Top 10 similar words or synonyms for livio

tácito    0.779527

sículo    0.779148

dión    0.766342

cicerón    0.757055

flavio    0.755508

polibio    0.750973

casio    0.742508

xosefo    0.740518

diodoro    0.737808

tulio    0.736098

Top 30 analogous words or synonyms for livio

Article Example
Livio Andrónico Livio Andrónico (en latín "Lucius Livius Andronicus"), nado o -284 e finado o -204, foi un escritor épico romano de orixe grega, nado probabelmente na colonia grega de Tarento. Foi escravo dunha familia nobre da "gens Livia". Daquela liberto, adoptou o nome do seu antigo patrón. Chegou a ser o primeiro mestre grego de Roma. É considerado o primeiro autor romano e o fundador da poesía épica romana. A súa primeira obra formal produciuna en -240, unha tradución ao latín dun drama grego. A súa contribución fundamental á épica grecolatina é a tradución da "Odisea" de Homero ao verso latino típico, o saturnio. Trátase da primeira obra épica en latín, precursora da obra de Nevio. Tamén compuxo traxedias a partir de modelos gregos.
Tito Livio Livio naceu nunha familia rica de provincias e trasladouse de mozo a Roma, estudando nela retórica e filosofía. Tiña ideas conservadoras e republicanas, mais non entrou nunca en política. Adquiriu fama a partir do 27-25 a.C., cando encetou a preparación de "Ab Urbe Condita", obra na que se ocupou até á súa morte.
Tito Livio Augusto, a cuxo círculo pertenceu, confioulle a educación do seu neto adoptivo, o futuro emperador Claudio, a pesar das súas ides republicanas. En troca, Livio aceptara a "pax augusta" e, aínda que el fose partidario de Pompeio, aprobou a enorme reforma emprendida por Augusto. Tivo dous fillos.
Tito Livio Tito Livio (en latín Titus Livius), nado en Padua no 64 ou 59 a. C. e finado no 17 d. C., foi un historiador romano, autor de "Ab urbe condita libri" ("Desde a fundación da Cidade"), que relata a historia de Roma desde a fundación tradicional no ano 753 a.C. até á morte de Druso no 9 a.C.. En total componse de 142 libros, dos que só se conservan 35.
Livio Andrónico A súa obra está na base de toda a épica romana e foi estudada na escola de xeración en xeración polo menos até finais do século -I. Da súa vixencia dannos fe homes desta época como Cicerón, na pasaxe citada do "Brutus", e Horacio. Livio Andronico ten un importante lugar na historia literaria de Roma como introductor da cultura grega e creador dunha institución, "a escola." Gañou así unha decisiva influencia na vida e costumes culturais da cidade.
Livio Andrónico De acordo coa pasaxe citada de Cicerón, a actividade literaria de Livio Andrónico debeu de comezar no -240. Nesa data recibe o encargo de escribir polo menos unha comedia e unha traxedia que el mesmo se encarga de representar como actor con ocasión dos "ludi romani" celebrados tras a vitoria romana na Primeira Guerra Púnica. Este ensaio, que moi verosimilmente consistiría nunha tradución non exenta de orixinalidade de obras gregas, tivo éxito porque a partir desa data sucédense as adaptacións de temas e metros gregos á lingua do Lacio. Con esta técnica, cuxa dependencia dos modelos gregos é imposíbel precisar, foron xurdindo obras das que apenas coñecemos algo máis que o título. As traxedias "Achilles", "Aegisthus", "Aiax", "Andromeda", "Danae", "Equos Troianus", "Hermiona", "Tereus" e quizais "Ino". Edítanse como seus os fragmentos das comedias "Gladiolus", "Ludius", "Virgo".
Livio Andrónico Posibelmente anterior a esta actividade foi a súa versión da Odisea homérica, texto sobre o que debeu xirar a súa actividade docente na escola. Dos apenas 50 versos que nos chegaron desta obra é posíbel concluír que:
Livio Andrónico Da vida deste home —primeiro nome propio na historia da literatura romana— apenas temos datos seguros. Trátase probabelmente dun grego, nado sobre o -284 en Tarento e levado como prisioneiro de guerra, novo aínda -272, a Roma, logo da caída da súa cidade natal. En Roma foi mestre dos fillos do seu señor, oficio que lle valeu a liberdade e a adopción do nome do seu patrón e protector, Lucio Livio, quizais o pai de Marco Livio Salinator, vencedor de Asdrúbal Barca na Batalla do Metauro no -207 Para celebrar esa vitoria, encargóuselle a composición dun himno en honra de Xuno, para o que Livio usou a forma do partenio (do grego "párthenoi"). En razón das datas de tales eventos, dátase xeralmente a súa morte uns anos despois, ca. o -204.
Livio Andrónico A pesar de que toda a súa obra está practicamente perdida - só se conserva ao redor dun centenar de versos dispersos -, Andrónico é citado polos autores latinos posteriores como o introductor en Roma de xéneros literarios gregos tan diversos como a poesía épica, a traxedia, a comedia e mesmo a poesía lírica .
Hispania Outro historiador romano, Tito Livio (-59-17), escribe tamén sobre o carácter do home hispánico, segundo a súa perspectiva: