Top 10 similar words or synonyms for dreamcast

gamecube    0.840952

advance    0.830715

xbox    0.827902

wii    0.827339

playstation    0.825197

nes    0.819761

portable    0.810023

famicom    0.805715

snes    0.777987

unreal    0.773990

Top 30 analogous words or synonyms for dreamcast

Article Example
Dreamcast A Dreamcast foi lanzada o 27 de novembro de 1998 en Xapón, o 9 de setembro de 1999 nos Estados Unidos e o 14 de outubro dese mesmo ano en Europa, moito antes que outras máquinas da súa xeración saísen ao mercado. Foi a primeira consola que ofreceu conexión a internet, tanto para xogos coma navegación por páxinas web. A Dreamcast disfrutou de boas vendas inicialmente e foi unha das máquinas máis acertadas de Sega. Foi un intento de reconquistar o mercado das consolas cun sistema de vindeira xeración deseñado para substituír á PlayStation de Sony e á Nintendo 64 de Nintendo, pero principalmente por culpa da desconfianza (anteriormente algunhas consolas e accesorios de Sega foron pouco acertados, coma o 32X e o Sega CD) e a proximidade dunha saturación do mercado pola aparición de Nintendo GameCube, Sony PlayStation 2, e da Microsoft Xbox SEGA deuse conta que o negocio estaba nos xogos e non nas consolas.
Dreamcast Dreamcast usaba un formato propietario de discos chamado GD-ROM para almacenar os xogos, intentando evitar a piratería, pero consiguindo uns resultados pouco efectivos, xa que se descubriu que os discos contiñan defectos de deseño, e os piratas foron capaces de copiar os xogos. Sega culpábase en grande medida a si mesma polos altos niveis de piratería da súa Dreamcast – o seu uso do formato GD-ROM foi minado totalmente pola compatibilidade da consola co formato Mil-CD, o cal permitía á consola arrincar desde un CD-R estándar. A compatibilidade co Mil-CD foi eliminada da revisión final da Dreamcast ao final da vida da consola.
Dreamcast A Sega Dreamcast (en xaponés: ドリームキャスト) foi a última consola de videoxogos creada por Sega. Despois de que a Dreamcast fose descontinuada, Sega abandonou o negocio da venda de videoconsolas, dedicándose ao mundo das máquinas de arcade e ao desenvolvemento de software para plataformas doutras empresas.
Dreamcast Microsoft cooperou con Sega coa idea de promover o seu sistema operativo Windows CE para videoxogos, pero Windows CE para Dreamcast mostrou capacidades limitadas comparando co sistema operativo nativo de Dreamcast. As bibliotecas que Sega proporcionou ofertaban máis potencia final, aínda que resultaba máis dificultosa a realización de conversións entre consola e PC.
Dreamcast Sega lanzou unha placa, usando a mesma tecnoloxía que a Dreamcast, chamada Sega NAOMI para usar en xogos arcade.