Top 10 similar words or synonyms for patroclo

agamenón    0.780538

teseo    0.765231

aquiles    0.761100

diomedes    0.752455

telémaco    0.752328

heitor    0.749237

odiseo    0.734752

baldr    0.734251

perseo    0.731959

menelao    0.731789

Top 30 analogous words or synonyms for patroclo

Article Example
Patroclo Malia que ó comezo do poema Patroclo permanece como esa figura secundaria, silente, que sempre está ó carón de Aquiles, as liñas da acción dispostas polo poema desde o inicio comportarán que, forzado el mesmo pola penuria aquea, Aquiles envíe a Patroclo (canto 11) á tenda de Néstor coa excusa de saber quen é o ferido que levan fóra do campo de batalla. Aquí é cando comeza a ruína de Patroclo, o principio do seu final. Despois dun rodeo caracteristicamente épico, Patroclo chega no canto 16 de novo xunto a Aquiles, chorando, anguriado pola situación que acaba de ver cos seus propios ollos e portando as palabras de Néstor aínda nos oídos: "é necesario ceder e reinserirse na batalla". É así como Aquiles cede a medias, e este "a medias" é, á súa vez, a súa propia ruína: Patroclo marchará para morrer á fronte dos mirmidóns. No asunto da morte de Patroclo conflúen os dous arcos de acción que definen a estrutura do poema: por unha banda, na súa morte a "mênis" inicial acada a súa fin, pois con Patroclo morre Aquiles mesmo; por outro lado, é aquí onde comeza o segundo arco, o da reinserción de Aquiles e, así, a decisión dos asuntos fundamentais e dados por suposto do poema. A morte é a escenificación de para onde conduce o camiño do esquecemento dos propios límites: Patroclo non coidou a advertencia de Aquiles e, indo demasiado lonxe, foi golpeado por Apolo. O golpe de Apolo é a exposición do home ó seu destino: Patroclo volve ser un home, é dicir, vulnerable e exposto á morte. Espido, é branco fácil para Heitor, que, iniciando así tamén a súa propia catástrofe, arrebata a Patroclo as armas de Aquiles.
Patroclo A morte de Patroclo é a catástrofe principal de todo o poema, o núcleo da viraxe, a "metabolé" da acción. A dor que Aquiles experimenta fai que todo o aspirado, pretendido e válido ata o momento perda o seu sentido: Aquiles retorna á loita, e faino para non outra cousa que asumir a súa propia morte.
Patroclo E tamén, en tanto que expresión da tortura psicolóxica na que Aquiles vive dende a morte de Patroclo, as palabras no canto 18:
Patroclo Patroclo (en grego Πάτροκλος >Pátroklos<, 'fama ("kléos") do pai' ("páter")) era o máis "phílos" (amigo, amante) de Aquiles, fillo de Menecio. Figura da Ilíada relevante en primeiro lugar por ser compañeiro de armas ("hetairos") de Aquiles, recollido, como el mesmo di, por Peleo tras o asasinato infantil que o obrigou a abandonar, coma no caso de tantos heroes gregos, o seu lugar de orixe e buscar hospitalidade na casa dalgún home rico, coma aquí é o caso de Peleo, pai de Aquiles. Así foi coma medrou a intimidade entre ambos.
Patroclo Interesante a este respecto é o diálogo que en soños manteñen Aquiles e Patroclo no canto 23:
Heitor Heictor tomou a armadura de Aquiles e ordenou a retirada do combate, evitando combater contra Áiax polo corpo de Patroclo. Ó saber da morte de Patroclo, Aquiles clamou vinganza e aceptou volver á loita.
Heitor Ante a perigosa ofensiva troiana, as esperanzas gregas reducíronse a que Aquiles retornase á loita. Porén, o heroe grego mantívose renitente malia as súplicas dos seus aliados, polo que o seu amigo Patroclo decidiu vestirse coa armadura de Aquiles e pórse ó mando dos mirmidóns. Durante a loita, Patroclo foi ferido por Euforbo e morto por Heictor.
Aquiles Privados do seu apoio, os gregos sofren derrota tras derrota, e cando os gregos están acurralados e os troianos ameazan con queimaren as súas naves, o vello sabio Néstor convence a Patroclo, o amigo e amante de Aquiles, para que o substitúa. Patroclo obtén o permiso de Aquiles para salvar os gregos levando as súas armas. A manobra ten éxito pero Patroclo, malia a súa promesa a Aquiles, emprende a persecución. É matado por Héitor, que toma as armas de Aquiles como botín. Furioso e humillado — enganado por Patroclo —, Aquiles decide vingarse, malia as advertencias da súa nai: enfrontárase con Héitor, el ha morrer pouco tempo despois. Hefesto fórxalle novas armas, coas que sae á procura de Héitor.
Áiax o Grande Cando Patroclo morreu a mans de Heitor, os troianos intentaron facerse co seu corpo e alimentar con el ós cans, pero Áiax loitou contra eles protexendo o cadáver e devolvéndoo ó campamento grego e a Aquiles.
Ilíada Patroclo é o amigo máis próximo a Aquiles, o seu compañeiro de armas. É unha desas figuras silentes que apenas aparece na primeira parte da acción, pero en torno da cal xógase a catástrofe que virará o enteiro acontecer: cando, conmovido pola situación dos aqueos, suplica a Aquiles que lle empreste as súas armas e lle permita loitar e apartar os troiáns das naves, parte ó encontro da súa propia morte: Apolo golpéalle as armas e, espido, é morto por Heitor (canto 16). Unha vez que Aquiles escoita, cheo de presentimentos, a noticia da morte de Patroclo, cae ó chan "cuberto nunha nube escura", e, sumido na dor, retorna a batalla coa única fin de vingar a Patroclo e, así, camiñar dereito cara á propia morte. É entón cando o destino de Troia queda decidido: Heitor morre, pero tampouco así Aquiles acada repouso algún.