Top 10 similar words or synonyms for finlandesa

romanesa    0.780773

sueca    0.769604

finesa    0.766085

dinamarquesa    0.757496

polaca    0.718314

norueguesa    0.717093

eslovena    0.711407

húngara    0.700252

neerlandesa    0.696999

islandesa    0.690529

Top 30 analogous words or synonyms for finlandesa

Article Example
Mitoloxía finlandesa Á súa vez, as aves acuáticas eran moi comúns nos contos, como tamén nas pinturas en pedras e cavernas, demostrando o importante significado que tiñan estas para os antigos fineses.
Mitoloxía finlandesa As orixes de Ukko poderían datar de Perkūnas, deus da mitoloxía báltica, o do antigo deus do ceo finés Ilmarinen. Tamén Thor é asociado a Perkūnas. Cando Ukko tomou o posto de Ilmarinen de deus do ceo, o destino de Ilmarinen foi converterse en deus ferreiro, ou deus da pedra. No "Kalevala", atribúeselle a Ilmarinen a forxa das estrelas da bóveda celeste e o máxico muíño da abundancia, o Sampo.
Mitoloxía finlandesa O deus pai Ukko (ancián en finés), era orixinalmente só un espírito da Natureza como todos os outros, mais a influencia progresiva das culturas circundantes derivou na ascensión deste ao ceo. O animal sacro, cuxo nome non se pronunciaba en voz alta, era o oso. O oso era visto como a encarnación dos antepasados, e era denominado con moitos eufemismos: "mesikämmen" (pata de mel), "otso" (fronte ampla), "kontio" (habitante da terra).
Mitoloxía finlandesa Críase que o mundo fora formado a partir da explosión dun ovo de Aythya (ave acuática). Respecto ao ceo críase que se trataba da cuberta superior do ovo e, alternativamente era visto como unha carpa, que estaba soportado por unha columna no Polo Norte, por debaixo da Estrela do Norte.
Mitoloxía finlandesa Críase que a terra era plana. Nos bordos da Terra estaba Luntukoto (o fogar dos paxaros), unha rexión cálida onde habitaban os paxaros durante o inverno. A Vía Láctea era chamada Linnunrata (a ruta dos paxaros), porque se cría que os paxaros viaxaban ao longo dela cara a Lintutoko e de volta.
Mitoloxía finlandesa O movemento das estrelas era explicado como causa da rotación da bóveda celeste sobre a Estrela do Norte e sobre si mesma. Segundo a mitoloxía, un gran remuíño fora causado no Polo Norte debido á rotación da columna do ceo. Por medio deste remuíño, as almas podían ir á parte exterior do mundo á terra dos mortos, a Tuonela.
Mitoloxía finlandesa A mitoloxía finesa sobreviviu en forma de tradicións orais de poemas cantados míticos e folclore até ben entrado o século XIX.
Mitoloxía finlandesa Os paxaros posuían tamén outro significado, levaban a súa alma aos humanos no momento do nacemento, e recollíanlla no momento da morte. Nalgunhas áreas, crían que era necesario ter unha figura dun paxaro tallada en madeira para previr que a alma escapase durante o soño. Estas figuras recibían o nome de Sielulintut (paxaros da alma) e protexían a alma de perderse nos camiños dos soños.
Mitoloxía finlandesa Tuonella era a terra dos mortos. Era un fogar ou cidade subterránea para todos os mortos. Era un sitio escuro e exánime, no que ninguén durmía nunca. Só un valente xamán podía viaxar a Tuonela en estado de transo para consultar a guía dos antepasados. Para viaxar a Tuonela, a alma debía cruzar o escuro río desta. Se tiña unha razón válida, entón un barco viría a recollelo. Moitas veces a alma do xamán debía convencer os gardas de Tuonela de que el realmente estaba morto.
Mitoloxía finlandesa Ukko (home ancián) era o deus do ceo, o tempo meteorolóxico e os cultivos. Tamén era o máis importante deus do panteón e as palabras finesas "ukkonen" (trono, literalmente "de Ukko") ou "ukonilma" (tempo de Ukko) derivan do seu nome. No "Kalevala" é tamén chamado "Ylijumala" (deus superior), dado que era o deus do ceo. Nos mitos, figura só manifestándose por efectos naturais cando é invocado.