Top 10 similar words or synonyms for dípteros

lepidópteros    0.878476

coleópteros    0.873087

ortópteros    0.855863

arácnidos    0.852681

escaravellos    0.850577

félidos    0.843534

himenópteros    0.840591

gasterópodos    0.833370

artrópodos    0.832115

carnívoros    0.832049

Top 30 analogous words or synonyms for dípteros

Article Example
Dípteros Os dípteros teñen rápidos reflexos que lles axudan a escapar dos seus predadores, pero as súas velocidades no voo sostido son baixas. Os dolicopódidos do xénero "Condylostylus" responden en menos de 5 milisegundos aos flashes dunha cámara para levantar o voo. No pasado, os "Cephenemyia" eran considerados uns dos insectos máis veloces baseándose nunha estimación feita visualmente por Charles Townsend en 1927. As súas estimacións de elevadas velocidades de 960 a 1 280 km/h viuse máis tarde que eran fisicamente imposibles e incorrectas segundo comprobou Irving Langmuir. Langmuir suxeriu unha velocidade estimada de 40 km/h.
Dípteros Os dípteros experimentan unha completa metamorfose con catro estadios vitais: ovo, larva, pupa e adulto. En moitos dípteros, a etapa larvaria é longa e os adultos adoitan ter unha curta vida. A maioría das larvas de dípteros desenvólvense en ambientes protexidos; moitas son acuáticas e outras encóntranse en sitios húmidos como prea, froita, materia vexetal, fungos e, no caso das especies parasitas, dentro dos seus hóspedes. As larvas adoitan ter cutículas finas e desécanse se se expoñen ao aire. A maioría das larvas de dípteros teñen cápsulas da cabeza esclerotizadas, que poden estar reducidas a ganchos bucais; porén, os Brachycera, teñen cápsulas da cabeza moles xelatinizadas nas cales os escleritos están reducidos ou ausentes. Moitas destas larvas retraen as cabezas no seu tórax.
Dípteros Os dípteros son un importante grupo de insectos e teñen un considerable impacto no medio ambiente. Algúns Agromyzidae minadores de follas, as moscas da froita (Tephritidae e Drosophilidae) e os Cecidomyiidae formadores de bugallas son pragas agrícolas; outros como as moscas tse-tse, "Cochliomyia" e os Oestridae atacan ao gando, causándolle feridas, espallando doenzas, e creando un prexuízo económico significativo. Algúns poden causar miiase en humanos. E aínda outros, como os mosquitos (Culicidae), Simulidae e Psychodidae teñen un impacto sobre a saúde humana, actuando como vectores de importantes doenzas tropicais.
Dípteros O abdome mostra unha considerable variabilidade nos membros da orde. Consta de once segmentos en grupos primitivos e dez segmentos en grupos máis derivados, os segmentos décimo e décimo primeiro están fusionados. Os últimos dous ou tres segmentos están adaptados para a reprodución. Cada segmento está constituído por un esclerito dorsal e outro ventral, conectados por unha membrana elástica. Nalgunhas femias, os escleritos están enrolados formando un ovopositor telescópico flexible.
Dípteros Como insectos que viven en todas partes, os dípteros xogan un importante papel en varios niveis tróficos como consumidores ou como presas. Nalgúns grupos as larvas completan o seu desenvolvemento sen alimentarse, e noutros os adultos son os que non se alimentan. As larvas poden ser herbívoras, preeiras, descompoñedores, predadores ou parasitas, e o consumo de materia orgánica en descomposición é un dos comportamentos alimenticios máis frecuentes. Comen a froita ou detritos xunto cos microorganismos asociados, un filtro a modo de baruto situado na farinxe sérvelles para concentrar as partículas, mentres que as larvas que comen carne teñen ganchos bucais para axudar a triturar o seu alimento. As larvas dalgúns grupos aliméntanse dos tecidos vivos de plantas e fungos, e algunhas delas son graves pragas agrícolas. Algunhas larvas acuáticas consomen as películas de algas que se forman baixo a auga sobre as rochas e plantas. Moitas das larvas parasitoides crecen dentro doutros artrópodos aos que finalmente matan, mentres que as larvas parasitas poden atacar a hóspedes vertebrados.