Top 10 similar words or synonyms for farnabazo

ligdamis    0.798774

nicátor    0.795010

seleuco    0.782295

axesípolis    0.779164

pérdicas    0.777429

artabazo    0.774987

kilij    0.772452

masinisa    0.771996

nirari    0.770580

cízico    0.769772

Top 30 analogous words or synonyms for farnabazo

Article Example
Milos O sátrapa Farnabazo II e Conón conquistaron Milos en 393 a.C.. A guerra que seguiu acabou coa paz entre gregos e persas asinada en 386 a.C. que estableceu a hexemonía espartana e entregou as cidades gregas de Asia a Persia. Farnabazo respectou a autonomía das cidades, cousa que non sempre farán os seus sucesores. Lisandro devolveu a illa aos antigos habitantes.
Alcibíades Segundo outras fontes nin Lisandro nin Farnabazo foron culpables da morte de Alcibíades senón el mesmo, pois seduciu a unha moza, cuxos irados irmáns incendiaron a casa de Alcibíades, e matárono cos seus arcos cando tentaba escapar do lume.
Alcibíades Despois da batalla de Egospótamos, Alcibíades cruzou o Helesponto e refuxiouse en Frixia, co obxecto de conseguir a axuda de Artaxerxes II contra Esparta. Pero os espartanos induciron a Farnabazo a que o deixase apartado. Segundo Plutarco, Lisandro enviou a un representante a Farnabazo para que enviase ao seu irmán a Frixia onde Alcibíades estaba a vivir coa súa amante, Timandra. En 404 a. C., cando estaba a piques de saír cara á corte persa, a súa residencia foi rodeada e incendiada. Vendo que non tiña ningunha oportunidade de escapar lanzouse precipitadamente sobre os seus asasinos, daga en man, e morreu cribado por unha choiva de frechas.
Darío II Deu as ordes aos seus sátrapas de Asia Menor, Tisafernes e Farnabazo, para atrasar o envío de tributos dos pobos gregos, e así empezar unha guerra con Atenas, para este propósito aliáronse con Esparta. En -408 mandou ao seu fillo Ciro a Asia Menor, para continuar a guerra con máis ardor. En -404 Darío II morre, logo dun reinado de dezanove anos, sucedéndoo Artaxerxes II.
Alcibíades Mentres Alcibíades aínda estaba de camiño, as dúas frotas chocaron en Abidos, onde os peloponesos estableceran a súa principal base naval. A batalla estivo igualada e desencadeouse con furia moito tempo, pero a balanza inclinouse cara aos atenienses cando Alcibíades arremeteu no Helesponto con 18 trirremes. O sátrapa persa Farnabazo, que substituíra a Tisafernes como patrocinador da frota peloponesa, desprazara o seu exército de terra á beira para defender as embarcacións e os mariñeiros que vararan os seus barcos. Soamente a axuda do exército persa e o navegar de noite salvou á frota peloponesa da completa destrución.
Alcibíades Despois da súa vitoria, Alcibíades e Trasilo empezaron o asedio de Calcedón en 409 a. C. cunhas 190 naves. Aínda que incapaz de conseguir unha vitoria decisiva ou inducir a que a cidade se rendese, Alcibíades foi capaz de gañar unha pequena batalla táctica terrestre fóra das portas da cidade e Terámenes concluíu un acordo cos calcedonios. Máis tarde concluíron unha alianza temporal con Farnabazo, que asegurou algo do moito diñeiro necesitado de forma urxente polo exército, pero a pesar disto Alcibíades viuse obrigado a partir en procura de máis botín para pagar aos soldados e remeiros da frota.
Alcibíades Despois dunha pausa de varios meses na que os peloponesos construíron novas embarcacións e os atenienses cercaron cidades e recadaron diñeiro en todo o Exeo, a seguinte batalla naval tivo lugar na primavera de 410 a. C. en Cícico. Alcibíades fora obrigado a navegar desde Sestos a Cardia para protexer a súa pequena frota da reconstruída armada peloponesa, pero tan pronto como se reuniu alí a frota ateniense completa, os seus comandantes levárono a Cícico, onde os atenienses localizaron que Farnabazo e Míndaro, o comandante da frota peloponesa, estaban a tramar o seu próximo movemento xuntos. Oculta pola tormenta e a escuridade, a forza ateniense combinada chegou ás inmediacións sen ser descuberta polos peloponesos. Nese momento os atenienses idearon un complot para sacar ao inimigo á batalla. Segundo Diodoro de Sicilia, Alcibíades avanzou cunha pequena escuadra para sacar aos espartanos da batalla, e, despois de enganar a Míndaro con este truco, as escuadras de Trasíbulo e Terámenes chegaron para reunirse con el, cortando a retirada espartana.
Grecia antiga A derradeira fase das guerras do Peloponeso tivo lugar cando os espartanos invadiron a Ática e ocuparon Decelia. Atenas estaba illada e con unha escasa capacidade de manobra. A Confederación comezaba a se desfacer, xa que varias cidades pedían a súa saída da mesma; os persas entraron no conflito tentando que os espartanos lles axudasen a volver ás costas de Asia Menor. A guerra desprazouse ao Helesponto, Alcibíades tornou a Atenas, onde se formara un goberno saído dun golpe de estado, que a frota ateniense no exterior non recoñecía. Co nomeamento de Alcibíades de novo como xeneral, volveron as vitorias, no Helesponto, no Cízico, onde se apoderou de toda a frota peloponesa e os espartanos chegaron a pedir a paz. Pero co nomeamento de Lisandro como comandante en xefe e con moi boas relacións cos persas, esperou o intre preciso en que Alcibíades se ausentase do mando para atacar e o seu segundo non estivo á altura das circunstancias. Coa derrota, Alcibíades foi destituído e máis tarde asasinado polo sátrapa Farnabazo por instigación de Esparta. Despois de diversos episodios nos que Atenas se recuperou armando outra frota, o encontro definitivo tivo lugar en Egos Potamos, no Helesponto, no que a frota ateniense caeu en mans espartanas, mentres a cidade era cercada por Pausanias I, rei espartano. Co Pireo bloqueado e sen acceso por terra, Atenas asinou a paz, co derrubamento das súas murallas, e o seu ingreso na Liga do Peloponeso.
Alcibíades A frota espartana sufriu graves perdas na fuxida, e chegou á beira cos atenienses pisándolles os talóns. As tropas de Alcibíades, conducindo a persecución ateniense, atracaron e tentaron levar as embarcacións espartanas mar dentro. Os peloponesos loitaron para impedir que os seus barcos fosen remolcados, e as tropas de Farnabazo acudiron na súa axuda. Trasíbulo desembarcou a súa propia forza para aliviar temporalmente a presión sobre Alcibíades, e mentres tanto ordenou a Terámenes que se unise ás forzas de terra atenienses próximas e que as trouxese para reforzar aos mariñeiros e ao exército naval na praia. Os espartanos e os persas, atafegados pola chegada de múltiples forzas desde varias direccións, foron derrotados e escorrentados, e os atenienses capturaron todas os barcos espartanos que non foron destruídos. Unha carta enviada a Esparta por Hipócrates, vicealmirante baixo Míndaro, foi interceptada e levada a Atenas; dicía o que segue: "Os barcos están perdidos. Míndaro morreu. Os homes están famentos. Non sabemos que facer". Pouco tempo despois, Esparta fixo unha petición de paz, pero os seus termos foron rexeitados polos atenienses.