Top 10 similar words or synonyms for trypanosoma

brucei    0.886738

cruzi    0.860126

plasmodium    0.853567

giardia    0.842189

histolytica    0.820160

entamoeba    0.804813

salmonella    0.794060

trichomonas    0.790406

herpesvirus    0.788606

schistosoma    0.781710

Top 30 analogous words or synonyms for trypanosoma

Article Example
Trypanosoma O Trypanosoma (tripanosoma) é un xénero de protistas cinetoplástidos (clase Kinetoplastida), un grupo monofilético de protozoos unicelulares parasitos flaxelados. O nome deriva do grego "trypano" (broca) e "soma" (corpo) porque se moven cun movemento en espiral como un sacarrollas. Todos os tripanosomas requiren máis dun hóspede obrigatorio para completar o seu ciclo de vida e transmítense por medio dun animal vector. A maioría das especies son transmitidas por invertebrados hematófagos, pero utilizando diferentes mecanismos segundo as especies. No hóspede invertebrado atópanse xeralmente no intestino, e no hóspede vertebrado aparecen normalmente no sangue ou dentro das células.
Trypanosoma Os tripanosomas salivarios desenvólvense na parte anterior do aparato dixestivo do insecto (probóscide, hipofarinxe), e o vector máis importante é a mosca tse-tse. Os organismos infectivos son inoculados no hóspede cando pica e segrega saliva antes de alimentarse. Destaca "T. brucei".
Trypanosoma O xenoma mitocondrial do "Trypanosoma", e a doutros cinetoplástidos, coñecido como cinetoplasto, está feito dunha serie complexa de círculos concatenados e minicírculos e require un conxunto de proteínas para a súa organización durante a división celular.
Trypanosoma As dúas especies máis importantes por ser parasitos humanos relevantes son "Trypanosoma brucei" (enfermidade do sono) e "Trypanosoma cruzi" (enfermidade de Chagas), pero hai outras especies que parasitan a moitos vertebrados. As especies máis importantes de "Trypanosoma" son as seguintes:
Trypanosoma Existen dous tipos de tripanosomas diferentes, con ciclos de vida difrerentes, as especies salivarias e as estercorarias.
Trypanosoma A medida que os tripanosomas progresan no seu ciclo vital van sufrindo unha serie de cambios morfolóxicos como ocorre en todos os tripanosomátidos. O ciclo vital xeralmente presenta unha forma tripomastigota no hóspede vertebrado e unha forma tripomastigota ou promastigota no aparato dixestivo do hóspede invertebrado. Na fase intracelular do ciclo de vida o protozoo está normalmente na forma amastigota. Nos tripanosomátidos a morfoloxía tripomastigota é exclusiva das especies do xénero "Trypanosoma", na que o flaxelo percorre toda a célula formando unha membrana ondulada.
Trypanosoma Os tripanosomas infectan unha variedade de hóspedes e causan varias doenzas, entre as cales hai doenzas humanas importantes como a enfermidade do sono (ou tripanosomíase africana), causada polo "Trypanosoma brucei", e a enfermidade de Chagas, causada polo "Trypanosoma cruzi".
Trypanosoma A primeira especie do xénero "Trypanosoma" que froi identificada foi atopada na troita por Gabriel Valentin en 1841. Non foron identificadas nos mamíferos ata 25-30 anos máis tarde.
Trypanosoma Os tripanosomas estercorarios infectan insectos, xeralmente o "Triatoma", desenvólvese na parte posterior do seu aparato dixestivo e os protozoos infectivos son liberados nas feces, que son depositadas na pel do hóspede. O organismo entón penetra e pode diseminarse polo corpo. Os insectos volven a infectarse cando se alimentan de sangue do hóspede. Destaca o "T. cruzi".
Trypanosoma brucei A estrutura da célula é bastasnte típica dunha célula eucariota normal. Ten todos os orgánulos, como o núcleo, mitocondria, retículo endoplasmático, aparato de Golgi etc. Característricas pouco usuais son a súa mitocondria única e longa, dentro da cal hai unha estrutura especial de ADN mitocondrial coñecida como cinetoplasto, e a súa asociación co corpo basal do flaxelo. O citoesqueleto está formado por microtúbulos. A superficie celular da forma da corrente sanguínea presenta unha densa cuberta formada por glicoproteínas de superficie variables (VSGs), que é substituída por unha cuberta igualmente densa de prociclinas cando o parasito se diferencia na forma procíclica no intestino medio da mosca.