Top 10 similar words or synonyms for mimí

musetta    0.774403

nene    0.774340

rosita    0.765944

takada    0.752711

tebaldo    0.749278

fiorella    0.748371

violetta    0.744320

giocondo    0.741431

faltoyano    0.734667

ariadna    0.733582

Top 30 analogous words or synonyms for mimí

Article Example
Xohán Ledo En 1956 casou con Mimí Alonso da Cuña, coa que tivo tres fillas e un fillo.
La Bohème Novamente na mansarda, Marcello e Rodolfo traballan e lamentan a perda das súas respectivas namoradas (o dúo: "O Mimì!, Tu più non torni!" ); entran Schaunard e Colline cunha codia de pan e un arenque, e os catro parodian unha cea elegante, cantando e bailando. Entra Musetta sobrecollida, anunciando a Mimí que, desfalecida, apenas dá subido as escaleiras; todos a axudan, e Rodolfo, desesperado, acomoda a enferma nun leito. Preocupados, Musetta e Marcello saen para vender as xoias dela e traer o médico e medicinas; Colline e Schaunard van vender o abrigo do primeiro, que se despide del ("Vecchia zimarra, senti"). Unha vez só, Rodolfo e Mimí lembran os seus días de felicidade no dúo "Sono andati?". Regresan todos e rodean a moribunda, que gradece a Musetta o manguito para quentar as mans; Musetta reza, e Mimí, en que os outros o perciban inmediantamente, morre. O último en decatarse será Rodolfo, que cando o comprende, berra desesperado: "Mimí...! Mimí...!".
La Bohème A alfándega de Enfer baixo a neve, pola que entran na cidade varredores e mulleres para o mercado. Mimí, a tusir e visiblemente enferma, saca dunha fonda a Marcello para pedirlle axuda ("O buon Marcello, aiuto!") e contarlle que Rodolfo marchou da casa a véspera; Marcello resposta que Rodolfo está na fonda a durmir. Rodolfo, acorda e sae fóra á procura de Marcello, sen ver a Mimí, que se deu agachado a tempo. Rodolfo explica a Marcello os motivos polos que abandonou a Mimí: empeza pretextando que por ser moi compracente con outros homes, pero a seguir confesa que ela está gravemente enferma, e que nas condicións en que viven non durará moito tempo; a dor de vela doente ("Mimí e tanto malata!") e o remorso por non lle poder ofrecer unha vida mellor levárono a finxir que non a amaba para que ela o esquecese e buscase un home mellor. Marcello, sabedor de que Mimí está á escoita, tenta facer que Rodolfo cale, pero Mimí xa o escoitou todo cando dá en tusir, delatándose. Marcello déixaos para ir tras de Musetta, coa que discute por celos, e Mimí e Rodolfo acaban declarándose novamente o seu amor e acordando seguiren xuntos o resto do inverno, até abril, cando cheguen as flores e os días de sol.
Montserrat Caballé Dous acontecementos artísticos foron importantes para o desenvolvemento futuro de Caballé. En 1952, cando Demmeny a convidou ao concerto que Kirsten Flagstad deu no Liceo. O outro acontecemento tivo lugar en 1953, co debut de Renata Tebaldi no Liceo. Tres anos despois, Montserrat puido escoitar a diva italiana en moitos dos seus papeis principais, incluídos os de Violetta, Tosca e Mimí. Tebaldi, coa cal coincidiu máis tarde, convertérase daquela nun ídolo dos espectadores do Gran Teatre del Liceu.
La Bohème Noiteboa, na mansarda dos bohemios en París, Marcello pinta e o poeta Rodolfo lamenta non ter inspiración. Vai frío e, como non teñen leña, queiman os manuscritos do drama que está a escribir Rodolfo. Colline, el filósofo, entra aterecido e enfado por non dar empeñado uns libros para pagar a renda. Schaunard, o músico, chega con comida, viño e cartos que obtivo de coidar o papagaio dun cabaleiro inglés. Todos queren comer, pero Schaunard advirte que hai que gardar para o futuro, e só lles deixa o viño. Aparece o caseiro Benoît para cobrar a renda, os inquilinos camélano e conseguen que recoñeza que o viron nun antro; cando se decatan de que está casado, os bohemios reaxen con finxida indignación moral e o caseiro marcha sen cobrar. Entusiasmados, deciden baixar á rúa para se divertiren; Rodolfo afirma que os seguirá despois. Daquela alguén bate na porta: é Mimí, a quen se lle apagou a candea na escaleira; Rodolfo recíbea con cortesía e, cando lle vai acender a candea, tamén apaga a del; Mimí descobre que perdeu a chave do seu cuarto e os dous póñense a buscala ás escuras; cando a atopa, Rodolfo gárdaa disimuladamente no peto e seguen na procura até as mans dos dous bateren, o que serve de pretexto para se presentaren e contaren a historia das súas respectivas vidas. Rodolfo canta "Che gelida manina" e Mimi resposta ("Sì, mi chiamano Mimi"). As declaracións de amor son interrompidas polas voces dos amigos que reclaman a Rodolfo desde a rúa; el, para que non entren, dilles que non está só, e eles entenden que está a traballar coa inspiración. Finalmente, Rodolfo propón a Mimí saíren xuntos á rúa, cantando o seu amor no dúo "O soave fanciulla".
La Bohème As rúas do Barrio Latino están cheas de xente e vendedores ambulantes. Os catro amigos e Mimí sentan no café Momus para cear. Daquela aparece Musetta, antiga amante do pintor Marcello, acompañada do seu amante, o decrépito Alcindoro; entre burlas e celos, Musetta consegue acordar outra vez o amor de Marcello cantando a sensual ("Quando m'en vò"); tras finxir que un zapato lle manca o pé para que Alcindoro lle vaia á procura doutro par, Musetta aproveita para se reunir co seu amado Marcello e pasar a conta da consumición dos bohemios a quen con ela estaba. A multitude mobilízase para ver o desfile militar, ocasión que aproveitan Marcello e Colline para levaren a Mussetta en bolandas e fuxiren entre os risos cómplices dos asistentes. Cando xa marcharon, chega Alcindoro cos zapatos e ten que pagar a conta.
Fernando Fernán Gómez Ó fío do cine español dos sesenta, a súa filmografía como actor e director encheuse de comedias de todo tipo ("La venganza de Don Mendo", "Adiós, Mimí Pompón", "Ninette y un señor de Murcia" ou "Crimen imperfecto"), excepción á parte dos seus traballos de dirección en "El mundo sigue" (1963), un durísimo drama naturalista, inspirado na novela homónima de Juan Antonio Zunzunegui, onde se enfrontan dúas irmás de concepcións vitais opostas en plena sociedade de posguerra española. Ese foi o seu primeiro éxito como director. A outra película que dirixiu daquela foi "El extraño viaje" (1964), onde retrata, case con maior profundidade que o propio Berlanga, o clima cicateiro e opresivo da sociedade española do franquismo. A obra permanece como un dos cumios do cine español de tódolos tempos.Ambas producións tiveron tremendos encontronazos coa censura. Por outra parte, é entón cando inicia relación profesional con outra das súas parellas máis emblemáticas, Concha Velasco, coa comedia negra "Crimen para recién casados".
Laura Alonso Padín Aos 21 anos cantou a súa primeira ópera, "Fidelio", de Ludwig van Beethoven, no Aalto-Musiktheater da cidade alemá de Essen, onde aos 23 anos entrou na súa compañía de ópera. No teatro alemán interpretou entre outros, os papeis de Mimí en "La Bohème", Gilda en "Rigoletto", Susanna en "Le nozze di Figaro", Zdenka en "Arabella", Pamina en "Die Zauberflöte", ou a en "Dialogues des carmélites", así como numerosos concertos. Destacou tamén a súa interpretación do papel de Magda na ópera de Puccini "La rondine" en Utrecht e Ámsterdan coa orquestra TROS, substituíndo de xeito precipitado a Angela Gheorghiu, e obtendo un grande éxito de crítica. Debutou na Staatsoper Unter den Linden de Berlín coa ópera de Richard Strauss "Ariadne auf Naxos".
Tenis O tenis debeu entrar en Galicia a comezos do século XX. Existen unha fotografía dun grupo de mozas practicando tenis na Guarda en 1909, e neses anos é tamén cando se comezan a organizar as primeiras competicións entre as familias da burguesía de Vigo e da Coruña. En concreto, na cidade olívica un centro difusor do tenis foi a empresa Cable Inglés, que cubría a liña de transporte marítimo con Gran Bretaña. Os nomes dos primeiros xogadores galegos, de feito, alternaban apelidos británicos con nomes ligados á industria da conserva, como Antonio e Jacobo Conde, Ventura Lago, Juan e Mimí del Río, Joaquín Yáñez, Javier Sensat, Manuel e Antonio Cominges, Guillermo de Oya ou Luis Pita. Nestes primeiros anos do século XX tamén se constrúen os primeiros campos de xogo, no Balneario da Toxa, na propiedade do indiano pontevedrés Casimiro Gómez en Monte Porreiro, ou nunha propiedade da familia Del Río no centro de Vigo.
Montserrat Caballé Viaxou a Italia, onde tras moitas probas infrutuosas en Nápoles e Roma, coa axuda do barítono catalán Raimon Torres conseguiu un contrato no Maggio Musicale Fiorentino que finalmente non se levou a cabo. Máis tarde viaxou a Suíza con toda a familia, alí formou parte entre 1956 e 1958 da compañía da Opera de Basilea, onde o director do Teatro Municipal (Stadttheater Basel), Hermann Wedekind, deulle a oportunidade de facer diversas substitucións en pequenos papeis. Un ano despois, a cantante que interpretaba aquela tempada o papel de Mimí en "La Bohème" de Puccini cancelou a súa actuación, a súa substituta oficial sufriu unha repentina indisposición e a segunda non se encontraba na cidade, polo que a soprano catalá tivo que substituíla. O enorme éxito desta intervención permitiulle, dende aquela, interpretar papeis protagonistas.