Top 10 similar words or synonyms for laevis

xenopus    0.882871

musculus    0.858010

norvegicus    0.850725

fragilis    0.846698

basónimo    0.832534

tropicalis    0.828580

nigricans    0.823218

gigas    0.820679

variegatus    0.817441

gracilis    0.815991

Top 30 analogous words or synonyms for laevis

Article Example
Xenopus laevis A especie encóntrase en gran parte da África subsahariana (Nixeria e Sudán ata Suráfrica), e en poboacións illadas, como especie introducida, en Norteamérica, Suramérica e Europa. Todas as especies da familia Pipidae carecen de lingua e de dentes e son completamente acuáticas. Utilizan as súas mans para meter a comida na boca e introducila na gorxa, e un bombeo hipobranquial para arrastrar ou succionar o alimentos que están na boca. Os Pipidae teñen patas potentes para nadar e botarse sobre as presas. Tamén utilizan as uñas das patas traseiras para desgarrar cachos dos alimentos que son grandes. Presentan oído interno e medio. Teñen liña lateral que percorre todo o seu corpo e parte inferior, coa cal poden percibir os movementos e vibracións na auga. Utilizan para procurar o seu alimento os seus dedos sensibles, o seu sentido do olfacto e o sistema da liña lateral. Son preeiros e comen case todo tipo de lixo orgánico ou ser vivo morto, moribundo ou vivo que poidan atrapar.
Xenopus laevis Na natureza "Xenopus laevis" vive en zonas húmidas, lagoas, e lagos de rexións áridas ou semiáridas da África subsahariana. "Xenopus laevis" e "Xenopus muelleri" viven ao longo do límite occidental do Gran Val Rift. A xente da zona subsahariana está xeralmente moi familiarizada con esta especie, e algunhas culturas úsana como unha fonte de proteínas, un afrodisíaco, ou unha medicina para a fertilidade, xa que con frecuencia estes anfibios comen insectos que conteñen cantaridina.
Xenopus laevis Segundo "Anphibian Species of the World" existen tres subespecies:
Xenopus laevis Xenbase é a base de datos de organismo modelo para "Xenopus laevis" e "Xenopus tropicalis".
Xenopus laevis "Xenopus laevis" utilízase como mascota e como animal de laboratorio desde a década de 1950. Son moi resistentes e de vida longa, e en catividade chegaron algúns a vivir ata 20 ou 30 anos.
Xenopus laevis Este anfibio é un voraz predador e adáptase doadamente a moitos hábitats. Por esta razón, pode facilmente converterse nunha especie invasora daniña. Poden viaxar a curtas distancias ata outros corpos de auga, e documentáronse casos de que algúns poden sobrevivir a conxelacións suaves. Poden devastar as poboacións nativas de ras e outras criaturas ao comérenlles as súas crías.
Xenopus laevis En Estados Unidos descubríronse en 2003 poboacións de "Xenopus laevis" nunha lagoa de San Francisco, e a súa tenencia, transporte ou venda está prohibida en varios estados de EUA. En Europa existen colonias silvestres no sur de País de Gales.
Xenopus laevis Os embrións e ovos de "Xenopus" son un sistema modelo moi utilizado para unha ampla variedade de estudos biolóxicos. Este animal é amplamente utilizado porque combina unha alta tratabilidade experimental e polas súas maiores similitudes co ser humano, en comparación con moitos outros organismos modelo..
Xenopus laevis Aínda que "X. laevis" non ten un tempo curto de xeración nin a simplicidalaevis" tarda de 1 a 2 anos en chegar á madurez sexual e é tetraploide. Porén o seu embrión é grande e fácil de manipular, o que fixo que se usase moito en estudos de bioloxía do desenvolvemento. Outra especie relacionada, "Xenopus tropicalis", está agora sendo promovida como un modelo máis viable para estudos xenéticos. Roger Wolcott Sperry utilizou "X. laevis" nos seus famosos experimentos para describir o desenvolvemento do sistema visual, que levaron á formulación da hipótese da cromoafinidade.
Xenopus laevis O primeiro vertebrado que foi clonado foi "X. laevis", un experimento polo cal Sir John Gurdon foi galardoado co Premio Nobel de Medicina e Fisioloxía en 2012 "polo seu descubrimento de que as células maduras poden ser reprogramadas para facerse pluripotentes".