Top 10 similar words or synonyms for giardia

lamblia    0.891864

intestinalis    0.877297

histolytica    0.865154

salmonella    0.843555

entamoeba    0.843137

trypanosoma    0.842189

trichomonas    0.836593

brucei    0.835164

aspergillus    0.824299

campylobacter    0.822922

Top 30 analogous words or synonyms for giardia

Article Example
Giardia Como outras diplomónadas, "Giardia" ten dous núcleos, cada un con catro flaxelos asociados, e carece tanto de mitocondrias coma de aparato de Golgi. Porén, posúen un sistema endomembranoso complexo e relictos mitocondriais, chamados mitosomas. Os mitosomas non se usan para a síntese de ATP como farían as mitocondrias, senón que están implicados na maduración de proteínas de ferro-xofre. As sinapomorfias do xénero "Giardia" inclúen células con orgánulos duplicados, ausencia de citostomas, e disco adhesivo ventral.
Giardia A primeira diplomónada á que se secuenciou o xenoma foi un illado de "Giardia" (WB). Tiña un xenoma de 11,7 millóns de pares de bases de estrutura compacta que codificaba un metabolismo e maquinarias celulares básicas. Actualmente, están a secuenciarse os xenomas de varios outros illados de "Giardia" e de diplomónadas (os patóxenos de peixes "Spironucleus vortens" e "S. salmonicida").
Giardia Os síntomas, que poden aparecer dous días despois da infección, inclúen diarreas violentas, exceso de gas, cambras abdominais e estomacais, malestar estomacal e náuseas. Como resultado prodúcese deshidratación e perda de nutrientes, o que pode necesitar un tratamento inmediato. A infección típica nun individuo pode ser leve e resolverse sen tratamento, e durar entre 2–6 semanas, aínda que ás veces pode durar máis e ser grave. É posible a coexistencia co parasito (os síntomas atenúanse), polo que o individuo convértese nun portador e pode transmitirllo a outros. A xiardíase fai que as vilosidades do intestino delgado se atrofien e se aplanen, o que ten como resultado unha mala absorción intestinal. Pode persistir unha intolerancia á lactosa despois da erradicación de "Giardia" do tracto dixestivo.
Giardia Giardia é un xénero de protozoos flaxelados anaeróbicos parasitos que colonizan e se reproducen no intestino delgado de varios vertebrados, causando a xiardíase. A especie deste xénero que infecta aos humanos é "Giardia lamblia" (="G. intestinalis"="G. duodenalis"). O seu ciclo de vida alterna entre un trofozoíto que nada activamente e un quiste resistente infectivo. "Giardia" xa foi descrito polo microscopista holandés Antoni van Leeuwenhoek en 1681. O nome do xénero procede do apelido do zoólogo francés Alfred Mathieu Giard.
Giardia Describíronse unhas 40 especies deste xénero en diferentes animais, peroi moitas delas son probablemente sinónimas. Actualmente, recoñécense cinco ou seis especies morfoloxicamente distintas. "Giardia lamblia" (="G. intestinalis", ="G. duodenalis") infecta a humanos e outros mamíferos, "G. muris" encóntrase noutros mamíferos, "G. ardeae" e "G. psittaci" en aves, "G. agilis" en anfibios e "G. microti" en ratiños arvicolinos. Outras especies descritas (pero non validadas) son as da lista. Para discriminar entre especies de "Giardia" desenvolvéronse probas moi específicas de PCR e de detección con sondas xenéticas. O máis común e rápido é identificalas por microscopia e técnicas de inmunofluorescencia.