Top 10 similar words or synonyms for teseo

perseo    0.833639

agamenón    0.808877

minos    0.804547

eneas    0.795595

orestes    0.792006

odiseo    0.772122

poseidón    0.766254

patroclo    0.765231

cadmo    0.763268

polifemo    0.761776

Top 30 analogous words or synonyms for teseo

Article Example
Teseo Outro dos bandidos aos que tivo que se enfrontar foi Sinis, o dobrador de pinos, que tiña un xeito peculiar de se desfacer dos seus inimigos: dobraba dous pinos próximos, ataba as copas entre si e un brazo da súa vítima a cada unha delas. Logo soltaba as árbores que, ao se enderezar violentamente, desgarraban o corpo do desgraciado. Teseo, tras acabar con Sinis, mantivo unha relación amorosa coa súa filla Perigune de quen tivo un fillo: Melanipo.
Teseo Teseo continuou a súa viaxe triunfal cara a Atenas, pero cometeu un tremendo erro. Dixéralle a seu pai que á volta da súa viaxe, sei saía vencedor naquela empresa, había izar unha bandeira branca en sinal de vitoria; en caso contrario, se perecese, regresaría a embarcación coa súa acostumada bandeira negra. Teseo esqueceu cambiar a bandeira, e seu pai, que veu desde unha torre como se acercaba o barco polo horizonte portando a bandeira negra, desconsolado, botouse ao mar e morreu. A ese mar que baña as costas de Grecia chámaselle desde entón mar Exeo.
Teseo Exeo, que non tivera descendencia e que recurrira ao oráculo de Delfos para acadala, ignoraba que da súa relación fugaz con Etra nacera Teseo. Así que a infancia de Teseo transcurriu na compaña da súa nai na cidade de Trecén. Cando cumpriu os dezaseis anos a súa nai desveloulle o segredo da súa paternidade e entregoulle unha espada e unhas sandalias de ouro que pertenceran a seu pai.
Teseo Desde había moito tempo, Atenas estaba obrigada a entregar cada ano un tributo a Creta, que consistía no sacrificio de sete mozos e sete doncelas para seren devorados polo monstro chamado Minotauro, que tiña cabeza de touro e corpo de home, e nacera dos amores de Pasífae, esposa de Minos, cun touro branco. Minos encerrárao no Labirinto, construción complicada do arquitecto Dédalo, na que era fácil entrar pero practicamente imposíbel saír. Teseo ofreceuse a ir. Unha vez alí, propuxo ao rei Minos que se daba acabado co monstro quedarían libres os catorce mozos e Atenas exenta do tributo. Minos aceptou a proposta.
Teseo De regreso á súa patria, Teseo decidiu parar na illa de Naxos para recoller provisións e alí abandonou, sen explicación aparente, a Ariadna, que se quedara dormida. Cando espertou e se deu de conta do sucedido, chorou amargamente. Porén, non moito tempo despois apareceu pola illa o deus Baco e namorouse dela. Ariadna correspondeu este amor e pouco despois casaron.