Top 10 similar words or synonyms for prokaryota

eukarya    0.778938

eukaryota    0.745459

metazoa    0.716141

animalia    0.709122

protozoa    0.705842

chordata    0.704581

subreino    0.704550

loricifera    0.703611

monera    0.699842

eubacteria    0.695355

Top 30 analogous words or synonyms for prokaryota

Article Example
Prokaryota Para unha comparación coas características eucariotas, véxase Sistema de dous imperios.
Prokaryota En bioloxía e taxonomía, o taxon Prokaryota (do grego: "πρό-"("pro-"), "antes de" + "καρυόν" ("carion"), "noz" ou "améndoa", como referencia ao núcleo, do cal carecen) é o imperio ou dominio (segundo as clasificacións) que inclúe os microorganismos constituídos por células procariotas, é dicir, células que presentan un ADN libre no citoplasma, xa que non hai núcleo celular. Os procariontes ou organismos procariotas recibiron diversas denominacións tales como Bacteria, Monera e Schizophyta, dependendo dos autores e os sistemas de clasificación que se foron sucendendo no tempo. Outros términos usados foron Mychota, Protophyta, Procaryote, Procaryotae e Prokarya. Está constituído á súa vez por dous dominios ben diferenciados: Archaea e Bacteria.
Prokaryota Encóntranse probas na filoxenia procariota: De acordo coa filoxenia bacteriana baseada no ARNr de 16S e 23S, e nalgunhas árbores proteicas e encimáticas, as bacterias máis diverxentes son termófilas como Thermotogae, Aquificae, Thermodesulfobacteria e Dictyoglomi. En arqueas é máis claro, porque a maioría de filos teñen membros termófilos. Segundo a filoxenia dos dous principais filos arqueanos, Crenarchaeota e Euryarchaeota, os subgrupos máis diverxentes son moi hipertermófilos; no primeiro caso son as Pyrodictiaceae, cuxa temperatura óptima de crecemento está por riba dos 100 °C, e no segundo é "Methanopyrus", un metanóxeno que pode sobrevivir e reproducirse a 122 °C.
Prokaryota Os procariontes presentan enormes diferenzas cos eucariontes, como a carencia de núcleo, a case ausencia de orgánulos, a presenza de ribosomas máis pequenos, a súa parede celular de peptidoglicano (que non teñen todos) ou diferenzas na reprodución. Delas a diferenza máis importante, a ausencia de membrana nuclear, ten que ver coa orixe mesma dos eucariontes (eucarioxénese), a cal tería unha historia evolutiva máis serodia e complexa como resultado da asociación simbiótica entre diferentes organismos procariotas. As mitocondrias e os cloroplastos sintetizan os seus propios ribosomas, similares aos bacterianos, e teñen ADN propio circular. Isto probaría a orixe procariota destes orgánulos por endosimbiose seriada. Mentres que os procariontes se orixinaron hai uns 3.500 millóns de anos, os eucariontes aparecen moito despois, hai uns 1.400 millóns de anos e como descendentes de organismos procariotas. Os Prokaryota considéranse un grupo parafilético.
Prokaryota Durante aqueles remotos tempos, a atmosfera e os océanos carecían de oxíxeno, polo que a respiración procariota predominante era anaerobia; e a fotosíntese debeu ser anoxixénica (sen produción de oxíxeno) tal como actualmente o fan as bacterias verdes e púrpuras. Os estromatólitos máis antigos de comprobada orixe microbiolóxica teñen 2.724 millóns de anos de antigüidade.