Top 10 similar words or synonyms for sereas

ninfas    0.847149

harpías    0.812719

gorgonas    0.805490

doncelas    0.803486

pantasmas    0.794879

deusas    0.790537

andoriñas    0.789209

gadoupas    0.786498

bacantes    0.780597

aguias    0.779753

Top 30 analogous words or synonyms for sereas

Article Example
Lenda das Sereas Tamén existe outra lenda que di que os argonautas sobreviviron grazas a que Orfeo, que os acompañaba, cantou tan divinamente que anulou o seu meigallo.
Lenda das Sereas Dende os cantís de Sicilia, o seu son atraía aos mariñeiros de tódolos barcos que pasaban preto, sen poder abstraérense ao meigallo e dozura do seu canto. Calquera mariñeiro que as ouvise e as vise, trabucaríaas cunha muller de cabelos longos e de voz doce que lle aconsellaba e lle falaba como oráculo do seu futuro, pero morrían ao estrelarse contra os cons, ou ben cando non podendo fuxir do seu meigallo, botábanse ao mar para poder escoitalas mellor, morrendo irremediablemente.
Lenda das Sereas Porén, se un home podía escoitalas sen se sentir atraído por elas e sobrevivía, unha delas tiña que morrer. Isto propiciouno o heroe Odiseo, máis coñecido coma Ulises. Cando Odiseo ía en barco, segundo conta a "Odisea", topouse coas sereas, e para evitar o seu meigallo ordenou aos seu tripulantes, conforme o consello de Circe, que se taparan os oídos con cera para non poder escoitalas, mentres el era atado ao mastro do barco cos oídos descubertos. Deste xeito, ningún dos mariñeiros sufriu dano algún porque non escoitaban as súas voces, mentres Odiseo, a pesar de que implorou unha e outra vez que o soltasen, mantívose xunto ao poste e así puido escoitar o seu canto.
Lenda das Sereas Na mitoloxía grega, as sereas foron xestadas pola musa Calíope e o río Aqueloo (inda que outras versións fálannos de que foron Forcis ou Xea) e eran consideradas como as ninfas do mar. Esta non é a única dúbida sobre elas, xa que tampouco se sabe ben cal era o seu número, pois hai quen afirma que foron tres pero, segundo autores, poden variar ata cinco e mesmo oito. A feitura do seu corpo tampouco está totalmente clarificada, se ben foi representado con corpo de ave e faciana de muller; a ave está ás veces representada como unha ave mariña e outras como unha ave de plumas vermellas.
Lenda das Sereas As sereas da época hómerica son tres irmás, Lidia que toca a frauta, Partenopea a lira e Leucosea que le textos e recita cantos, sendo estas antigas compañeiras de Perséfone, filla de Zeus e de Deméter, a quen raptou Hades, deus dos infernos, polo que pediron aos deuses que lles outorgara alas para poder salva-la moza e traela de novo sobre a terra. Segundo outra versión, débenlle a súa aparencia a Demeter, que quixo castigalas por non coidar ben a súa filla.