Top 10 similar words or synonyms for pregunte

dirás    0.774573

credea    0.757047

morras    0.744635

sabería    0.744153

pronuncía    0.735864

mirarti    0.728595

faltará    0.722606

tèn    0.720169

esqueza    0.719690

durmo    0.716604

Top 30 analogous words or synonyms for pregunte

Article Example
Don't ask, don't tell Don't ask, don't tell, (en galego, Non pregunte, non diga) é a expresión coa que se coñece popularmente a política sobre homosexualidade das forzas armadas dos Estados Unidos de América desde 1993 até decembro de 2010, que establecía a lexislación federal ("10 U.S.C. § 654") e que foi revogada pola Cámara de Representantes o 16 de decembro de 2010 e polo Senado dos Estados Unidos de América o 18 de decembro de 2010 e derrogada polo presidente, Barack Obama, o 22 de decembro.
Perceval ou le Conte du Graal O protagonista, xa armado cabaleiro por Gornemant, participa na defensa do castelo de Belrepeire, onde coñece a fermosa Brancaflor, da cal se namora. Tras isto, Perceval acode ao castelo do Graal, invitado polo Rei Pescador. Durante unha escena, ve unha estraña procesión onde se mostran tres elementos: unha lanza chea de sangue, un graal e un prato. Estes tres obxectos, así como o feito de que Perceval non pregunte sobre o seu significado (pois así fora aconsellado), están cargados de complexos simbolismos. A lanza representa a lanza sagrada, aquela que foi cravada no corpo de Cristo na cruz; o graal, a copa onde se recolleu o sangue de Cristo crucificado; e o prato alude ao que se utiliza para a eucaristía. Por outra parte, o silencio de Perceval ante a procesión terá terribles consecuencias para o Rei Pescador e para si mesmo (como lle explicará a súa prima). No día seguinte, el volta para a corte do Rei Artur.
Skaði No poema "Grímnismál" o deus Odín (disfrazado como "Grímnir") revélalle a Agnarr a existencia de doce lugares. Menciona o lugar Þrymheimr no sexto lugar nunha única estrofa. Nesta estrofa Odín revela con detalle que o jötunn Þjazi vivía nese lugar, e que agora faino a súa filla Skaði. Odín describe Þrymheimr como un lugar de "tribunais antigos" e refírese a Skaði como "a brillante noiva dos deuses". Na introdución en prosa do poema "Skírnismál", o deus Frey síntese co corazón roto por mor dunha muller, a jötunn Gerðr, que viu en Jotunheim. O deus Njord pídelle a Skírnir, servente de Freyr, que vaia falar con el, e na primeira estrofa do poema Skaði dille tamén a Skírnir que lle pregunte a Freyr por que está tan molesto.
Erasmo de Rotterdam A súa obra máis coñecida, "Eloxio da loucura", foi dedicada ao seu amigo Sir Thomas More. En 1536 escribiu "De puritate ecclesiae christianae", na cal tentou reconciliar os diferentes partidos. Moito dos seus escritos apelan a unha grande audiencia e lidan con asuntos do interese humano xeral; el parece ter considerado estes como unha diversión, unha actividade de lecer. Os seus escritos máis serios comezaron cedo coa "Enchiridion Militis Christiani", o "Manual (ou adaga) do cabaleiro cristián" (1503). Nesta breve obra, Erasmo esquematiza as perspectivas da vida cristiá normal, unha tarefa que se lle tornaría constante na súa vida. O principal mal dos seus días, di el, é o formalismo, un respecto por tradicións sen consideración polo verdadeiro ensino de Cristo. O remedio é que cada home se pregunte a cada punto: cal a cousa esencial ?; facéndoo sen receo. Formas poden esconder ou sufocar o espírito. Na súa exame dos perigos do formalismo, Erasmo discute a vida monástica, a adoración de santos, a Guerra, o espírito de clase e as fraquezas da "sociedade", mais o "Enchiridion" é máis un sermón do que unha sátira. O seu texto acompañante, o "Instituto Principis Christiani" (Basilea, 1516), foi escrito como consello ao novo Rei Carlos de España, máis tarde Carlos V, Sacro-Emperador Romano. Erasmo aplica os principios xerais de honra e de sinceridade ás especiais funcións do Príncipe, quen el presenta como un servidor do pobo.