Top 10 similar words or synonyms for tamino

sarastro    0.771464

papageno    0.765199

pamina    0.742483

odiseu    0.715490

arsace    0.700696

odiseus    0.682276

rezando    0.667347

querubín    0.663035

yoshinaga    0.661911

violetta    0.657652

Top 30 analogous words or synonyms for tamino

Article Example
Die Zauberflöte Sarastro, xunto co coro dos sacerdotes, inicia un ritual ("O, Isis und Osiris, welche Wonne"). Trátase dunha das pasaxes corais máis representativas da época. Tamino escoita as palabras do gran sacerdote fronte a el. Entón entra Pamina cun saco na cabeza acompañada polos sacerdotes xunto a Tamino. Sarastro quítalle o saco. Non cesa de preguntar por Tamino, que está ao seu carón, pero Tamino non fala con ela. Neste trío relátase a historia ("Soll ich dich, Treuer, nicht mehr sehn?"). Deben separarse e os dous o aceptan porque lles prometen que volverán atoparse.
Die Zauberflöte Dous homes con armadura traen a Tamino para que supere as probas de auga e lume. Antes da proba Pamina aparece dispuesta a velo ("Der, welcher wandert diese Strasse voll Beschwerden"). Deciden que, como Pamina non teme a morte, é digna de ser iniciada. Ambos os dous danse a man. Tamino toca a frauta para poder atravesar a columna de lume. Tamino volve tocar a frauta e atravesan á montaña que bota auga. Aparece despois a entrada a un templo moi iluminado, dentro do cal se oen gritos de triunfo e ledicia ("Tamino mein! O welch ein Glück" e "Wir wandelten durch Feuergluten").
Die Zauberflöte Tamino pensa que Papageno o salvou ao matar a serpe, e Papageno non lle di a verdade. Chegan entón as Tres Damas, que ao ver que Papageno mentiu, lle pechan a boca cun cadeado de ouro. Ao dirixirse a Tamino, entréganlle un retrato dunha rapaza fermosa. Se el non permanece indiferente a ela, terá por recompensa fama, honra e felicidade.
Die Zauberflöte Os tres sacerdotes abandonan a sala e déixanos na escuridade. Nese momento aparecen as Tres Damas e cantan o quinteto ("Wie? Wie? Wie?"), que os intentan convencer de que ese non é un bo lugar. Papageno non para de preguntar a Tamino se o que din é verdade, pero Tamino, que é forte, non pensa no que poidan dicir. Elas insisten en que a Raíña da Noite se dirixe cara ao templo, mentres que Papageno se desmaia. Pero escóitanse os sacerdotes, que as expulsan até que desaparecen no chan. Entran estes e levan a Tamino. Fan que Papageno se levante para poder seguir guiándoo.
Die Zauberflöte Mentres, Tamino e Papageno seguen superando as distintas probas impostas. Neste momento enfróntanse á proba do silencio, mais Papageno non cala. Aparece unha muller vella e fea que ofrece auga a Papageno, que non para de falar con ela. A muller dille que ten 18 anos e dous minutos, e que ten un amante, o mesmo Papageno. Cando este vai preguntar o nome da anciá, soa un trono e a vella desaparece. Os tres rapaces chegan para traerlles comida e os seus instrumentos. Entregan a Tamino a frauta e a Papageno as campás, e desaparecen. Tamino toca a frauta mentres Papageno come e bebe. Pamina aparece ao escoitar a frauta, pero como Tamino non lle fala pensa que xa non a quere, e doída canta a aria "Ach, ich fühl's, es ist verschwunden".