Top 10 similar words or synonyms for escoitáronse

elexíacos    0.757249

bühne    0.746551

trajo    0.744468

araquídico    0.739848

solemyoida    0.738749

penaboa    0.735965

vespri    0.735564

hakuchi    0.734451

telinge    0.734437

cysoing    0.733587

Top 30 analogous words or synonyms for escoitáronse

Article Example
Hector Berlioz Separadamente da" Sinfonía fantástica", as obras de Berlioz escoitáronse moi pouco ata a década de 1880, cando en Francia recuperáronse como antídoto contra Wagner. A partir de 1960 escoitouse moito a súa música, aínda que as dificultades loxísticas aínda impiden a interpretación normal dalgunhas das súas obras.
Xogos Olímpicos de 2004 Logo dos discursos de clausura, escoitáronse os himnos de Grecia e da China. O alcalde de Atenas pasou a bandeira olímpica ao alcalde de Pequín. Logo dunha curta presentación de actores chineses declaráronse oficialmente clausurados os Xogos Olímpicos de Atenas 2004.
Batalla de Tudela Mentres o reforzo terminaba de cruzar a ponte e se arranxaba algo o "tráfico" das tropas, carruaxes, canóns e cabalaría polas rúas da cidade, escoitáronse os primeiros estrondos de fusilaría e canonazos por parte do exército francés. Isto puxo fin á disputa de Castaños e Palafox. Ás présas foi preciso adoptar disposicións defensivas.
Janos Audron Máis adiante na viaxe de Kain, este chega ao afastado pobo de Uschtenheim localizado ao nordés de Nosgoth, aí novamente escoita falar sobre Janos Audron como aquel vampiro maldito que devoraba aos seus habitantes durante as noites, ata que un día os sagrados guerreiros Sarafan arrincáronlle O corazón das escuridades acabando con el dunha vez por todas, no entanto, tamén se rumoreaba que os seus berros e queixidos escoitáronse durante catro días coas súas noites antes de morrer.
Brad Wilk Os rumores sobre unha reunión de Rage Against the Machine escoitáronse por ver primeira o 22 de xaneiro do 2007, e o 29 de abril a banda tocou no Coachella Music Festival. Inicialmente só tiñan pensado realizar esa única actuación, pero finalmente non foi así. A banda realizou 7 concertos máis nos Estados Unidos ese ano, e no 2008 tocaron en Asia e en Europa. Durante o ano 2010 volverían a Europa e realizaron os seus tres últimos concertos ata o de agora no mes de outubro en Sudamérica.
Benny Benassi No 2001 Benassi produciu a canción "I Feel so Fine" usando o pseudónimo KMC e incluíu a vocalista Dhany. Grazas a este sinxelo, Benassi chegou ós primeiros postos nas listas musicais mundiais. Logo deste éxito os Benassi Bros. comezaron a traballar no seu próximo proxecto: Benny Benassi presents The Biz. O dito proxecto produciu unha mestura de varios xéneros electrónicos incluíndo electro, techno e house. O primeiro sinxelo que se lanzou baixo este nome foi "Satisfaction" (single que se engadiu o álbum de Benassi titulado Hypnotica), o cal foi un éxito mundial durante o 2003 e parte do 2004. As cancións producidas por Benassi foron moi populares no Reino Unido e escoitáronse en moitas discotecas arredor do mundo. Benassi tamén fai remixes das cancións doutros artistas contemporáneos tales como DJ Tomcraft, Fischerspooner, Sonique e ata Outkast.
Día da Clase Obreira Galega A empresa respondeu despedindo a José María Riobó, Manuel Amor Deus, José Díaz Montero, Ramiro Romero, José Miguel Rey e Alfonso Couce, todos eles de Comisións Obreiras e prohibíndolles o acceso á factoría. Ramiro Romero foi agredido polos gardas de seguridade na entrada do estaleiro ao negarse a asinar a notificación da sanción. Situación que xera enfrontamentos entre traballadores e os gardas. Ao saberse o acontecido o paro foi total. Ás nove e media da mañá uns cinco mil traballadores concentráronse para exixir a anulación dos despedimentos e sancións aos gardas. O director falou cos traballadores sen achegar solucións. Os traballadores acordaron manterse concentrados ata que se atendan as súas peticións. Ás tres da tarde a dirección da empresa ameazou co desaloxo policial. Diante da negativa dos traballadores ás cinco da tarde cargou a policía pechándose a factoría. Os enfrontamentos continuaron xa na cidade e escoitáronse os primeiros disparos da policía.
Rebelión de Stonewall Cando os manifestantes atravesaron as fiestras (que foran cubertas con contrachapado polos propietarios do bar para disuadir a policía de asaltar o local) os policías que estaban no interior sacaron as súas pistolas. As portas foron abertas de par en par e os axentes apuntaron coas súas armas a masa furiosa, ameazando con disparar. O escritor de "The Village Voice", Howard Smith, que se atopaba no interior do bar coa policía, tomou unha chave inglesa do bar e meteuna nos pantalóns, sen saber se a usaría contra a policía ou contra a masa. Viu como alguén botou un chorro de combustible dentro do bar e lle prendeu lume mentres a policía apuntaba, mais nese momento escoitáronse sirenas e chegaron os bombeiros. O disturbio durara 45 minutos.
Revolución de Maio A reunión durou desde a mañá á media-noite, incluíndo a lectura da proclamación, o debate e a votación. Non houbo voto secreto; os votos escoitáronse un de cada vez e constaron en acta. Os temas principais do debate foron a lexitimidade do goberno e a autoridade do vicerrei. O principio da retroversión da soberanía para o pobo dixo que, en ausencia do monarca lexítimo, o poder volveu para o pobo; tiñan o dereito de formar un novo goberno. Este principio era común na escolástica española e filosofía racionalista, pero nunca foi aplicado na xurisprudencia. A súa validez dividiu a asemblea en dous grupos principais: un grupo que o rexeitou e argumentou que a situación debe permanecer inalterada; este grupo apoiaba a Cisneros como vicerrei. O outro grupo apoiaba un cambio, e considerou que debían estabelecer unha xunta, como as establecidas en España para substituír o vicerrei. Houbo tamén unha terceira posición, que estaba no medio. Os promotores do cambio non recoñeceron a autoridade do Consello de Rexencia, e argumentaron que as colonias en América non foran consultadas na súa formación. No debate discutiuse superficialmente a rivalidade entre crioulos e peninsulares; os adeptos ao vicerrei sentiron que a vontade dos peninsulares debía prevalecer sobre a dos crioulos.