Top 10 similar words or synonyms for rusa

alemá    0.743188

polaca    0.737507

húngara    0.714993

romanesa    0.667388

turca    0.651913

austríaca    0.645596

francesa    0.638374

búlgara    0.624118

soviética    0.615396

sueca    0.614674

Top 30 analogous words or synonyms for rusa

Article Example
Lingua rusa O ruso (antigamente coñecido como gran ruso, para diferencia-lo do ucraíno ou "pequeno ruso") é a lingua eslava con máis falantes. Forma co ucraíno e o bielorruso o grupo das linguas eslavas do leste. A variedade do dialecto ruso medio falada na área de Moscova é a base da forma estándar da lingua. Hai minorías rusófonas significativas en tódolos estados que fixeron parte da antiga Unión Soviética e mantén aínda un certo status como lingua de cultura. O número total de falantes podería estar ó redor dos 300 millóns de persoas.
Lingua rusa O vocabulario básico, os principios de formación das palabras e, ata un certo punto, mesmo as inflexións e o estilo literario foron fortemente influenciadas polo eslavo eclesiástico, unha linguaxe, adoptada en parte do eslavo eclesiástico do sur, empregada pola Igrexa Ortodoxa Rusa. Esta é a causa de que determinadas palabras do ruso literario sexan máis similares ás do búlgaro moderno que ás do bielorruso ou do ucraíno. Nalgúns casos, as formas do eslavo de leste e as do eslavo eclesiástico coexisten, aínda que con matices de significado.
Lingua rusa En Letonia, cun terzo da poboación rusófona, o debate para o seu recoñecemento oficial segue a estar presente. Noutra das repúblicas bálticas, Estonia, os falantes son ó redor dunha cuarta parte da poboación.
Lingua rusa En Israel hai (censo de 1999) ó redor de 750.000 xudeus rusófonos orixinarios de países da antiga URSS e atópanse comunidades de falantes de certo tamaño en Norteamérica. Segundo o censo do ano 2000 uns 4,2 millóns de persoas falan ruso nos EEUU. Na Europa occidental os grupos máis importantes de falantes de ruso concéntranse en Alemaña.
Lingua rusa O ruso é, por último, cooficial en sete comunidades da Romanía nas provincias de Tulcea e Constanza, onde a minoría dos lipovans rusofalantes constitúe o 20% da poboación.
Lingua rusa Os dialectos do norte teñen como característica máis notoria a pronunciación clara do fonema /o/ en posicións átonas -fenómeno denominado okan'e (оканье)- (mentres que nos acentos do sur -incluíndo Moscova- pasa a pronunciarse /ʌ/). Así mesmo, no acento do sur palatalízase o fonema /t/ en posición final e aspíranse os fonemas /g/, que pasan a ser máis semellantes ao fonema /h/. Estas características danse tamén no ucraíno moderno, o que indica a influencia entrámbolos dous.
Lingua rusa Con anterioridade empregáronse tamén outras letras, como por exemplo <ѣ> /ie/ ou /e/, <і> /i/, <ѳ> /f/, <ѵ> /i/ e <ѧ>, que confluíron en <я>. O yers <ъ> e <ь> indicaban a pronuncia de /ŭ/ e /ĭ/ ultra-curtos ou reducidos, que hoxe son [ɪ], [ɯ] ou [ə̈], [ə̹].
Lingua rusa Para algúns lingüistas, (ɨ) é un fonema diferenciado. Aqui considérase como alófono de /i/.
Lingua rusa Como na maioría das linguas eslavas, o ruso non posúe artigos. O carácter de artigo definido ou de artigo indefinido dao a súa posición en relación ao verbo:
Lingua rusa O verbo só ten dúas formas, o presente e o pasado, e catro modos: indicativo, imperativo, xerundio e participio. En presente, o verbo ten seis persoas, suficientemente diferenciadas como para que se prescinda bastante dos pronomes persoais. En pasado, o verbo só ten catro formas: masculino, feminino, neutro e plural, o que significa que os verbos non concordan cos pronomes persoais, senón coas persoas.