Top 10 similar words or synonyms for lituana

polaca    0.732414

bielorrusa    0.732227

eslovena    0.726381

finesa    0.722694

húngara    0.720445

búlgara    0.719506

albanesa    0.713801

estoniana    0.712177

romanesa    0.700748

croata    0.683239

Top 30 analogous words or synonyms for lituana

Article Example
Lingua lituana A norma padrón baséase no aukštaitiano occidental. Os dous dialectos no son completamente intelixíbeis entre si.
Lingua lituana O lituano utiliza 20 caracteres consonánticos tomados do alfabeto latino. Ademais, o dígrafo "Ch" representa unha velar fricativa (/x/); a pronuncia dos demais dígrafos pódese deducir dos seus compoñentes.
Lingua lituana A efectos prácticos, estas declinacións permiten unha maior liberdade de palabras. "Ven un coche" pódese dicir "atvažiuoja automobilis" ou "automobilis atvažiuoja".
Lingua lituana O lituano é unha das dúas linguas bálticas existentes, xunto co letonio. No século XIX desapareceu o prusiano antigo.
Lingua lituana Existen dous xéneros gramaticais, feminino e masculino. Algunhas formas, especialmente adxectivos atributivos, derivan dun xénero neutro histórico.
Lingua lituana Algúns lingüistas pensan que o lituano é a lingua que máis trazos conserva do antigo indoeuropeo. As linguas bálticas orientais afastáronse das occidentais entre os séculos V e VII. A diferenciación entre o lituano e o letón deuse a partir do século IX; entre estes dous existiron dialectos de transición ata, cando menos, o século XIV e, posibelmente, o XVII. A ocupación da bacía do Daugava por parte da orde militar alemá dos Irmáns da Espada entre os séculos XIII e XIV (coincidindo co territorio da Lituania actual), contribuíu ao desenvolvemento autónomo desta lingua.
Lingua lituana O texto máis antigo existente é unha tradución de himnos de entre 1503 e 1525. Publicáronse libros a partir de 1547, mais o nivel de alfabetización dos lituanos foi moi baixo até o século XVIII e non había moitos títulos. En 1864, após o Erguemento de Xaneiro, Mikhail Muravyov, Gobernador Xeral Ruso de Lituania, prohibiu a utilización do lituano na educación e na imprenta e mesmo prohibiu a utilización do alfabeto latino. Algúns libros continuaron a ser imprimidos en Prusia Oriental e os Estados Unidos. Introducidos no país por traficantes de libros, contribuíron a soster o sentimento nacionalista até que se levantou a prohibición en 1904. Jonas Jablonskis (1860-1930) contribuíu moito á formación do padrón lingüístico lituano. As convñencións do lituano escrito foran evolucionando durante o século XIX, mais Jablonskis, na introdución á súa "Lietuviškos kalbos gramatika" foi o primeiro en formular e expor os principios esenciais, baseados no dialecto alto-lituano occidental. O lituano foi a lingua oficial de Lituania desde 1918. Durante a ocupación soviética utilizouse oficialmente xunto co ruso, a cal, ao ser a lingua oficial da Unión Soviética, tiña primacía sobre o lituano.
Lingua lituana O lituano fálase fundamentalmente en Lituania (3 millóns, 80% da poboación). Fálao tamén o grupo étnico lituano que vive en Bielorrusia, Letonia, Polonia e no óblast de Kaliningrado (Rusia) e por emigrantes noutras partes de Rusia e e noutros países de América e Europa, até chegar aos 4 millóns.
Lingua lituana Cada consoante, excepto //, ten dúas formas: palatalizada e non palatalizada (/bʲ/}}] - //,// - //, // - // etc.).
Lingua lituana Ten cinco declinacións nominais e tres adxectivais e tres conxugacións verbais. Todos os verbos teñen presente, pasado, pasado iterativo e futuro no indicativo, subxuntivo (ou condicional) e imperativo (ambos os dous sen distinción de tempos) e infinitivo. Estas formas, fora do infinitivo, conxúganse e teñen dúas persoas en singular e dúas en plurarl e a terceira persoa común ao plural e ao singular. O lituano ten o sistema de participios máis rico de todas as linguas indo-europeas, xa que ten participios derivados de todos os tempos con formas activas e pasivas distintas e varias formas de xerundio.