Top 10 similar words or synonyms for finesa

estoniana    0.803854

finlandesa    0.766085

norueguesa    0.746382

eslovena    0.734431

dinamarquesa    0.733504

polaca    0.731082

islandesa    0.724595

lituana    0.722694

neerlandesa    0.714639

albanesa    0.712945

Top 30 analogous words or synonyms for finesa

Article Example
Literatura finesa En 1564 recolleuse o primeiro poema popular finés pero foron escasos os poemas que se recolleron en parte por considerarse un fenómeno pagano e en parte por ser o finés unha lingua minorizada. No século XIX o romanticismo vaise interesar pola literatura popular e Elias Lönnrot partindo de poemas recollidos por el e por outros entusiastas redactou a epopea "Kalevala" (1835-1849) que consagrou a literatura popular como unha das principais fontes da literatura finesa escrita.
Literatura finesa O comezo do século XIX coincidiu coa fin do dominio sueco sobre Finlandia que quedou a partir de 1809 baixo o dominio de Rusia, como un Gran Ducado autónomo que conservou as antigas institucións suecas e no que a lingua sueca seguía a ser a oficial e no que se comezaba a crear unha conciencia nacional que chegou tamén á literatura, que se expresaba maioritariamente en sueco, a principios de século tan só algúns poetas como Kallio ou Jakob Judén ou o dramaturgo Pietari Hannikaien escribían en finés, aínda que numerosos poetas populares como Vihtapaavo elaboraban unha poesía local enraizada na tradición. Entre algúns intelectuais de lingua sueca comezou a estenderse a consideración do finés como lingua nacional de Finlandia, entre eles salientou Johann Vilhelm Snellman que en 1863 conseguíu un status legal para o finés semellante ao sueco.
Literatura finesa Na narrativa xorden dúas concepcións diferentes, unha máis tradicional marcada polo realismo agrario ou obreiro con escritores como Veikko Huovinen e sobre todo Väinö Linna, a súa "Tuntematon sotilas" (1954), centrada nas relacións entre oficiais e simples soldados durante a Segunda Guerra Mundial, vendeu máis do millón de exemplares e suscitou un forte debate nacional pola autocrítica á sociedade finesa. A outra tendencia na narrativa é a máis experimental, na procura de novas solucións de estilo e estrutura, Veijo Meri é o autor máis destacado desta tendencia, cun sentido do grotesco na cal se adiviña a crise dun pobo. Outros autores, como é o caso de Eeva Joenpelto, combinan as dúas tendencias.
Literatura finesa En canto á prosa durante os anos 60 e 70 destacan nomes como o de Hannu Salama, autor de novelas obreiras de carácter épico, o contorno obreiro tamén se atopa nas obras de Samuli Paronen cun acento moi forte no infraproletariado. A crise da clase media e o conflito de xeracións centra as obras de Kerttu-Kaarina Suosalmi e o problema da poboación evacuada da Carelia está moi presente nas obras de Eeva Kilpi e Iiris Kähäri. A evolución da vida rural é outro dos grandes temas da prosa, autores como Eino Säisä, Heikki Turunen ou Kalle Päätallo.
Lingua finesa O finés é, xunto co estoniano e o húngaro, unha das principais linguas discordantes dentro do monótono panorama indoeuropeo do vello continente. Emparentada fortemente co estoniano e distribuída fundamentalmente en Finlandia, a súa norma estándar baséase principalmente nas variantes xeográficas meridionais, pois antigamente tomábase como referencia a lingua da capital daquela, Turku. Con fortes contactos e influencias do sueco, o rexurdimento da lingua é recente e deuse a raíz da publicación do Kalevala.
Literatura finesa A maior parte desa literatura popular conservouse na zona máis oriental do dominio lingüístico da lingua finlandesa, Carelia e Ingria e en menor medida no oeste de Finlandia pero os poemas conservan trazos lingüísticos e temáticos propios do occidente do dominio lingüístico finés.
Literatura finesa A poesía popular finesa pode ser poesía lírica, unha poesía individual que se centra na emoción e o lirismo do eu do poema utilizando imaxes tiradas da natureza e das actividades da vida cotiá ou poesía épica, poemas máis longos e extensos, en torno aos 100 ou 200 versos, que contan unha sucesión de acontecementos, mitolóxicos as máis das veces. Fóra destes dous grandes grupos quedan fóra outro tipo de poemas como as poesías para as vodas, de caza, lamentacións.
Literatura finesa Epígonos de Agricola continuaron o seu labor como Jacobus Finno, autor dun libro de cánticos en 1583, Hemmiki Maskulainen tamén autor dun libro de cánticos en 1605 e tradutor de "Piae Cantiones" en 1616, Eerik Sorolainen autor de "Postilla", colección de sermóns en dous volumes publicados en 1621 e 1625 e que se usou nas igrexas finesas por máis de dous séculos.
Literatura finesa Nos anos 80 desenvólvese extrardinariamente o relato, con autores como Rosa Liksom, Joni Skiftesvik ou Leena Krohn. Entre os novelistas da última xeración salientan Olli Jalonen, Matti Pulkkinen e Maarit Verronen
Lingua finesa Debido á súa tardía normativización e á súa falla de continuidade con tradicións escritas previas, a ortografía do finés estandarizouse moi recentemente e non ten tendencias etimolóxicas, senón que tende claramente a representar fonoloxicamente a fala. A lingua ten oito vogais e trece consoantes, o que a coloca entre as linguas europeas con menos fonemas. As vogais palatais son "i, e", "a, ä" da zona central e "o, ö, u, y" pola rama velar. Tódalas vogais centrais e velares pódense clasificar en parellas cun elemento non labializado ("a, o, u") fronte a outro elemento redondeado ("ä, ö, y"). Isto adoita influír no tipo de sufixos que se lle aplican a cadansúa raíz, pois habitualmente os sufixos teñen dous alófonos segundo as vogais que aparezan na raíz. Cando a raíz está composta só por vogais do grupo "a, o, u", o sufixo aparece coma un alófono, mentres que se aparece tamén calquera outra vogal, aplícase o outro alófono: a esta característica chámaselle harmonización. Por exemplo, o sufixo "-lainen / -läinen" aplícase para crear xentilicios, profesións e substantivos para persoas referidas ó concepto da base, e polo tanto: