Top 10 similar words or synonyms for suplicante

laio    0.713403

pisando    0.704663

herido    0.699011

tedio    0.697501

ofende    0.692529

siya    0.689070

vaig    0.686676

inquieto    0.685571

cantava    0.684048

soltera    0.683665

Top 30 analogous words or synonyms for suplicante

Article Example
Pedro de Mena Pedro de Mena é especialmente recoñecido polas súas esculturas de María Magdalena en situación suplicante, que foi denominada como "Magdalena Penitente".
Antonio Rosmini Pero o home non é só pensamento. O seu corpo resúltalle coesencial e coexistencial. O corpo permite ao home ser sensitivo e sen o corpo o home non é. O que permite ao home ser persoa é a moral. O home ao comportarse moralmente vai ensanchándose cara horizontes infinitos atraído por un imán de amor. O home ama a verdade porque é amado pola verdade. O ben non é seu senón que é para el. O ben imponse suplicante á vontade do home.
Pesqueiras, Salvaterra de Miño No lugar do Rial e da Fontarcade hai un peto de ánimas salientábel. Está situado nun cruzamento de camiños e consiste nun pequeno pedestal no que descansa unha fornela enmarcada por columnas, no interior das cales se fai unha representación iconográfica das ánimas do purgatorio en actitude suplicante envolvidas nun purificador lume. Na parte inferior e superior a imaxe da Virxe co Neno semella interceder por elas. Unha inscrición presente no propio peto de ánimas parece relacionar a súa construción coa devoción dun fregués "Felipe Álvarez", invitando a rezar pola súa alma todo viaxeiro que por alí pasase.
Odisea Odiseo está a durmir. Entre tanto Atenea entra nun soño de Nausícaa e mándalle ir lavar a roupa ao río. Cando Nausícaa acorda diríxese ao río coas servas para lavar a súa roupa nos lavadoiros do río. Atenea induce a Nausícaa e as servas a faceren un xogo tirando unha bola unhas ás outras. Odiseus acorda. Cuestiónase onde estará. El aproxímase de Nausícaa, esta non foxe del. Odiseus ponse na posición do suplicante para Nausícaa. Ela accédelle xentilmente ás suplicas. As servas de Nausícaa tratan de Odiseus, ofrécenlle un manto e unha túnica, e óleo para el untar o corpo despois de se bañar no río. Despois danlle comida e bebida.
Camille Claudel Frecuentaron xuntos os ambientes artísticos e culturais máis importantes do París da época e pasaron xuntos longos períodos fora da cidade, pero Rodin está unido sentimentalmente a outra muller, Rose Beuret, á que non ten intención de abandonar para casar con Camille. Esta situación será a inspiración dunha das obras máis importantes de Camille: A Idade Madura. Nesta escultura vemos representada a escena de Camille de xeonllos e suplicante, dirixindo as súas mans cara a Rodin, quen lle da as costas mentres unha muller medio anxo-medio meiga, que representa a Rose Beuret, lévao.
Francisco de Goya A pesar de que se insitiu na repercusión que para o estilo de Goya tivo a súa enfermidade, cómpre ter en conta que xa pintara motivos similares no "Asalto da dilixencia" de 1787. Porén, mesmo neste cadro, de semellante motivo, hai notables diferenzas. No pintado para a quinta de recreo da Alameda de Osuna, a paisaxe era amable e luminosa, de estilo rococó, e as figuras eran pequenas, polo que a atención do espectador non reparaba na traxedia representada ata o punto no que o fai no "Asalto de ladróns" de 1794, onde a paisaxe é agora árida, a vítima mortal aparece en escorzo no primeiro termo e as liñas converxentes das escopetas fan dirixir a mirada cara ó home suplicante que se ve ameazado de morte.
Odisea Chegan á terra dos Ciclopes. Aquí dáse un dos episodios máis coñecidos da saga de Ulises. Os Ciclopes son seres xigantescos, con feitío de home pero un só ollo no medio da fronte, que viven sen lei e son trogloditas (viven en cavernas). Odiseus movido pola curiosidade quer ver e falar cun ciclope. Os ciclopes son pastores de ovellas. E Odiseo métese na gruta dun deles con doce compañeiros mentres os outros esperan nos barcos. Os compañeiros aconséllano a írense aínda que despois de roubaren uns queixos, mais Odiseus ten vivo interese en falar co dono da gruta. O ciclope Polifemo volta co rabaño e fecha a entrada da gruta cun rochedo. Odiseo diríxeselle como suplicante (o que era un acto sagrado). Ao que Polifemo agarrou en dous dos Aqueus e bateulles coas cabezas no chan e comeunos. Cando Polifemo dorme, Odiseu pega na espada, mais despois reconsidera porque non podería despois abrir a entrada da gruta para saír. No día seguinte, en canto Polifemo estaba co rabaño fóra, cos seus amigos prepara unha gran vara, afíalle a punta e endurécea ao lume. Polifemo volta e come dous Aqueos máis. Odiseus ofrécelle viño. Polifemo pregúntalle o nome e el responde: -Eu son "ninguén". Polifemo agradécelle o viño e dille que en retribución da bebida vai deixar a Odiseu ser o ultimo en ser comido. Despois de toldado polo viño, o xigante adormece. Ao que Odiseu e os seus camaradas espétanlle a gran lanza no ollo. Este levántase aos gritos. Aparecen outros Ciclopes aló fóra a preguntarlle o que lle aconteceu. El responde que alguén o cegou. Eles preguntan quen foi e Polifemo responde por "ninguén".