Top 10 similar words or synonyms for mandato

pontificado    0.665079

reinado    0.632956

goberno    0.591996

presidencia    0.583077

interregno    0.568131

rexencia    0.562619

enclaustramento    0.555463

episcopado    0.552634

arresto    0.540408

gabinete    0.535128

Top 30 analogous words or synonyms for mandato

Article Example
Mandato británico de Palestina Moitos artigos do documento especificaban accións para apoiar a inmigración xudía e un status político especial. Con todo, no extenso e árido territorio ao leste do río Xordán, rexión por entón denominada Transxordania, o Reino Unido pretendía 'pospor ou cancelar' a aplicación dos artigos que trataban sobre o 'fogar nacional xudeu', de modo que os árabes da rexión conservasen íntegra unha parte dese territorio. Na Conferencia do Cairo de 1921, o haxemita Abd Allah ibn Husayn, que fora desprazado do goberno do Hiyaz (que foi entregado á familia dos Saud, xunto ao resto de Arabia), foi nomeado emir de Transxordania. En setembro de 1922, o goberno británico presentou un memorando á Sociedade de Nacións no que establecía que Transxordania sería excluída de todos os acordos referentes ao Estado xudeu, e este memorando foi aprobado o 11 de setembro. Partindo desta premisa, o Reino Unido administraría pártea oeste do Jordán como Palestina e a parte este como Transxordania. Tecnicamente continuaba sendo un só mandato, pero a maioría dos documentos oficiais referíanse a el coma se fosen dous mandatos separados. Transxordania permaneceu baixo mandato británico até 1946.
Mandato británico de Palestina O Reino Unido puxo restricións á adquisición xudía das terras que quedaban, contradicindo así a cláusula do Mandato que di "a administración de Palestina debe permitir e promover, en cooperación coa Axencia Xudía, o asentamento dos xudeus na rexión, incluíndo nas terras do Estado e as que non se compraron con fins públicos". Unha restrición similar en 1931 supuxese unha violación do mandato concedido pola Sociedade de Nacións, pero en 1931 esta organización era xa papel mollado. De acordo cos israelís, en 1939 os británicos concederían 34 km² aos árabes e só 16 km² aos xudeus.
Mandato británico de Palestina Do mesmo xeito que na maioría do mundo árabe, non houbo unanimidade entre os árabes palestinos respecto da súa posición na Segunda Guerra Mundial. Algúns deles apoiaron ao exército británico, pero a maioría viron nas potencias do Eixo unha maior garantía para que se lles devolvesen o que consideraban as súas terras, que estaban en mans dos británicos e os xudeus. Algúns líderes árabes foron máis aló, especialmente cando o Gran Muftí de Xerusalén, Amin al-Husayni (que por entón fuxira a Iraq), declarou formalmente a "xihad" o 25 de novembro de 1941 contra os Aliados e optou por apoiar ao goberno alemán. Isto levoulle a establecerse durante un tempo en Iugoslavia, ocupada por entón polos nazis, recrutando musulmáns bosníacos e albano-kosovares para as Waffen SS como voluntarios. Uns 20.000 musulmáns bosníacos serviron na 13ª División de Montaña das Waffen SS "Handzhar" e varios miles na 23ª División de Montaña "Kama". Na posguerra, Husseini foi acusado de ser aliado de Adolf Eichmann e arquitecto de "a solución final" de Otto Wisliceny. Amin al-Husayni foi encarcerado tras a guerra e estivo a piques de ser procesado nos Xuízos de Núremberg por crimes de guerra, pero escapou grazas á axuda dos colaboracionistas franceses.
Mandato británico de Palestina Na Segunda Guerra Mundial, o Reino de Italia, que en 1940 declarara a guerra ao Reino Unido á beira de Alemaña, lanzou varios ataques aéreos contra Palestina. En 1942 houbo un período de nerviosismo debido a que as forzas do xeneral Erwin Rommel, o Afrika Korps, avanzaban cara ao leste polo norte de África cara á Canle de Suez e temíase que puidesen invadir Palestina.
Mandato británico de Palestina Os británicos consideraron máis importante lograr o respaldo árabe, debido aos seus intereses no Reino de Exipto e outros países árabes, e especialmente para garantir as boas relacións con Arabia Saudita, un dos grandes produtores de petróleo. Por conseguinte, continuouse coa política de prohibición da inmigración.