Top 10 similar words or synonyms for criaban

cultivaban    0.776117

cazaron    0.773917

apañan    0.745568

cultivan    0.744542

consumiron    0.735501

cazaban    0.734603

mergullan    0.734540

construían    0.726756

consumían    0.723836

comían    0.718697

Top 30 analogous words or synonyms for criaban

Article Example
Pit bull Antigamente o termo "pit bull" ou "pit dog" tamén foi utilizado para referirse ós cans que se criaban para loitar no foxo.
Galiña No entanto, hai antecedentes de que en Chile, antes da chegada dos europeos, os mapuches criaban unha galiña con características especiais, a galiña araucana.
Tartaruga mariña verde Nalgúns lugares creáronse granxas comerciais de tartarugas, como as granxas de tartarugas das Caimán no Caribe, que antes as criaban para comercializar a carne, aceite (obtido da graxa), coiraza e pel. A granxa iniciouse en gran parte con ovos que estaban "condenados" á destrución porque foran recollidos de niños ameazados pola erosión, inundacións, ou estaban en solos quimicamente hostís. As granxas chegaron a criar unhas 100.000 tartarugas. Cando os mercados internacionais foron pechados polas regulacións que non permitían a exportación internacional de produtos de tartaruga criados en granxas, a granxa pasou a ser esencialmente unha atracción turística na que se criaban 11.000 tartarugas.
Sumeria Os sumerios mantiñan unha produción de cebada, garavanzo, lentellas, millo miúdo, trigo, nabo, dátiles, cebola, allo, leituga, allo porro e mostaza. Eles tamén criaban gado, carneiro, cabra e porco. Alén diso usaban bois como opción principal no traballo de carga e burros como animal de transporte. Os sumerios pescaban peixes e cazaban aves galináceas.
Lamprea É coñecida a lenda de que os romanos, que apreciaban moito este peixe, criaban as lampreas en foxos nos que as alimentaban cos escravos que lles botaban para que lles zugasen o sangue. Cómpre dicir que isto só é un mito gastronómico máis e que sería imposible tal cousa.
Acuariofilia Chámase acuariofilia á afección pola cría de peixes e pola reprodución fiel dun ecosistema natural acuático. Parece ser que se orixinou en China sobre o ano 950, aínda que xa os romanos criaban carpas en grandes viveiros, pero estes non trataban de imitar a contorna natural e non perseguían fins estéticos. Sobre o ano 1750 introduciuse en Europa.
Oranjestad, Aruba A cidade desenvolveuse ao redor de Fort Zoutman pouco despois da súa construción en 1796. Inicialmente a cidade non tiña nome oficial, sendo coñecida só como a cidade na baía de Cabalos ("Paardenbaai" en holandés), por ser o lugar onde se criaban os cabalos que se exportaban á veciña Curazao. A cidade foi desde entón a capital da illa.
Andoriñón real Os andoriñóns reais crían nas montañas europeas e asiáticas e pasan o inverno no sur de África e no Indostán. Durante a migración móvense de xeito errático e poden verse en boa parte da Europa e Asia meridionais. Aparentemente a especie tivo unha área de distribución meirande durante a derradeira glaciación, cando colonias grandes criaban por exemplo, hai entre 40.000 e 20.000 anos, nunha cova en Komarova, preto de Chestokova, Polonia (Tomek & Bocheński 2005).
Cabecinegra escocesa Non é seguro cando se comezou a coidar da cabecinegra escocesa coma unha raza á parte, nin onde, pero probabelmente no sur de Escocia e no norte de Inglaterra. Sábese, por exemplo, que algúns mosteiros do século XII xa criaban ovellas de cara escura, fundamentalmente para a produción de la. E en 1503 o rei Xaime IV de Escocia xuntou un rabaño de 5.000 cabecinegras escocesas no bosque de Ettrick, ao sur de Peebles, nas Estremas escocesas.
Pomba viaxeira Para o 1878 case todas as pombas que sobrevivían criaban nunha colonia de Michigan. No 1890 apenas quedaban varios centos de exemplares. No 1900 xa non existían exemplares salvaxes e só existían individuos en zoolóxicos. No 1908 quedaban sete exemplares e no 1910 tan só unha, de nome "Martha", que morreu no zoo de Cincinnati o un de setembro de 1914 e que hoxe se conserva disecada no Smithsonian Institution de Washington.