Top 10 similar words or synonyms for aranés

euskera    0.750508

asturleonés    0.750096

iparralde    0.742954

occitano    0.725654

gascón    0.716420

euskara    0.715669

francoprovenzal    0.714394

fula    0.706333

romanche    0.703325

abkhazo    0.698511

Top 30 analogous words or synonyms for aranés

Article Example
Aranés Preto do 90% dos habitantes do Val de Arán pódena entender, e un 65% pódena falar. Grazas ao seu status de cooficialidade, e a pesar de ter só uns 5.000 falantes, converteuse nunha referencia dentro do reivindicativo mundo occitano. No ano 2006 saíu á luz unha Gramática aranesa e no 2007 foi publicado un dicionario Aranés-Inglés/Inglés-Aranés.
Aranés No traballo, o castelán é utilizada de forma exclusiva polo 30,8% da poboación do val, o aranés polo 9,2% e o catalán polo 7,4%. Ademais, o aranés é utilizado no traballo con outra lingua polo 25,4% da poboación; xa que logo, o aranés é utilizado no traballo (de forma exclusiva ou en situación de bi- ou multilingüismo) polo 34,6% dos habitantes do val, mentres que o castelán éo polo 63,1% e o catalán polo 43,9%.
Aranés Considerada unha vez como "lingua en perigo", e falada maioritariamente por xente maior, está agora a experimentar un rexurdimento, sendo ensinada dende o 1984 nas escolas e gozando dun status de cooficialide na Comunidade Autónoma de Cataluña.
Aranés O aranés é a lingua materna do 34,2% da poboación do Val de Arán. É a segunda lingua máis utilizada no val, tras o castelán, que é a lingua materna do 38,8% da poboación, e por diante do catalán, que é a lingua materna do 19,4%, segundo os datos do censo de 2001. O aranés é a lingua materna de 2.785 persoas, segundo esta mesma fonte.
Aranés O aranés é o nome que se lle dá ao occitano no Val de Arán. Constitúe unha variedade do dialecto gascón da lingua occitana chamado gascón pirenaico, falada no Val de Arán, no noroeste de Cataluña, onde é unha das tres linguas oficiais alén do catalán e do castelán.