Top 10 similar words or synonyms for merlín

esquío    0.665868

lazarillo    0.627762

perceval    0.623868

ulises    0.623732

urco    0.622636

edebé    0.620799

lancelot    0.611605

artur    0.600342

uther    0.598777

myrddin    0.595177

Top 30 analogous words or synonyms for merlín

Article Example
Merlín O mago e adiviño Merlín é un dos personaxes centrais do ciclo bretón e da literatura en torno ao Rei Artur. Foi o artífice da Táboa Redonda; mercé un dos seus encantamentos foi concibido Artur, a quen educaría e guiaría ao seu ascenso ao trono. Discípula súa (e rival segundo interpretacións recentes) foi Morgana, outro personaxe máxico da tradición artúrica.
Merlín Merlín está considerado como o mago máis poderoso da historia. Segundo se conta nas diferentes obras literarias que o teñen de protagonista, era capaz de falar cos animais, de cambiar de forma, de facerse invisible, e tamén de controlar o clima e os elementos, aínda que estas habilidades as empregaba con sumo coidado para non enfurecer a poderosa Natureza. Na novela medieval "Lanzarote e Xenebra" contábase del o seguinte: ""Coñecía a esencia de todas as cousas, a súa transformación e a súa renovación, coñecía o segredo do Sol e da Lúa, as leis que rexen o curso das estrelas no firmamento; as imaxes máxicas das nubes e o ar; os misterios do mar. Coñecía os demos que envían soños baixo a lúa. Comprendía o berro áspero do choia, o voar cantareiro dos cisnes, a resurrección do fénix. Podía interpretar o voo dos corvos, o rumbo dos peixes e as ideas cegas dos homes, e predicía todas as cousas que sucedían despois.""
Merlín A historia de Merlín está repleta de misterios e como a súa vida está relatada principalmente por obras literarias, ou de pouca credibilidade histórica, é difícil sinalar a data exacta do seu nacemento.
Merlín A forma actual do nome Merlín fixouna o cronista galés Geoffrey de Monmouth, que alterou o orixinal galés para evitar resonancias co francés "merde".
Merlín Ficcións (por orde cronolóxica de publicación):
Merlín Segundo algunhas versións, Merlín foi xerado polo demo (íncubo) Asmodeo, un espírito corrompido que se uniu ilicitamente a unha monxa. Así, el herdou a bondade da mai e os poderes do pai. Outras versións suxiren que Merlín foi concibido por súa mai sen ningunha intervención masculina. Finalmente, outros cren que o xerou a forza máxica da antigüidade.
Merlín En todo caso, parece ser que Merlín foi creado ao principio para atraer os humanos ao lado escuro, pero ao crecer decidiu facer precisamente o contrario: converteuse en guía espiritual da súa época, e en conselleiro de diferentes reis, como Vortigern, Uther Pendragon e o famoso Arturo de Camelot.
Merlín Disque Merlín tiña contactos coas fadas, os gnomos, e incluso cos dragóns; está considerado como o único home que gañou o respecto e a admiración destes monstros, non só pola súa bondade e sabedoría, senón polos seus dotes artísticos (foi un mestre da poesía e a literatura).
Merlín Acabou os seus días no bosque de Brocelianda (Bretaña), onde foi recluído nunha árbore pola súa compañeira Vivian. Markale interpreta o mito da prisión merlínica no bosque como o símbolo da unión cósmica entre o home e a natureza. Outras versións mencionan como a cela en que ficou recluído era unha cova, e outras unha gaiola de cristal. E segundo se conta alí estaría aínda agardando que alguén o libere.
Merlín A lenda de Merlín bebe de dúas fontes históricas fundamentais: a tradición de Lailoken e la historia de Ambrosio o Neno.