analogous words or synonyms for ortópteros

Article Example
Ortópteros Os ortópteros (Orthoptera) son unha orde de insectos entre os que están os saltóns, grilos, lagostas, wetas, e moitos outros. Existen máis de 27 000 especies de ortópteros e a orde ten distribución mundial. Moitos insectos desta orde son paurometábolos ou con metamorfose incompleta e producen sons (estridulacións) ao fretaren as súas ás unha contra outra ou contra as patas; as ás ou patas teñen ringleiras de saíntes corrugados que orixinan o son. O tímpano ou oído destes animais está localizado na parte frontal da tibia nos grilos, grilos ceboleiros, e tettigónidos, e no primeiro segmento abdominal nos saltóns e lagostas. Estes animais usan vibracións para localizar a outros individuos.
Ortópteros A orde de ramificación destes animais coñécese bastante ben. As subordes Caelifera e Ensifera parecen ser monofiléticas e o Rhaphidophoridae son un grupo irmán dos Tettigoniidae. Os Pyrgomorphidae son o grupo máis basal dos Caelifera. Os Myrmecophilidae parecen formar un clado cos Gryllotalpidae en vez de cos Gryllidae. Serán necesarios traballos adicionais para confirmar isto.
Ortópteros Os saltóns poden pregar as ás, o que sitúa a este grupo de animais dentro do gran grupo dos Neoptera.
Ortópteros Os ortópteros teñen un corpo cilíndrico, con patas posteriores alongadas saltadoras. Teñen mandíbulas para morder e mastigar e grandes ollos compostos, e poden ter ou non ocelos, dependendo da especie. As antenas teñen moitas articulacións e son filiformes, e son de lonxitude variable.
Ortópteros Os segmentos primeiro e terceiro do tórax son máis grandes, mentres que o segundo segmento é moito máis pequeno. Teñen dous pares de ás, que colocan sobre o abdome cando descansan. As ás anteriores, ou tegmina, son máis estreitas que as posteriores e están endurecidas na súa base, mentres que as ás posteriores son membranosas con veas rectas e numerosas veas transversais. Cando están en repouso, as ás posteriores están pregadas como en abano baixo as anteriores. Os dous ou tres segmentos finais do abdome están reducidos, e teñen cercos dun só segmento.