Top 10 similar words or synonyms for pensáronse

ammonitida    0.754952

viesly    0.753677

fünften    0.753063

kansetsu    0.752635

entenvögel    0.750171

chelpin    0.748891

symbolisme    0.747035

opladen    0.745728

firestarter    0.745003

comfortably    0.742952

Top 30 analogous words or synonyms for pensáronse

Article Example
Bonifacio VIII, papa Filipe intentou obter o desaforo por parte do papa, pero Bonifacio, na bula "Ausculta fili" ("Escoita, fillo"), reprobou o rei francés por non ter en conta a bula "Clericis laicos" e por non obedecer ao bispo de Roma. En Francia a bula foi queimada, e en lugar da "Ausculta Fili" circulou inmediatamente unha bula falsificada (probablemente obra de Pierre de Flote). As súas cinco ou seis liñas altaneiras pensáronse para incluír unha coidadosa frase: "Scire te volumnus quod in spiritualibus et temporalibus nobis subes" ("queremos que saibas que es o noso súbdito tanto nos asuntos espirituais como nos temporais"). Amais, engadiuse que quen o negase era un herexe (o que era odioso para o neto de San Luís).
Judas Priest Para os E.E.U.U. afortunadamente pensáronse as cousas mais cuidadosamente, e o tema seleccionado para introducir o disco no mercado foi "Heading Out to the Highway", que comezou a soar con frecuencia na radio. Malia todo isto a banda seguiu obtendo bos resultados en vivo e o seu vira norteamericana lévaos a presentacións onde contaron con Iron Maiden e Whitesnake como bandas soportes, crecendo incluso o espectáculo visual nas súas presentacións en vivo. Para iso contaron coa colaboración de Pink Floyd quen prestaron parte dos seus equipos. En canto ao repertorio do disco, comezaron a utilizar só os temas máis fortes como "Hot Rockin" "Troubleshooter", "Desert Plains" e o propio "Heading Out to the Highway" para as presentacións en vivo, o que axudou a facer esquecer pronto aos fans o cambio de estilo.
Cazacarros Todos os cazacarros dese país foron coñecidos oficialmente polo mesmo termo colectivo usado pola ordenanza para a artillería autopropulsada estadounidense, "Gun Motor Carriage". Os deseños pensáronse para que fosen móbiles e estivesen pesadamente armados. A meirande parte conservaron unha torreta, pero deixárona aberta pola parte de arriba para aforrar peso e para acomodar un canón máis grande. O primeiro deseño foi o M3 Half-track montando un canón M1897 de 75 mm, e chamado 75 mm Gun Motor Carriage M3. Outro dos primeiros deseños, considerablemente menos exitoso, foi o M6 Gun Motor Carriage, que montaba un canón anti-carro de 37 mm sobre un camión Dodge. O modelo máis común foi o Gun Motor Carriage M10 (Wolverine), posteriormente complementado polo Gun Motor Carriage M36 (Jackson) (ámbolos dous baseados no casco e no tren de potencia do M4 Sherman), e polo Gun Motor Carriage M18 (Hellcat), un deseño novo ao cal tiña unha certa semellanza o posterior carro lixeiro M24 Chaffee.
Roger de Flor Federico púxoo ao mando das compañías de almogávares, mercenarios cataláns que foran empregados pola Coroa de Aragón na conquista de Valencia e Mallorca e que serviran para que a Coroa de Aragón consolidase o seu dominio de Sicilia fronte ás pretensións da Casa de Anjou. Participou na defensa de Mesina en 1302 demostrando dotes de auténtico líder. Tras a Paz de Caltabellota (1302) entre Carlos II de Anjou e Federico de Sicilia, en 1303 púxose ao servizo do emperador bizantino Andrónico II Paleólogo, para axudarlle contra o perigo turco, ao mando dunha expedición de 4.000 almogávares, 1.500 soldados de cabalería e 39 naves enviada por Federico (a "Gran Compañía Catalá"). Desfilou ao mando dos almogáraves, os cales lle tiñan grande estima, perante o emperador bizantino na cidade de Constantinopla. Ao mando dos almogávares aniquilou aos xenoveses de Constantinopla, cousa que agradeceu o emperador, farto da súa tutela, pasou a Anatolia e tomou as cidades de Filadelfia, Magnesia e Éfeso, rexeitando aos turcos ata Cilicia e o Tauro (1304) sempre en batallas en inferioridade numérica. Tamén durante a primavera de 1304 tivo lugar unha batalla entre os almogávares e invasores escitas procedentes do norte do mar Negro (alanos), que foron derrotados. En recompensa polos servizos ao imperio, Andrónico concedeulle o título de megaduque (comandante da frota) e a man de María, a súa sobriña e filla do tsar de Bulgaria. As batallas anteriores foran curtas e provocáronse maior número de vítimas sobre todo na retirada dos turcos do campo de batalla. Foron de menor intensidade comparadas coa que se produciu preto das Portas de Ferro. Roger de Flor e 8.000 almogávares derrotaron a un exército turco composto por 30.000 soldados, na súa maioría xanízaros, provocando 18.000 mortos inimigos. Logo desta gran vitoria os turcos pensáronse dúas veces atacar de novo ao Imperio Bizantino durante varios anos e Roger foi proclamado césar do Imperio, concedéndolle aquel en feudo os territorios bizantinos en Asia Menor, con excepción das cidades. Na batalla destacou un tal Berenguer de Entenza que apoiara a Roger con 1.000 almogávares. A este concedéuselle o título de megaduque a petición de Roger.