Top 10 similar words or synonyms for stegosaurus

purussaurus    0.804041

tricerátops    0.798183

mystax    0.794867

personatus    0.792455

borealosuchus    0.790986

malacocephalus    0.787449

megalops    0.787446

scriptus    0.785157

compsognathus    0.784088

malayanus    0.783640

Top 30 analogous words or synonyms for stegosaurus

Article Example
Stegosaurus Stegosaurus (gr. "lagarto con tellado") é un xénero de dinosauros tireóforos estegosáuridos, que viviron a finais do período Xurásico, fai aproximadamente 156 e 144 millóns de anos, no Kimeridgiano e o Titoniano, no que hoxe é América do Norte e Europa. Debido ás súas distintivas espinas da cola e placas, "Stegosaurus" é un dos máis recoñecidos dinosauros, xunto con "Tyrannosaurus", "Triceratops", "Velociraptor" e "Apatosaurus". O nome de "Stegosaurus" significa "réptil con tellado" e deriva do antigo grego στέγος, "stegos"- ("tellado ou teito") e σαῦρος, -"sauros" ("lagarto"). Polo menos tres especies foron identificadas na porción superior da Formación Morrison no oeste de Estados Unidos e son coñecidas polo menos por 80 individuos entre todas.
Ornithischia Xurdiron na historia natural despois que os Saurischios e eran todos herbívoros. Exemplos: Triceratops, Iguanodon, Stegosaurus, Euplocephalus.
O máis forte do mundo é unha das creacións do Doutor Cochin, é un guerreiro cor verde con pecas vermellas, ten placas nas costas como as dun Stegosaurus, a súa habilidade é de empregar cargas de electricidade a través dunhas mangueiras que saen dos seus brazos. O seu nome provén dun prato xaponés,
Edward Drinker Cope En 1858 empezou a súa competencia con Othniel C. Marsh por achar máis fósiles de dinosauros, esta foi a chamada Guerra dos Ósos, na que os dous descubriron varias especies. A pesar da súa derrota, Cope fíxose famoso polo papel que desempeñou en torno ao descubrimento dos dinosauros máis famosos do mundo actual, tales como o Triceratops, Diplodocus, e Stegosaurus, e estivo á fronte da maioría de achados importantes, tales como os de Dimetrodon (o cal non é un dinosauro), Camarasaurus, Coelophysis e Monoclonius, o máis ambiguo.
Guerra dos Ósos Algúns dos descubrimentos de Cope e Marsh encóntranse entre os dinosauros máis coñecidos, incluíndo xéneros como "Triceratops", "Allosaurus", "Diplodocus", "Stegosaurus", "Camarasaurus" e "Coelophysis". Os seus descubrimentos acumulados definiron o daquela nacente campo da paleontoloxía; antes dos descubrimentos de Cope e Marsh, só se describiran nove especies de dinosauro en América do Norte. Ademais, algunhas das súas ideas, como aquela de Marsh que afirmaba que os paxaros descenden dos dinosauros, foron confirmadas; mentres que outras, incluíndo a "Lei de Cope", que postula que as especies tenden a facerse máis grandes co tempo, son consideradas de pouco ou ningún mérito científico. A Guerra dos Ósos tamén levou ó descubrimento dos primeiros esqueletos completos e o aumento da popularidade dos dinosauros entre o público. Como dixo o paleontólogo Robert Bakker, "os dinosauros provenientes de Como Bluff non só encheron museos, tamén encheron artigos de revistas, libros de texto e a mente da xente".
Guerra dos Ósos Na época dos descubrimentos de Lakes, estábase construíndo o Ferrocarril Transcontinental nunha zona remota de Wyoming. A carta de Marsh era de dous homes que se identificaban como Harlow e Edwards (os seus nomes reais eran Carlin e Reed), traballadores da Union Pacific Railroad. Os dous homes afirmaban que descubriran grandes cantidades de fósiles en Como Bluff e avisábano de que había outras persoas na zona "que buscaban estas cousas", algo que Marsh interpretou como unha referencia a Cope. Marsh enviou a Williston, que acababa de chegar exhausto a Kansas tras o colapso da canteira de Morrison, a Como Bluff. O seu antigo estudante envioulle unha mensaxe, confirmándolle a veracidade tanto das grandes cantidades de ósos como da presenza de homes de Cope pola zona. Temendo repetir os mesmos erros que cometera con Lakes, Marsh envioulles rapidamente diñeiro ós dous novos cazadores de ósos e instounos a enviarlle fósiles adicionais. Williston conseguiu un acordo preliminar con Carlin e Reed, que non puideran cobrar o cheque de Marsh xa que estaba endosado a nome dos seus pseudónimos, pero Carlin decidiu ir a New Haven para tratar directamente con Marsh. Este último redactou un contrato que incluía un pagamento mensual fixo, coa posibilidade de primas adicionais para Carlin e Reed, segundo a importancia dos descubrimentos. Marsh tamén se reservou o dereito de enviar os seus propios "superintendentes" para supervisar as escavacións, se era necesario, e aconselloulles ós homes que intentaran manter a Cope fóra da rexión. Malia que mantiveron unha reunión cara a cara, Carlin non conseguiu obter mellores condicións de Marsh. O paleontólogo conseguiu que Carlin e Reed traballaran baixo as condicións fixadas, pero prenderan as sementes de discordia e rencor no ánimo dos cazadores de ósos, xa que sentían que Marsh os coaccionara para aceptar o trato. A inversión de Marsh na rexión de Como Bluff pronto deu bos resultados. Mentres que os recolectores de Marsh volveron ó Leste para pasar o inverno, Reed enviou vagóns de fósiles por vía férrea a Marsh durante todo 1877. Na edición de decembro de 1877 da revista "American Journal of Science", Marsh describiu e deulles nome a dinosauros como "Stegosaurus", "Allosaurus" ou "Diplodocus".