Top 10 similar words or synonyms for encélado

mimas    0.764912

titán    0.752785

neptuno    0.721452

ío    0.715982

cassini    0.714789

titania    0.708933

marte    0.706008

umbriel    0.700108

caronte    0.688836

orbitando    0.684346

Top 30 analogous words or synonyms for encélado

Article Example
Encélado (lúa) Encélado é a sexta lúa máis grande do planeta Saturno. Foi descuberta no ano 1789 por William Herschel.
Encélado (lúa) En maio do 2011, científicos da NASA na "Enceladus Focus Group Conference" informaron que Encélado "é o lugar do Sistema Solar nestes momentos con máis posibilidades de ter vida que non sexa a Terra".
Encélado (lúa) Os nomes dos accidentes xeolóxicos de Encélado outorgados pola Unión Astronómica Internacional (UAI) proceden de personaxes e lugares da tradución de As mil e unha noites feita por Burton. Os cráteres de impacto reciben nomes de personaxes, mentres que outros accidentes xeolóxicos coma as fossae (longas e estreitas depresións), dorsa (escarpas), planitia (chairas), e sulci (sucos paralelos longos), teñen nomes de lugares. 57 accidentes xeolóxicos teñen nome oficial,; 22 dos cales recibiron o seu nome en 1982 en base as observacións das "Voyager", e outros 35 recibiron o seu nome no ano 2006, baseándose nos resultados das observación que levou a cabo a "Cassini's" no seu tres sobrevoos do ano 2005.
Encélado (lúa) As Voyager obtiveron as primeiras imaxes de preto de Encélado. A "Voyager 1" foi a primeira en pasar preto de Encélado, a unha distancia de 202.000 km o 12 de novembro do ano 1980. As imaxes obtidas tiñan unha resolución moi pobre, pero amosaban unha superficie cunha alta refractividade e unha notoria escaseza de cráteres, o cal indicaba unha superficie nova. A "Voyager 1" tamén confirmou que a lúa estaba situada no interior da parte máis densa do difuso Anel E. Isto combinado coa aparencia "xuvenil" da superficie, levou ós científicos da misión Voyager a suxerir que o anel E estaba formado con partículas procedentes das superficie de Encélado.
Encélado (lúa) Outro exemplo de características tectónicas en Encélado son os sucos lineais atopados por primeira vez pola "Voyager 2" e vistos cunha resolución moito maior pola "Cassini". Exemplos de sucos lineais podémolos atopar na parte inferior esquerda da diapositiva de enriba e na diapositiva 10 (esquina inferior esquerda), correndo de norte a sur dende a parte superior central antes de virar cara ó suroeste. Estes sucos lineais pódense ver cortando outros tipos de terreo, coma os sucos ou as bandas de cordilleiras e cristas. Coma as fendas profundas, parecen estar entre as características máis novas de Encélado. Con todo, algúns sucos lineais parecen estar "suavizados" coma os cráteres dos arredores, o que suxire unha idade máis avanzada. Tamén se observaron dorsais en Encélado, aínda que sen comparación co que se pode ver en Europa. Varios exemplos poden ser vistos na parte inferior esquerda da diapositiva 7. Estes sucos son relativamente limitados en extensión e poden chegar a ter ata un quilómetro de altura, de feito tamén se observaron cumios cunha altura dun quilómetro. Dado o nivel atopado de remodelado tectónico da superficie de Encélado, está claro que as forzas tectónicas foron un importante factor na xeoloxía desta lúa pequena ó longo de gran parte da súa historia.