Top 10 similar words or synonyms for brucei

trypanosoma    0.886738

cruzi    0.855747

histolytica    0.849609

giardia    0.835164

pallidum    0.833656

plasmodium    0.830726

salmonella    0.828914

simplex    0.827270

proteus    0.824864

typhi    0.819037

Top 30 analogous words or synonyms for brucei

Article Example
Trypanosoma brucei O estado de actividade dun "VSG" pode ser conmutado ou ben cambiando o lugar de expresión activa (dun sitio activo a un sitio previamente silenciado) ou ben cambiando o xene "VSG" que está no sitio activo. O xenoma contén moitas copias de posibles xenes "VSG", tanto nos minicromosomas coma en seccións repetidas do interior dos cromosomas. Estes están normalmente en silencio, e xeralmente fáltanlles seccións ou teñen codóns de stop prematuros, pero son importantes na evolución de novos xenes "VSG". Estímase que ata o 10% do xenoma de "T. brucei" pode estar constituído por xenes "VSG" ou pseudoxenes. Calquera deses xenes pode ser movido ao sitio activo por recombinación xenética para que se exprese. O mecanismo exacto que controla isto aínda é parcialmente descoñecido.
Trypanosoma brucei A diviswión mitótica de "T.brucei" é estraña comparada coa da maioría dos eucariotas. A membrana nuclear permanece intacta e os cromosomas non se condensan durante a mitose. O corpo basal, a diferenza do centrosoma da maioría das células eucariotas, non xoga ningún papel na organización do fuso, senón que esá implicado na división do cinetoplasto.
Trypanosoma brucei Trypanosoma brucei é unha especie de tripanosomas salivarios, causante da tripanosiomíase africana ou enfermidade do sono en humanos e da nagana en animais. Transmítense pola picadura da mosca tse-tse. A especie "T. brucei" foi tradicionalmente dividida en tres cepas ou subespecies, que son:
Trypanosoma brucei A superficie dos tripanosomas está cuberta por unha densa cuberta de glicoproteínas de superficie variables (VSG), que permiten a persistencia dunha poboación de tripanosomas infecciosos no hóspede (ver máis abaixo).
Trypanosoma brucei O flaxelo dos tripanosomas ten dúas estruturas principais. Está constituído polo típico axonema flaxelar, que é paralelo ao bastón paraflaxelar, unha estrutura reticulada formada por proteínas exclusiva dos cinetoplástidos, euglenoides e dinoflaxelados.
Trypanosoma brucei A superficie do tripanosoma está cuberta por unha densa cuberta formada por ~5 x 10 moléculas dunhas glicoproteínas chamadas glicoproteínas de superficie variables (VSG). Esta cuberta permite que unha poboación infectiva de "T. brucei" evite de forma persistente o sistema inmunitario do hóspede, o que posibilita as infeccións crónicas. As dúas propiedades da cuberta de VSG que lle permiten a evasión inmune son:
Trypanosoma brucei A VSG é moi inmunoxénica, e organízanse respostas inmunitarias adaptativas contra as VSG da cuberta específicas, que rapidamente matan aos tripanosomas que expresen esas variantes. A morte dos tripanosomas mediada por anticorpos pode tamén observarse in vitro en ensaios de lise mediada polo sistema do complemento. Porén, con cada división celular hai unha posibilidade de que un ou ambas as células fillas muden a súa varainta de VSG expresada. A frecuencia deste cambio de VSG mediuse e é aproximadamente do 0,1% por división. Como as poboacións de "T. brucei" poden chegar a picos de 10 no seu hóspede esta rápida taxa de cambio asegura que a poboación do parasito sexa constantemente diversa. Que a poboación de tripanosomas exprese unha variedade diversa de cubertas significa que o sistema inmunitario está sempre un paso atrás na súa loita contra o parasito: leva varios días organizar unha resposta inmune contra unha determinada VSG, o que dá aos tripanosomas que cambian as súas VSG tempo para reproducirse (e experimentar máis cambios na cuberta). A reiteración deste proceso impide a extinción da poboación de tripanosomas infecciosos, e facilita a persistencia crónica dos parasitos no hóspede, aumentando as oportunidades de transmisión. O efecto clínico deste ciclo é que se producen sucesivas "ondas" de parasitemia (tripanosomas no sangue).
Trypanosoma brucei A estrutura da célula é bastasnte típica dunha célula eucariota normal. Ten todos os orgánulos, como o núcleo, mitocondria, retículo endoplasmático, aparato de Golgi etc. Característricas pouco usuais son a súa mitocondria única e longa, dentro da cal hai unha estrutura especial de ADN mitocondrial coñecida como cinetoplasto, e a súa asociación co corpo basal do flaxelo. O citoesqueleto está formado por microtúbulos. A superficie celular da forma da corrente sanguínea presenta unha densa cuberta formada por glicoproteínas de superficie variables (VSGs), que é substituída por unha cuberta igualmente densa de prociclinas cando o parasito se diferencia na forma procíclica no intestino medio da mosca.
Trypanosoma brucei Os Trypanosomatida mostran varios tipos de organización celular nos seus ciclos vitais, dos cales o "Trypanosoma brucei" adopta fundamentalmente dous en diferentes momentos do seu ciclo:
Trypanosoma brucei A maioría dos xenes encóntranse nos cromosomas grandes, e os minicromosomas levan só os xenes "VSG". O xenoma foi secuenciado e está dispoñible online .