Top 10 similar words or synonyms for kittel

cancellara    0.799241

dumoulin    0.789917

fabian    0.785453

chavanel    0.781709

rasmussen    0.766531

arnaud    0.764924

kanstantsín    0.763215

nibali    0.755366

valkenburg    0.753811

weening    0.751354

Top 30 analogous words or synonyms for kittel

Article Example
Tour de Francia 2014 O alemán Marcel Kittel tamén tivo unha actuación moi salientable acadando catro triunfos parciais en chegadas ao "sprint", unha delas en París, e sendo o primeiro líder da carreira.
Walter Elliot A casa de Elliot en Randals Road, Vepery, Madrás, foi un punto focal para os estudosos da rexión. Animou a moitos outros investigadores orientais, incluíndo a Ferdinand Kittel e Robert Caldwell.
Códice de Leningrado Na actualidade, o Códice de Leningrado ganou máis importancia porque se trata do texto hebreo que foi reproducido nas edición da Biblia Hebraica, de Rudolf Kittel, e da Biblia Hebraica Stuttgartensia. É importante tamén porque ten servido de fonte primaria en estudos académicos que teñen a intención de recuperar detalles nas partes perdidas do Códice de Alepo.
Biblia hebrea No estudo erudito contemporáneo, é común referirse polo termo a unha das tres edicións da obra publicada por Rudolf Kittel. Neste contexto é frecuente a abreviatura "BH", ou "BHK" (K por Kittel), ou (onde se refiren ás distintas edicións), "BH1", "BH2" e "BH3". As primeiras dúas edicións apareceron entre 1906 e 1913, respectivamente; a diferenza entre elas é leve, salvo por unha lista de pequenas rectificacións na segunda. Esta segunda edición foi reimpresa varias veces. Vense tamén notas que engaden excertos da Torá samaritana, da Septuaxinta, da Vulgata e da Peshitta. Na terceira edición reproduciuse o texto hebreo atopado no Códice de Leningrado, o cal é o mesmo que serviu de fonte para a "Biblia Hebraica Stuttgartensia".
Johann Sebastian Bach Sobre todos os outros retratos que sobreviven flotan dúbidas aínda máis serias, incluído un óleo de Johann Jacob Ihle (Bachhaus, Eisenach) datado en 1720 e que pretende mostrar a Bach como mestre de capela en Köthen, identificado como unha "imaxe de Bach" só en 1897; o de Johann Ernst Rentsch (Städtisches Museum, Erfurt), supostamente representando a Bach aos 30 anos, que saíu á luz en 1907 e non ten ningunha documentación crible, e o chamado "retrato na vellez" descuberto por Fritz Volbach en Maguncia en 1903 (colección privada en Fort Worth), que é pouco semellante aos outros retratos. De acordo con Gerberl, retratos probablemente auténticos pero que non sobreviviron eran propiedade da Condesa de Weissenfels e de Johann Nikolaus Forkel. Outro pastel propiedade de Carl Philipp tamén se perdeu. Outro retrato, que supostamente pertenceu ao seu antigo alumno Johann Christian Kittel, foi descuberto de novo no ano 2000 por Teri Noel Towe, que o presentou ao público como auténtico. En 2008 a antropóloga Caroline Wilkinson reconstruíu dixitalmente o rostro do compositor, a petición da Casa Museo de Bach en Eisenach, usando medidas do seu cranio e outras técnicas forenses.
Peter Sagan Coa moral alta e un físico ao mesmo nivel, o campión comezaba o Tour de Francia con un 3.º posto no primeiro sprint da ronda gala onde, tras arrancar con forza, é superado por Kittel e Cavendish, resultando vencedor o británico. Na 2.ª etapa, grazas á axuda de Roman Kreuziger, neutralizan a escapada do día a 500 m de meta, e o eslovaco bate con solidez a Julian Alaphilippe nun sprint reducido, obtendo así a súa 5.ª etapa no Tour de Francia, 3 anos despois da última. A maiores, enfúndase o maillot amarelo por primeira vez. Tras o día de descanso, na 10.ª etapa, Sagan métese na escapada, onde é vixiado constantemente, destrozándoa o mesmo e índose en solitario na última cota da xornada. Malia isto, Michael Matthews é máis rápido e relégao a un 2º posto. Nove etapas despois da súa 5.ª etapa no Tour, aproveitaba o vento e os abanicos no pelotón, saltando a 10 km de meta xunto con Geraint Thomas, o seu compañeiro Maciej Bodnar e o maillot amarelo Chris Froome. Como era de esperar, logra a súa 6.ª etapa no Tour e unha importante diferencia no maillot por puntos. Cinco etapas máis tarde, na 16.ª, Sagan volvía a demostrar o seu poderío e a súa calidade, superando ao sprint a Alexander Kristoff por milímetros. Pese a non ser do seu perfil, Sagan participou nas fugas das dúas últimas etapas (19.ª y 20.ª) para axudar na montaña ao seu compañero Rafał Majka e ao seu líder Roman Kreuziger, o que lle valeu para facerse co premio da combatividade do Tour. Na chegada a París sería segundo por detrás do alemán André Greipel, ratificando así o seu 5º maillot verde consecutivo e quedándose a só un do alemán Erik Zabel, dono de seis.