Top 10 similar words or synonyms for toleraría

morras    0.783787

pronuncía    0.776664

despedinme    0.755204

faltará    0.749832

nasaliza    0.741639

conformista    0.738729

frutificou    0.735955

falaches    0.734701

hasídicos    0.730805

embargantes    0.730468

Top 30 analogous words or synonyms for toleraría

Article Example
Imperio dos Cen Días Napoleón non se deixou enganar polo entusiasmo que despertaba nas provincias e en París. Sabía que só a ansia de cambio e o desprezo cara o vello rei e os seus cobizosos cortesáns lle conduciran a esta vitoria. Instintivamente sabía que se ía a enfrontar con unha nova Francia que non toleraría o despotismo.
Amtrak Algunhas das accións de Gunn foron vistas por moitos como politicamente sabias. El fora moi proclive á redución de gastos indirectos de xerencia, eliminando case todo o negocio expreso polémico. Indicara que o mantemento diferido continuado converterase nunha medida de inseguridade que el non toleraría. Isto mellorou as súas relacións cos traballadores en certo grao, ata mentres que os sindicatos organizados en Amtrak e o salario dos traballadores reducíronse.
Otto von Bismarck Durante os primeiros meses en San Petersburgo, Bismarck, do mesmo xeito que fixera durante a guerra de Crimea, centrou todos os seus esforzos en impedir unha intervención de Prusia en favor de Austria, consciente de que Rusia non o toleraría. Prusia, pensaba, non era o bastante rica como para esgotar os seus recursos en guerras "que en nada nos benefician". Falaba tamén da posibilidade de aproveitar a situación creada para romper coa Confederación:
Salvador de Madariaga Madariaga, anticomunista, oposto de xeito «frontal» ao socialismo marxista, antifranquista e descrito como un «liberal clásico moderado», en "Anarquía o jerarquía" expuxo un concepto denominado «democracia orgánica unánime», na que o Estado non toleraría folgas ou sindicatos e restrinxiría o dereito a voto. Logo de finalizar a segunda guerra mundial defendeu posicións monárquicas para España —encarnadas na figura de Juan de Borbón— e contrarias ao sufraxio universal. O seu pensamento, que recibiu críticas da esquerda española durante a Segunda República, ten sido descrito por Pedro Carlos González Cuevas como elitista e burgués. Segundo recolle Herbert R. Southworth, Ricardo de la Cierva tería proposto a Madariaga —cuxos ataques a diversos políticos socialistas foron empregados como propaganda por parte do réxime— e a José Antonio Primo de Rivera como os principais inspiradores do programa político de Franco.
Séneca Porén, conforme Nerón foi medrando, comenzou a desprenderse da «benigna» influencia de Séneca, que co paso do tempo, ía perdendo influencia sobre o seu pupilo. Este, que demostrara unha natureza cruel ao facer asasinar ao seu irmán, pronto comenzou a escoitar os consellos de membros da peor ralea da sociedade romana, meros arribistas que, como Publio Sulio Rufo, viron unha gran oportunidade para desprazar a Séneca do poder. Foi Rufo o que, no ano 58, acusou a Séneca de manter relacións sexuais con Agripina, co que deu orixe a unha campaña de desprestixio na que o filósofo foi acusado de extravagancia nos banquetes, hipocrisía e adulación nos seus escritos e, sobre todo, excesiva riqueza. De feito, é probable que a inmensa riqueza de Séneca propiciara a súa caída fronte a Nerón, o cal non toleraría que un particular puidese facerlle sombra nese aspecto.
Guerra das Dúas Rosas Logo da primeira batalla de Santo Albano, o compromiso adquirido polas partes en 1455 chegou a acadar certo éxito, con York á cabeza do Consello ata a recuperación de Henrique. A pesar disto, os problemas xerados polo conflito emerxeron de novo, en especial o asunto de se correspondía a Ricardo ou a Eduardo de Westminster (fillo de Henrique VI e Margarida) a sucesión da coroa. A primeira quenda era inaceptable para Margarida, quen rexeitou calquera solución que significase o desherdamento do seu fillo, deixando en claro que toleraría esa situación tanto coma durase a supremacía militar do duque de York. Henrique recuperouse no interior do país en 1456, pero a raíña non lle permitiu volver a Londres. Polo menos no interior do reino contaban cunha alta popularidade, non así na capital, onde os mercadores atopábanse alporizados pola caída dos mercados e a ampla desorde. Por estas razóns, a corte do rei estableceuse na cidade de Coventry, onde o novo duque de Somerset, Henrique Beaufort, medraba en popularidade enchendo o posto baleiro do seu pai. A raíña conseguiu convencer ao seu esposo da importancia de descoñecer os nomeamentos e arranxos feitos por York, e ordenoulle volver á súa posición en Irlanda. Os disturbios aumentaron e sucedéronse na capital e por toda a costa sur, pero o rei mantívose nos seus cuarteis reforzando as súas posicións. A raíña estableceu a conscripción obrigatoria por primeira vez en Inglaterra, realizando levas para os seus exércitos. Mentres tanto, a popularidade de Ricardo Neville, conde de Warwick e aliado de York, medraba sen pausa, emerxendo como o campión das clases mercantís.