Top 10 similar words or synonyms for fahd

abdullah    0.758636

tabinshwehti    0.744587

faisal    0.741703

autoproclamouse    0.740413

khalid    0.729673

abdalá    0.727188

farouk    0.724514

bhumibol    0.719836

creso    0.712336

taksin    0.711248

Top 30 analogous words or synonyms for fahd

Article Example
Fahd I En 1995 sufriu unha embolia cerebral polo que dende entón o seu medio-irmán, Abdullah, actúa coma rexente do reino. A pesar de que dende entón a súa actividade como monarca foi case inexistente, continuou atendendo a algunhas das delegacións estranxeiras. Tralos atentados terroristas cometidos o 12 de maio do 2003 en Riyadh, comprometeuse a tratar con man de ferro ós terroristas. En xuño de 1989 practicóuselle un transplante de ril a causa dun cancro e en marzo de 1998 tívoselle que extirpar a vesícula debido a unha infección. Padecía tamén diabetes e artrose.
Fahd I Fahd é o sexto fillo (dos aproximadamente corenta) de Ibn Saud, primeiro monarca e fundador da actual Arabia Saudita. Foi o primeiro dos fillos da muller favorita deste, Hassa bin Ahmed al Sudari e o irmán favorito do futuro rei Faisal. En 1932, con nove anos, asistiu á sinatura do Tratado de Jedda por parte do seu pai.
Fahd I Recibiu a súa educación no Colexio para Príncipes de Riyadh, unha escola fundada por Ibn Saud co obxectivo de educar os membros da Casa de Saud. Continuou os seus estudos no Instituto de Educación Relixiosa da Meca, onde estudou islam wahhabista.
Fahd I En 1945 Fahd fixo a súa primeira visita de estado a Nova York para asistir á sesión de apertura da Asemblea Xeral das Nacións Unidas. En 1953, foi nomeado Ministro de Educación. Tamén nese ano acudiu á coroación da raíña Isabel II do Reino Unido en representación da Casa de Saud. Anos despois dirixiu a delegación saudita na Liga Árabe en 1959, debido á súa crecente relevancia e importancia dentro da Casa de Saud.
Fahd I O 25 de marzo de 1975, tralo asasinato do rei Faisal e a coroación do rei Khalid, Fahd convertiuse en Príncipe Herdeiro e Primeiro Vice-Primeiro Ministro, actuando como rei na sombra. Desempeñou un papel moderador na crise do petróleo e nos conflitos do Oriente Medio.