Top 10 similar words or synonyms for macaca

fascicularis    0.895148

ornatus    0.869393

japonicus    0.856407

acutus    0.849885

mulatta    0.843241

certhia    0.842914

longirostris    0.842629

variegatus    0.838841

maculata    0.838535

maculatus    0.833235

Top 30 analogous words or synonyms for macaca

Article Example
Macaca mulatta O macaco rhesus ten cor marrón ou gris e unha face rosa, a cal está desprovista de pelo. Ten un rabo de lonxitude media que mide entre 20,7 e 22,9 cm. Os machos adultos miden uns 53 cm como media e pesan uns 7,7. As femias son menores, duns 47 cm de lonxitude media e 5,3 kg de peso. Este macaco ten como media 50 vértebras. A súa proporción da lonxitude do brazo con respecto á lonxitude da perna é de 89%. Teñen escápula dorsal e unha ampla caixa torácica de costelas.
Macaca mulatta En estudos psicolóxicos os macacos rhesus demostraron diversas habilidades cognitivas complexas, incluíndo a capacidade de facer xuízos de igual-diferente, comprender regras simples e monitorizar os seus propios estados mentais. Incluso demostran ter autonomía do tipo "self-agency", un importante tipo de autoconciencia.
Macaca mulatta Por exemplo, as vías do colesterol están conservadas nas tres especies (e noutras especies de primates). Nas tres especies, os xenes da resposta inmunitaria están baixo selección positiva, e os xenes da inmunidade mediada por células T, transdución de sinais, adhesión celular e proteínas de membrana xeralmente tamén. Os xenes da queratina, que producen os talos do pelo, evolucionaron rapidamente nas tres especies, posiblemente debido aos cambios climáticos ou selección de parella. O cromosoma X ten o triplo de rearranxos que os outros cromosomas. O macaco gañou 1.358 xenes por duplicación.
Macaca mulatta Macaca mulatta, xeralmente chamado macaco rhesus (ou macaco -ou mono- Rhesus, resus ou reso), é unha especie de mono do Vello Mundo que vive en parte de Asia. Na lista da Lista Vermella de especies ameazadas da IUCN está considerado como en "pouco preocupante" en vista da súa ampla área de distribución, as súas grandes poboacións e a súa tolerancia a unha ampla variedade de hábitats. É nativo do sur, centro e sueste asiático, onde as mandas ou tropas de "M. mulatta" habitan hábitats moi diversos, desde praderías a áreas desérticas ou forestais, e tamén nas proximidades de asentamentos humanos. A especie é moi utilizada en ciencia como organismo modelo. No descubrimento do factor do grupo sanguíneo Rh humano utilizouse sangue deste macaco.
Macaca mulatta A especie é nativa do norte da India, Bangladesh, Paquistán, Nepal, Birmania, Tailandia, Afganistán, Vietnam, sur de China e algunhas áreas veciñas. Teñen a área de distribución máis ampla dun primate despois da do home, ocupando unha gran diversidade de altitudes a través de Asia central, do sur, e do sueste. Habitan áreas áridas abertas, e poden encontrarse en praderías, bosques e rexións montañosas ata os 2.500 m de altura. Nadan con frecuencia. As crías de poucos días xa poden nadar e os adultos poden nadar algo máis de medio quilómetro entre unha illa e outra. Teñen tendencia a trasladarse desde zonas rurais a urbanas, onde se manteñen das dádivas ou dos residuos dos humanos. Adáptanse ben á presensza humana e forman mandas máis grandes en paisaxes dominadas polos humanos que nos bosques.
Macaca mulatta O macaco rhesus foi utilizado nos experimentos sobre privación materna levados a cabo na década de 1950 polo controvertido psicólogo comparativo Harry Harlow.
Macaca mulatta Outros avances médicos facilitados polo uso deste macaco foron:
Macaca mulatta Segundo dixo Evan Elcher da Universidade de Washington, Seattle, "o obxectivo é reconstruír a historia de cada xene no xenoma humano". O ADN de diferentes pólas da árbore evolutiva dos primates permitiranos "rastrear os cambios evolutivos que ocorreron en varios puntos do tempo, e que conduciron desde os antepasados comúns do clado dos primates ao "Homo sapiens"", tal como dixo Bruce Lahn da Universidade de Chicago.
Macaca mulatta Os xenomas de chimpancés e humanos diverxiron hai 6 millóns de nos. Teñen un 98% de identidade e moitas rexións regulatorias conservadas. Comparando os xenomas do macaco e o humano, que diverxiron hai 25 millóns de anos e teñen un 93% de identidade, identificáronse mellor as presións evolutivas e as funcións xénicas.
Macaca mulatta Sorprendentemente, algunhas secuencias xénicas normais de macacos e chimpancés saudables causan graves doenzas nos humanos. Por exemplo, a secuencia normal do xene da fenilalanina hidroxilase de macacos e chimpancés é a secuencia mutada responsable da fenilcetonuria en humanos. Por tnto, os humanos deberon estar baixo unha presión evolutiva para adoptaren un mecanismo diferente no funcionmento deste encima.