Top 10 similar words or synonyms for éuscaro

euskera    0.797405

occitano    0.742214

castelán    0.694675

asturiano    0.687114

catalán    0.685263

aranés    0.670463

gascón    0.655627

valenciano    0.647658

romanche    0.644834

leonés    0.636582

Top 30 analogous words or synonyms for éuscaro

Article Example
Éuscaro batua En España, o éuscaro é lingua cooficial, xunto co castelán, no País Vasco e terzo norte de Navarra, lugares en que está amplamente presente na educación. As institucións seguen as normas e directrices marcadas por Euskaltzaindia para o éuscaro unificado. O éuscaro batua actualmente é a versión oficial do idioma, sendo o máis empregado no ensino, a administración pública, os medios de comunicación e na maior parte da produción escrita nesta lingua.
Éuscaro batua Koldo Mitxelena, Jose Luís Alvarez Enparanza "Txillardegi", Gabriel Aresti, Fr. Luís Villasante, Jon Etxaide e Jon Mirande, entre outros, foron os pais da criatura. No Congreso de Arantzazu ("Arantzazuko Biltzarra") celebrado en 1968 e convocado pola Academia da Lingua Vasca, establecéronse as liñas mestras do que despois sería o éuscaro batua, tomando como eixo central o relatorio presentado por Koldo Mitxelena, a cal quería buscar a unificación "na base biolóxica e sociolóxica da lingua".
Éuscaro batua En Francia, o éuscaro, do mesmo xeito que calquera outra lingua que non sexa o francés, non ten ningún status legal.
Éuscaro batua Despois do parón que supuxo a guerra civil española e a posterior etapa de dura represión, nos anos 50 do século XX volveuse a abordar o problema, sobre todo grazas a unha nova xeración de literatos e activistas culturais. Estes diferenciábanse da xeración anterior por ser na súa maioría laicos, de orixe urbana e con estudos universitarios. Moitos deles eran "euskaldun berriak" ("novos falantes de éuscaro", isto é, non aprenderan o idioma como lingua materna), así Gabriel Aresti ou Federico Krutwig.
Éuscaro batua No momento actual (2007) considérase que o proceso de unificación atópase inacabado. O proxecto do "Euskal Hiztegi Batua" (Dicionario do Léxico Unificado) aínda non chegou ao seu fin e algúns aspectos da terminoloxía científica seguen sen estar plenamente consensuados.