Top 10 similar words or synonyms for papageno

tamino    0.765199

pamina    0.755299

kurwenal    0.663625

durme    0.661083

aquile    0.660905

pariu    0.655602

diga    0.653989

dorme    0.652887

odiseu    0.651888

mimí    0.647126

Top 30 analogous words or synonyms for papageno

Article Example
Die Zauberflöte Pamina e Papageno buscan tamén a Tamino e escoitan a súa frauta. Monostatos, ao oír a Papageno, aparece e intenta atrapalos. Chama aos seus escravos, que veñen con cadeas, pero Papageno utiliza o regalo das Tres Damas e coas súas campás logra detelos e failles bailar e cantar ("Schnelle Füße, rascher Mut" e "Das klinget so herrlich").
Die Zauberflöte Tamino pensa que Papageno o salvou ao matar a serpe, e Papageno non lle di a verdade. Chegan entón as Tres Damas, que ao ver que Papageno mentiu, lle pechan a boca cun cadeado de ouro. Ao dirixirse a Tamino, entréganlle un retrato dunha rapaza fermosa. Se el non permanece indiferente a ela, terá por recompensa fama, honra e felicidade.
Die Zauberflöte Mentres, Tamino e Papageno seguen superando as distintas probas impostas. Neste momento enfróntanse á proba do silencio, mais Papageno non cala. Aparece unha muller vella e fea que ofrece auga a Papageno, que non para de falar con ela. A muller dille que ten 18 anos e dous minutos, e que ten un amante, o mesmo Papageno. Cando este vai preguntar o nome da anciá, soa un trono e a vella desaparece. Os tres rapaces chegan para traerlles comida e os seus instrumentos. Entregan a Tamino a frauta e a Papageno as campás, e desaparecen. Tamino toca a frauta mentres Papageno come e bebe. Pamina aparece ao escoitar a frauta, pero como Tamino non lle fala pensa que xa non a quere, e doída canta a aria "Ach, ich fühl's, es ist verschwunden".
Die Zauberflöte Os tres sacerdotes abandonan a sala e déixanos na escuridade. Nese momento aparecen as Tres Damas e cantan o quinteto ("Wie? Wie? Wie?"), que os intentan convencer de que ese non é un bo lugar. Papageno non para de preguntar a Tamino se o que din é verdade, pero Tamino, que é forte, non pensa no que poidan dicir. Elas insisten en que a Raíña da Noite se dirixe cara ao templo, mentres que Papageno se desmaia. Pero escóitanse os sacerdotes, que as expulsan até que desaparecen no chan. Entran estes e levan a Tamino. Fan que Papageno se levante para poder seguir guiándoo.
Die Zauberflöte Tres sacerdotes conducen a Tamino e Papageno até a sala onde se farán as probas e quítanlles os sacos. Tamino e Papageno inician unha conversa, e comezan a soar uns tronos que atemorizan a Papageno. Despois entran uns sacerdotes con lapas, cos que Tamino sentenza que estaría disposto a dar a súa vida pola amizade e o amor e someterse a probas para acadalo. Sobre isto Papageno non está moi de acordo; el é un home primitivo ("Ich bin so ein Naturmensch"), e non acepta iniciarse até que lle aseguran unha muller nova e fermosa, Papagena. Pero debe prometer non falar con ela se a ve. Teñen que permanecer en silencio, e non falar con muller ningunha. Neste dúo detállanse as principais motivacións da proba ("Bewahret euch vor Weibertuecken").
Die Zauberflöte Papageno está só e perdido na sala onde se realizan as probas. Non encontra a saída, sempre lle din 'Atrás!' (Zurück!). Ao achegarse a un sacerdote, este repróchalle que o seu comportamento merece un castigo, pero os deuses, benignos, perdónano. A cambio nunca sentirá as ledicias dos iniciados. Papageno confórmase cun vaso de viño, que lle é concedido, e cunha rapaza ("Ein Mädchen oder Weibchen wünscht Papageno sich!") que lle faga caso e o queira. Cantando, encontra a súa muller, pero é a mesma anciá que lle pide a súa eternidade. El accede con desgana porque, se non, vivirá encarcerado sen unha amiga e sen vivir no mundo que tanto lle gusta. Nese momento ela convértese nunha rapaza fermosa, Papagena, pero pérdea porque se achega un sacerdote, que lle dei que aínda non é digno dela. Papageno afúndese na terra porque non quere facer caso ao sacerdote.
Die Zauberflöte Tamino, pensando en soidade se o que viu é certo, encóntrase con Papageno no camiño, que non pode falar polo castigo ("Hm, hm, hm"). Entón aparecen as Tres Damas, que liberan a Papageno do seu castigo, pero este non debe mentir nunca máis: o castigo debe servir de advertencia! A Tamino ofrécenlle unha frauta máxica de ouro, que modifica o estado de ánimo da persoa que a escoite, facéndoa máis feliz: provoca ledicia no triste, e namora o solteiro. Papageno debe acompañar a Tamino, pero este ten medo de Sarastro; abandonaría a Tamino por non ir. As Damas, para evitalo, regálanlle ao paxareiro unhas pequenas campás máxicas de prata que o protexerán co seu son. Despídense deles dicíndolles antes que, para guiarse e atopar o castelo, han de seguir os pasos de tres rapaces novos, fermosos, nobres e sabios.
Die Zauberflöte Uns escravos e Monostatos entran con Pamina, suxéitana e átana. Esta intenta evitar a Monostatos, quen a acosa e a desexa. Achégase a ela sen saber con que intencióes ("Du feines Täubchen, nur herein!"). Nese momento entra Papageno, que encontra a Pamina xunto ao negro Monostatos. Ambos os dous asústanse pola estraña aparencia do outro, e escapan, pero Papageno regresa, preséntase ante Pamina e dille que hai un príncipe namorado dela que a vai rescatar por encargo da súa nai a Raíña. Antes de saír, cantan un dúo sobre a necesidade que senten de amor nas vidas ("Bei Männern, welche Liebe fühlen").
Die Zauberflöte Algunhas das súas melodías son moi coñecidas, como o dúo de Papageno e Papagena, ou a aria de coloratura da Raíña da Noite titulada "Der Hölle Rache kocht in meinem Herzen" ("A vinganza do inferno ferve no meu corazón") e a aria do príncipe Tamino.
Die Zauberflöte O príncipe Tamino chega até terras rochosas perseguido por unha serpe. Perdeu a súa arma e roga pola súa vida até que se desmaia ("Zu Hilfe! Zu Hilfe!"). Pero enseguida é salvado polas Tres Damas (Die Drei Damen), que matan o monstro. Ao ver o mozo namoran del, mais abandónano coa promesa de volver de novo. Tamino esperta aturdido, xunto ao cadáver da serpe, e escoita un asubío. Papageno, un ser metade paxaro e metade home, que carga cunha gran gaiola, achégase a el cantando ("Der Vogelfänger bin ich ja"). Tamino pregúntalle quen é, e Papageno explícalle que é o paxareiro da Raíña da Noite (Die Königin der Nacht), quen lle dá comida a cambio de paxaros.