Top 10 similar words or synonyms for escocesa

irlandesa    0.797608

gaélica    0.746677

norueguesa    0.729247

danesa    0.697287

galesa    0.692729

polaca    0.686915

neerlandesa    0.681715

sueca    0.680998

neozelandesa    0.659796

dinamarquesa    0.649670

Top 30 analogous words or synonyms for escocesa

Article Example
Lingua escocesa Esta lingua ten a súa orixe en dialectos do inglés medio de Northumbria. Posúe preto dun millón e medio de falantes, e é unha lingua común na rúa, pero que carece de calquera apoio oficial: nin se aprende nas escolas nin aparece na rotulación das cidades nin apenas en libros. O escritor máis famoso en escocés é Robert Burns, que empregou esta lingua tanto coma o inglés nos seus poemas.
Lingua escocesa O nome vernáculo da lingua, "Scots", é unha contracción de "Scottis", escocés antigo, e da forma meridional do inglés antigo tardío "Scottisc" (en inglés moderno: "Scottish"), que substituíu á temperán forma i-mutada "Scyttisc". Antes do século XV a fala inglesa en Escocia era coñecida como "English" (escrita "Ynglis" ou "Inglis" daquelas), así o termo "Scottish" (escrito "Scottis") referíase ao gaélico.
Lingua escocesa A comezos do século XV, o inglés de escocia converteuse nunha lingua sensiblemente distinta, aínda que carecendo dun nome que a distinguise claramente do inglés do sur da Bretaña. Dende o ano 1495 o verba "Scottis" foi gañando uso gradualmente para referirse á lingua das Terras Baixas escocesas e "Erse", irlandés, para o gaélico. Por exemplo, antes da fin do século XV William Dunbar usaba "Erse" para referirse ao gaélico e a comezos do século XVI Gavin Douglas uso o nome "Scottis" como nome para a lingua xermánica. Hoxe a lingua celta de Escocia é chamada habitualmente gaélico escocés.
Ilustración escocesa A Ilustración escocesa tivo efectos alén das fronteiras de Escocia, non só por mor da súa relevancia, senón tamén porque as ideas foron levadas a través do mundo pola diáspora escocesa, e por estudantes americanos que estudaron en Escocia.
Mitoloxía escocesa Os mitos xurdiron para diversos fins ó longo da historia de Escocia, ás veces sendo elaboradas por xeracións sucesivas, e outras veces sendo totalmente substituídas por outras narracións explicativas.
Mitoloxía escocesa Unha vez que os pictos adoptaron a cultura gaélica e as súas características propias foron esquecidas, os elementos folclóricos encheron os baleiros da historia. A súa "repentina desaparición" explicouse como debida a unha masacre ocorrida nun banquete dado por Kenneth MacAlpin (un motivo de folclore internacional) e despois atribuíronselles poderes como os das fadas, a elaboración da cervexa a partir de receitas segredas e que viven en cámaras subterráneas. No século XVIII, os pictos foron categorizados como unha raza "xermánica".
Mitoloxía escocesa O ciclo contén historias dos nacementos, mocidades e adestramentos, loitas, festíns e mortes dos heroes. Isto reflicte un sociedade guerreira na que a guerra consiste principalmente en combates individuais e a riqueza mídese polo gando. Estas historias están escritas na súa maioría en prosa. A peza central do ciclo do Ulster é o "Táin Bó Cúailnge". Outros contos importantes son "The Tragic Death of Aife's only Son" ("a tráxica morte do único fillo de Aife"), "Fled Bricrenn" "A festa de Bricriu" e "Togail Bruidne Dá Derga" "A destrución do hostal de Da Derga". Este ciclo é, nalgúns aspectos, achegado ó ciclo mitolóxico do resto do mundo gaélico falante. As adaptación en gaélico escocés dos contos do ciclo do Ulster aparecen no Manuscrito de Glenmasan.
Mitoloxía escocesa As historias de Finn (en irlandés: Fionn) mac Cumhaill e a súa banda de soldados, os Fianna, semellan estar ambientadas na Escocia e Irlanda gaélicas. Difiren doutros ciclos mitolóxicos gaélicos pola forza das relacións coa comunidade gaélico falante en Escocia, e polos moitos textos existentes nese país. Difiren do ciclo do Ulster en que as historias están escritas sobre todo en verso e que están máis preto da tradición do romance que da tradición da épica. A fonte máis importante do ciclo feniano é o "Acallam na Senórach" ("Coloquio dos homes vellos"), que foi atopado en dous manuscritos do século XV, no Libro de Lismore e Laud 610, así como nun manuscrito do século XVII de Killiney, Condado de Dublín. O texto está datado, segundo as evidencias lingüísticas, no século XII. O texto recolle conversas entre os últimos superviventes dos Fianna e San Patricio e dura unhas 8.000 liñas. As datas tardías dos manuscritos poderían reflectir unha longa tradición oral nas historias dos Fenian, a mesma tradición que foi interpretada do gaélico ó inglés por James MacPherson nas historias de Ossian.
Mitoloxía escocesa O primeiro avistamento da Monstro do lago Ness produciuse no Río Ness no ano 565. O monxe irlandés San Columba estaba aloxado na terra dos pictos cos seus compañeiros cando axudou ós locais a enterrar un home no Río Ness. Eles explicáronlle que o home estaba nadando no río cando foi atacado por un "monstro da auga", que o golpeou e arrastrou cara o fondo. Eles tentaron rescate-lo nun barco, pero só foron quen de sacar o seu corpo xa sen vida. Escoitando iso, Columba sorprendeu os pictos enviando o seu seguidor Luigne moccu Min a cruzar a nado o río. O animal foi detrás del, pero Columba fixo o sinal da cruz e ordenou: "Vaite lonxe. Non fagas mal a este home. Volve inmediatamente". A besta detívose inmediatamente coma se fose "retido cara atrás con cordas" e fuxiu de terror. Os homes de Columba e os pictos pagáns louvaron a Deus polo milagre.
Ilustración escocesa A Ilustración escocesa (en inglés "Scottish Enlightenment", en escocés "Scots Enlichtenment" e en gaélico escocés "Soilleireachadh na h-Alba") foi un período na historia escocesa do século XVIII caracterizado por unha onda de logros intelectuais e científicos. Daquela, Escocia tiña unha rede de escolas parroquiais nas Lowlands e cinco universidades. A cultura foi orientada cara os libros, e diariamente tiñan lugar intensos debates en lugares intelectuais de Edimburgo como "The Select Society", e, posteriormente, "The Poker Club", así como nas universidades de Glasgow, Edimburgo e Aberdeen.