Top 10 similar words or synonyms for túpac

amaru    0.832273

yupanqui    0.810485

manco    0.721898

katari    0.709898

ardashir    0.702451

chandragupta    0.696438

farnaces    0.690173

mahmud    0.684222

pachacútec    0.678459

babur    0.678019

Top 30 analogous words or synonyms for túpac

Article Example
Túpac Amaru Túpac Amaru ou Thupa Amaro (en ) nado en Cuzco en 1545 e finado ibídem o 24 de setembro de 1572, foi o derradeiro monarca indíxena (Sapa Inca) do Novo estado inca, os restos do Imperio Inca en Vilacamba. Fillo de Manco Inca, foi feito sacerdote e gardián do corpo do seu pai. Foi executado polos conquistadores españois.
Túpac Katari Polos seus esforzos, a súa derrota, tortura e brutal execución, (estirado polas extremidades até ser desmembrado), Túpac Katari é lembrado como un heroe polos movementos indíxenas da Bolivia moderna, que chaman á súa filosofía política "Katarismo". Un grupo guerrilleiro boliviano, o Exército Guerrilleiro Túpac Katari, leva ese nome na súa honra.
Túpac Katari Foi secundado na súa loita pola súa esposa, Bartolina Sisa, e a súa irmá menor Gregoria Apaza. Adoptou o pseudónimo de "Túpac Katari" en homenaxe ao cacique-Inca rebelde Túpac Amaru II (1738-1781) que se levantou en Cuzco; e Tomás Catari (1740-1781), cacique de Chayanta.
Túpac Amaru En quechua, "túpaq amaru" significa ‘víbora brava’.
Túpac Katari Fillo dun mineiro que morreu nas minas de Potosí. Logo de quedar orfo na súa adolescencia, comezou a servir como axudante de cura, converténdose en campaneiro grazas ó seu tío Manuel, curaca dunha comunidade veciña a Ayo Ayo, chegando a ser campaneiro oficial da igrexa do poboado. Logo traballou dous anos como peón na mina de San Cristóbal, de Oruro, ó principio como barreteiro e logo carrexando anacos de mineral. Alí coñeceu o sufrimento doutros indíxenas e comezou a proclamar a necesidade de rebelarse.
Túpac Katari Trasladouse a Sica Sica onde traballou como panadeiro e onde coñeceu á súa compañeira Bartolina Sisa. Máis tarde foi comerciante ambulante até A Paz, estudando a forma de pensar dos indíxenas, mestizos e cholos, observando especialmente o seu descontento crecente ante a explotación colonial.
Túpac Katari Julián Apaza Nina, máis coñecido como Túpac Catari, Túpaj Katari, ou simplemente Katari, nado en Ayo Ayo, provincia de Sica Sica, Vicerreinado do Perú, 1750, e finado na Paz o 15 de novembro de 1781, foi un indíxena aimará, líder das actividades independentistas de Bolivia e dunha rebelión indíxena contra o Imperio español a comezos da década de 1780. A súa irmá Gregoria Apaza, e a súa muller Bartolina Sisa, participaron na rebelión ó seu carón.
Túpac Amaru II Curaca (xefe nativo) de Surimana, Tungasuca e Pampamarca, era adiñeirado e adicábase ó comercio. Tratábase dun personaxe de orixe mestiza (foi marqués de Oropesa) no que confluía o sangue do Sapa Inca Túpac Amaru coa dos crioulos. De feito, durante unha gran parte da súa vida, sendo criado até os 12 anos polo sacerdote crioulo Antonio López de Sos ea logo no Colexio San Francisco de Borja, mostrou preferencia polo crioulo chegando a dominar o latín e a empregar refinadas vestimentas hispanas, pero posteriormente vestiu como un nobre inca, fixo uso activo da lingua nativa quechua na súa vida e proclamas, e foi excomulgado da Igrexa católica.
Túpac Amaru II José Gabriel Condorcanqui Noguera, marqués de Oropesa chamado igualmente José Gabriel Túpac Amaru (Surimana, Canas, Vicerreinado do Perú, 19 de marzo de 1738 - Cuzco, 18 de maio de 1781), coñecido posteriormente como Túpac Amaru II ou simplemente Túpac Amaru, foi un caudillo indíxena líder da maior rebelión anticolonial que se deu en Hispanoamérica durante o século XVIII. Descendía de Túpac Amaru I (derradeiro Sapa Inca, executado polos españois no século XVI).
Túpac Amaru II Liderou a denominada «Gran rebelión» que se desenvolveu no Vicerreinado do Río da Prata e o Vicerreinado do Perú, pertencentes ó Reino de España, rebelión iniciada o 4 de novembro de 1780 coa captura e posterior execución do corrixidor Antonio de Arriaga.