Top 10 similar words or synonyms for variegatus

bradypus    0.911556

maculatus    0.909250

breviceps    0.904017

caudatus    0.903075

obscurus    0.901782

fasciatus    0.898216

ornatus    0.895539

bilineata    0.894595

cynocephalus    0.892529

lepidopus    0.890356

Top 30 analogous words or synonyms for variegatus

Article Example
Microchirus variegatus Trátase dun pequeno linguado de até 35 cm de lonxitude máxima (de aí o nome vulgar de acedía), que habita en fondos mariños areosos ou lamacentos de 20 a 400 m de profundidade, no Atlántico nororiental, desde as illas Británicas até o norte de Mauritania, e no mar Mediterráneo.
Galeopterus variegatus Galeopiteco, nome empregado adoito na bibliografía internacional, é unha adaptación do nome do xénero "Galopithecus" , o tipo da familia dos "Galeopithecidae" , sinónimo de "Cynocephalidae", cando se pensaba que estas animais formaban parte da orde dos "Primates" .
Galeopterus variegatus Por outra parte, Cabrera, en 1925, dá a Geoffroy como o autor do nome "Galeopterus", en 1796. Porén, a lectura de Geoffroy indica que só usou o francés para os nomes comúns para esta especie nese ano. Desmarest, en 1820 apoiou esta interpretación. Ademais, Cabrera sinala a "G. marmoratus" como sinónimo de "G. variegatus".. No aparece citada en Sherborn (1927, 1931), e tampouco en Temminck (1824-1841). Desmarest, incorrectamente, deu como localizacións de "G. rufus" e "G. ternatensis" a illa Palau e a de Ternate, respectivamente. Estes nomes son sinómimos de "G. variegatus", xa que nas descricións de Desmarest parecen máis próximas a esta especie, e porque na súa lámina 22, figura 2, mostra un animal co rostro estreito, característico de "G. variegatus". Chasen e Kloss, en 1929, describen "G. variegatus terutaus" e "G. variegauts perhentianus" como subespecies.
Galeopterus variegatus A súa fórmula dentaria é 2.1.2.3 / 2.1.2.3. Os incisivos inferiores están dirixidos cara a adiante, e son comprimidos. O bordo anterior de cada incisivo inferior ten sucos profundos, o que lle dá a aparencia de peite; estes serven, como nos lémures, para limpar a pel. A forma serrada dos incisivos superiores e dos molares e dos caninos está menos desenvolvida. Os molares superiores son esencialmente trituberculares, aínda que hai, porén, unha tendencia á formación de cúspides adicionais, que agrandan a superficie da coroa. No aparello dixestivo o estómago é simple, e o intestino presenta un cego grande. Está adaptado a unha dieta fitófaga.
Bradypus variegatus Bradypus variegatus é unha especie de mamífero placentario da orde dos pilosos, suborde dos folívoros e familia dos bradipódidos, unha das catro que integran o seu único xénero, "Bradypus".
Bradypus variegatus É o preguiceiro de tres dedos máis estendido e máis común dentro do seu grupo, xa que se distribúe polo sur de México, Centroamérica e Suramérica (desde Venezuela ao sur do río Orinoco até as Güianas e o Brasil), onde habita en moitos e diferentes tipos de ambientes, incluíndo bosques perennifolios, bosques secos e moitas áreas naturais incluso as altamente perturbadas.
Galeopterus variegatus Esta especie coñécese na bibliografía internacional cos nomes de galeopiteco, colugo e lémure voador (ou lémure voador malaio, para distinguilo da outra especie da familia, o "lémure voador de Filipinas"). A pesar deste último nome, non é un lémure; de feito, nin sequera é un primate. Porén, como os esquíos voadores, ou os morcegos cos que foi algunua vez clasificado, está equipado cunha membrana ou pataxio que lle permite facer voos planados.
Galeopterus variegatus O nome xenérico, "Galeopterus", está formado pola unión dos elementos do latín científico "gale-", derivada do grego antigo γαλῆ "galê", "donicela", "gata", e "-pterus", tirada do grego antigo πτερόν "pterón", "a", "ala", cun "-o-" de unión. O epíteto específico, "variegatus", está tirado do latín clásico "variegātus", participio pasado de "variegāre", "pintar de varias cores". Literalmente: "a donicla con ás de varias cores".
Galeopterus variegatus Lémur voador vén do nome que lle deu Linneo á especie hoxe coñecida por "Cynocephalus volans", próxima parente desta, "Lemur volans", xa que pensou que estaba emparentado cos verdadeiros lémures, é dicir, que era un prosimio. Este nome tirouno do latín clásico "lemurēs", os espíritos dos mortos da mitoloxía romana.
Galeopterus variegatus Esta membrana, que une o colo, cos membros anteriores e posteriores —incluíndo os dedos—, e os membros coa cola, está formada por dúas capas de pel con pelo. Grazas a ela, tanto desta especie coa a súa próxima parente "Cynocephalus volans", as dúas únicas da orde) poden planar distancias máis longas que ningún outro mamífero, de xeito que, en base á súa capacidade para o desprazamento aéreo, estes animais foron considerados algunha vez, antigamente, como membros da orde dos quirópteros (morcegos).