Top 10 similar words or synonyms for schistosoma

mansoni    0.850264

giardia    0.799134

brucei    0.792435

variegatus    0.792310

bovis    0.786014

macaca    0.784989

trypanosoma    0.781710

ornatus    0.781102

laevis    0.779898

enterobius    0.776032

Top 30 analogous words or synonyms for schistosoma

Article Example
Schistosoma Schistosoma é un xénero de platihelmintos trematodos parasitos, que son responsables de varios tipos de doenzas infecciosas importantes en humanos chamadas esquistosomíases (ou, antes, bilharzíases). A Organización Mundial da Saúde considera a esquistosomíase como a segunda infección parasítica socioeconomicamente máis desastrosa (despois da malaria), que infecta a centos de millóns de persoas en todo o mundo.
Schistosoma Estes vermes planos en estado adulto parasitan os vasos sanguíneos mesentéricos. Son os únicos vermes planos que son dioecios con dous sexos con claro dimorfismo sexual entre o macho e a femia. Liberan miles de ovos que chegan á vexiga ou ao intestino (dependendo da especie infectante), e son excretados pola urina ou as feces á auga doce. As larvas deben despois pasar por un hóspede intermediario, que é un caracol, antes de pasar ao seguinte estado larvario que sae á auga e pode infectar a un hóspede mamífero penetrando directamente pola pel.
Schistosoma A orixe deste xénero non está clara. Hai moitos anos pensábase que tiña unha orixe africana, pero as secuenciacións de ADN modernas suxiren que as especies ("S. edwardiense" e "S. hippopotami") que infectan o hipopótamo "Hippopotamus amphibius" poderían ser as basais. Como os hipopótamos estaban presentes durante o Cenozoico tanto en África coma en Asia o xénero puido terse orixinado como un parasito dos hipopótamos.
Schistosoma Dentro do grupo haematobium "S. bovis" e "S. curassoni" parecen estar estreitamente relacionados con "S. leiperi" e "S. mattheei".
Schistosoma Transferíronse a este xénero outras catro especies, as cales estaban antes clasificadas no xénero "Orientobilharzia". "Orientobilharzia" difire de "Schistosoma" morfolóxicamente só no seu número de testículos. Unha revisión dos datos morfolóxicos e moleculares indicou que as diferenzas entre estes xéneros son moi pequenas e non xustifican a súa separación. Estas catro especies transferidas son: