Top 10 similar words or synonyms for pamina

papageno    0.755299

monostatos    0.748705

tamino    0.742483

kadaj    0.740533

zetsu    0.712541

odiseu    0.711089

seelen    0.695374

padmé    0.694689

falarlle    0.693563

durme    0.691943

Top 30 analogous words or synonyms for pamina

Article Example
Die Zauberflöte Os tres rapaces anuncian a chegada da mañá e falan de Pamina ("Bald prangt, den Morgen zu verkuenden!"). Pamina, ao crerse rexeitada por Tamino, decide suicidarse. Está a piques de facelo, pero os tres xenios sálvana a tempo e pídenlle que teña paciencia ("Ha, Unglückliche, halt ein!").
Die Zauberflöte Uns escravos e Monostatos entran con Pamina, suxéitana e átana. Esta intenta evitar a Monostatos, quen a acosa e a desexa. Achégase a ela sen saber con que intencióes ("Du feines Täubchen, nur herein!"). Nese momento entra Papageno, que encontra a Pamina xunto ao negro Monostatos. Ambos os dous asústanse pola estraña aparencia do outro, e escapan, pero Papageno regresa, preséntase ante Pamina e dille que hai un príncipe namorado dela que a vai rescatar por encargo da súa nai a Raíña. Antes de saír, cantan un dúo sobre a necesidade que senten de amor nas vidas ("Bei Männern, welche Liebe fühlen").
Die Zauberflöte Pamina durme baixo a luz da Lúa. Entón entra Monostatos e canta a súa aria sen que ninguén o vexa ("Alles fühlt der Liebe Freuden"), na que se lamenta da súa posición comprometida. Non pode amar un ser tan fermoso como a Lúa porque o negro é feo. Achégase a Pamina, pero a Raíña da Noite xorde do chan. Pamina esperta e Monostatos escóndese. A Raíña enfurécese ao ver que Tamino se puxo do lado de Sarastro, e clama vinganza. Na aria máis famosa da ópera ("Der Hölle Rache kocht in meinem Herzen") expresa que se sinte enganada e obriga a Pamina que mate a Sarastro, ameazándoa con abandonala para sempre. Dálle o coitelo á súa filla para que asasine a Sarastro e marcha enfurecida. Monostatos sae de onde estaba escondido, e decide vingar a Sarastro pedindo que case con el, pero Pamina négase. Chega Sarastro para consolar a Pamina e tomar xustiza do xeito común dentro deses muros, onde non existe a vinganza ("In diesen heil'gen Hallen").
Die Zauberflöte Dous homes con armadura traen a Tamino para que supere as probas de auga e lume. Antes da proba Pamina aparece dispuesta a velo ("Der, welcher wandert diese Strasse voll Beschwerden"). Deciden que, como Pamina non teme a morte, é digna de ser iniciada. Ambos os dous danse a man. Tamino toca a frauta para poder atravesar a columna de lume. Tamino volve tocar a frauta e atravesan á montaña que bota auga. Aparece despois a entrada a un templo moi iluminado, dentro do cal se oen gritos de triunfo e ledicia ("Tamino mein! O welch ein Glück" e "Wir wandelten durch Feuergluten").
Königin der Nacht Königin der Nacht (en galego A Raíña da Noite), é unha das personaxes de "Die Zauberflöte", a última ópera escrita por Wolfgang Amadeus Mozart. Königin der Nacht é a nai da protagonista, Pamina. Esta personaxe só ten dúas intervencións na ópera: "O zittre nicht, mein lieber Sohn" (no primeiro acto) e "Der Hölle Rache kocht in meinem Herzen" (no segundo acto). Na primeira das súas arias mostra unha falsa aparencia de nai amante e ultraxada, mais na segunda amosa o seu carácter real, ameazando a Pamina con repudiala se non asasina a Sarastro aproveitando a confianza que el ten nela.
Die Zauberflöte Pamina e Papageno buscan tamén a Tamino e escoitan a súa frauta. Monostatos, ao oír a Papageno, aparece e intenta atrapalos. Chama aos seus escravos, que veñen con cadeas, pero Papageno utiliza o regalo das Tres Damas e coas súas campás logra detelos e failles bailar e cantar ("Schnelle Füße, rascher Mut" e "Das klinget so herrlich").
Helena Juntunen En 2002 gañou o Lappeenrannan valtakunnalliset laulukilpailut (Concurso Nacional de Canto de Lappeenranta), e ese mesmo ano cantou o papel de Marguerite en "Faust" de Gounod durante o Savonlinnan Oopperajuhlat (Festival de Ópera de Savonlinna), o que se pode considerar como o inicio da súa carreira solista profesional. Logo de ter debutado na tempada 2003-04 na Connecticut Opera e en Xénova encarnando a Marguerite ("Faust", Gounod) e a Madame Coretese ("Il viaggio a Reims", Rossini), realizou o seu debut na Sächsische Staatsoper de Dresden encarnando a Pamina en "Die Zauberflöte" de Mozart. Tamén en 2003 ofreceu o seu primeiro concerto no Carnegie Hall de Nova York e posteriormente en Toquio. En 2006 debutou no Wiener Festwochen co papel de Pamina ("Die Zauberflöte", Mozart).
Die Zauberflöte Tamino é conducido até o palacio de Sarastro polos tres rapaces, quen lle din que sexa firme, paciente e calado. O templo ten tres portas: no medio a da sabedoría, na dereita a da razón, e na esquerda a da natureza. Entra pola porta da sabedoría porque as outras lle impiden pasar, Atrás! (Zurück!). Preséntase ante el un orador a quen lle pregunta, pero as súas respostas créanlle moita confusión ("Zum Ziele hin führt dich diese Bahn"). Parece ser que Sarastro non é malvado, segundo conta, senón que protexe a Pamina, mais non pode dicirlle máis nada por mor dun xuramento. Tamino, que quere atopar a Pamina por riba de todas as cousas, comeza a tocar a súa frauta, e o son atrae os animais do bosque. Ao tocar a frauta escóitase a melodía que sempre toca Papageno ("Wie stark ist nicht dein Zauberton").
Die Zauberflöte Na intimidade, Tamino amosa co seu canto que a rapaza lle gusta moito ("Dies Bildnis ist bezaubernd schön"). Non sabe quen é a retratada, pero sabe que o namora. As Tres Damas aparecen ante Tamino e dinlle que a Raíña escoitou o seu canto e quere que sexa el quen rescate a súa filla. Esta é Pamina, a e está secuestrada por un demo chamado Sarastro que vive nun castelo moi ben vixiado. Entón, decidido, Tamino proponse salvar e liberar a Pamina. De repente escóitase un trebón e cae a noite. As montañas ábrense dando paso á Raíña da Noite, que vén sentada sobre un trono de estrelas, facéndose a escuridade tras dela. Na súa delicada e completa aria de tres tempos distintos ("Oh zittre nicht, mein lieber Sohn!") persuade a Tamino para que a rescate e, a cambio, deixará que quede con ela para sempre. Despois disto, a Raíña retírase entre as montañas e aparece de novo o día.
Die Zauberflöte Sarastro, xunto co coro dos sacerdotes, inicia un ritual ("O, Isis und Osiris, welche Wonne"). Trátase dunha das pasaxes corais máis representativas da época. Tamino escoita as palabras do gran sacerdote fronte a el. Entón entra Pamina cun saco na cabeza acompañada polos sacerdotes xunto a Tamino. Sarastro quítalle o saco. Non cesa de preguntar por Tamino, que está ao seu carón, pero Tamino non fala con ela. Neste trío relátase a historia ("Soll ich dich, Treuer, nicht mehr sehn?"). Deben separarse e os dous o aceptan porque lles prometen que volverán atoparse.