Top 10 similar words or synonyms for scholarship

manuscripts    0.816822

literary    0.813069

literature    0.811839

writings    0.809047

biographical    0.807145

anthropology    0.805152

psychology    0.803948

complexity    0.803065

mathematics    0.800522

physics    0.800143

Top 30 analogous words or synonyms for scholarship

Article Example
JSTOR En 2010, JSTOR empezou a engadir os números actuais de certas revistas por medio do seu Current Scholarship Program.
Felix Mendelssohn Sobre a morte de Mendelssohn Lind escribiu, «[El era] a única persoa que trouxo a plenitude ao meu espírito e case axiña que como o atopei perdino de novo». En 1869 Lind erixiu unha placa en memoria de Mendelssohn no seu lugar de nacemento en Hamburgo; en 1849 establecera a "Mendelssohn Scholarship Foundation", que outorga un premio de dous anos a un novo compositor británico en memoria de Mendelssohn. O primeiro gañador desta bolsa, en 1856, foi Arthur Sullivan, que tiña 14 anos de idade.
World Wide Web O modelo da proposta fora construído utilizando "DynaText", un lector de documentos SGML creado por "Electronic Book Technology", unha "spin-off" do "Institute for Research in Information and Scholarship" da Universidade de Brown (Providence, Rhode Island). O sistema DynaText, do que o CERN adquirira licenzas, era tecnicamente avanzado e xogou un papel chave na ampliación do "SGML ISO 8879:1986" a "Hypermedia" dentro de "HyTime" (ISO 10744:1992), pero foi considerado demasiado caro e tiña unha política de licenzas inadecuada para o seu uso pola comunidade dos físicos de partículas de altas enerxías, cunha taxa por cada documento e cada modificación.
Kathleen Ferrier Ferrier foi diagnosticada de cancro de mama en marzo de 1951. Entre os períodos de hospitalización e convalecencia continuou a interpretar e a gravar; a súa última aparición pública foi como Orfeo na Royal Opera House en febreiro de 1953, oito meses antes da súa morte. Entre as numerosas homenaxes recibidas logo da súa morte, o Kathleen Ferrier Cancer Research Fund foi fundado en maio de 1954; a Kathleen Ferrier Scholarship Fund, administrada pola Royal Philharmonic Society, entrega anualmente dende 1956 premios a novos aspirantes a cantantes profesionais.
Felix Mendelssohn Unha declaración xurada do marido de Lind, Otto Goldschmidt, que se conserva hoxe en día no arquivo da "Mendelssohn Scholarship Foundation" na Royal Academy of Music de Londres, describe a petición de Mendelssohn a Lind en 1847 (cando esta aínda non estaba casada) para fuxir con el a América. Aínda que a declaración é de coñecemento público, a Mendelssohn Scholarship Foundation non a mostra, a pesar das peticións realizadas para facela pública. Mendelssohn atopouse e traballou con Lind en numerosas ocasións e escribiu a ópera "Lorelei" para ela, baseada nas lendas de doncelas dos rochedos sobre o río Rin de igual nome e que non foi acabada debido á morte do compositor. Dixo que incluíra un "fa"♯ agudo no seu oratorio "Elijah" («Hear Ye Israel») coa voz de Lind na súa mente, aínda que ela non interpretou dita parte ata logo da morte do compositor, nun concerto en decembro de 1848. En 1847 Mendelssohn asistiu en Londres a unha representación da obra de Giacomo Meyerbeer "Robert lle diable", unha ópera cuxa melodía odiaba, para oír o debut de Lind no Reino Unido no seu papel de Alice. O seu amigo o crítico Chorley, que estaba presente con el, escribiu «vin como escribo o sorriso coa que Mendelssohn, cuxo pracer polo talento de "mademoiselle" Lind era ilimitado, volvéndose e mirándome coma se unha carga de ansiedade saíse da súa mente. A súa adhesión ao talento de "mademoiselle" Lind como cantante era desbordante tanto como eran o seu desexos de que ela tivese éxito».