Top 10 similar words or synonyms for beckmesser

violetta    0.617766

pamina    0.612414

papageno    0.607358

stiffelio    0.595902

suplicante    0.589957

ciclope    0.583154

mimí    0.576063

cadelo    0.573275

inmortal    0.572225

questo    0.569860

Top 30 analogous words or synonyms for beckmesser

Article Example
Die Meistersinger von Nürnberg Mentres Eva e Walther se retiran aínda máis nas sombras, Beckmesser comeza a súa serenata. Sachs o interrompe lanzándolle nunha canción de zapateiro e martillando a sola dos zapatos a medio facer. Disgustado, Beckmesser dille a Sachs que pare, mais o zapateiro replica que ten que rematar os zapatos, de cuxa tardanza Beckmesser se queixara públicamente arredor do Acto I. Sachs ofrece un compromiso: estará calado e permitirá a Beckmesser cantar, mais el (Sachs) será o "marcador" de Beckmesser, e marca cada un dos erros poético-musicais de Beckmesser ao golpear unha das solas co seu martelo. Beckmesser, que viu a alguén na xanela de Eva (Magdalena disfrazada), non ten tempo de discutir. Tenta cantar a súa serenata, mais comete erros. David desperta e ve a Beckmesser aparentemente dándolle unha serenata a Magdalena. Ataca a Beckmesser nun momento de celos. Toda a veciñanza está esperta polo son. Os outros aprendices apresúranse á pelexa, e a situación deriva en toda unha algarada. Na confusión, Walther tenta escapar con Eva, mais Sachs empurra a Eva á súa casa e arrastra a Walther ao seu propio taller. Volve a calma tan repentinamente como se rompera. Unha figura solitaria camiña pola rúa — o sereno, dicindo a hora.
Die Meistersinger von Nürnberg Beckmesser, aún dolorido por su paliza de la noche anterior, entra en el taller. Ve los versos de la canción del premio, escrita de manos de Sachs, e infiere que Sachs está planeando en secreto entrar en el concurso por la mano de Eva. El zapatero vuelve a entrar en la habitación y Beckmesser se enfrenta a él con los versos. Sachs declara que él no tiene intención de cortejar a Eva, y niega haber escrito la canción (aunque él admite que la escritura es suya). Da el manuscrito a Beckmesser como regalo. Promete no reclamar nunca la canción como propia, y advierte a Beckmesser que es una canción muy difícil e interpretar y cantar. Beckmesser, su confianza restaurada por la perspectiva de usar versos escritos por el famoso Hans Sachs, ignora la advertencia y se apresura a prepararse para el concurso de canto. Sachs sonríe ante la idiotez de Beckmesser pero expresa la esperanza de que Beckmesser aprenderá a ser mejor en el futuro.
Die Meistersinger von Nürnberg Cando chega o ocaso, Hans Sachs senta enfronte da súa casa para traballar nun novo par de zapatos para Beckmesser. Deleitase coa canción de Walther, que causou unha profunda impresión nel.
Die Meistersinger von Nürnberg Xusto cando Eva vai abandonar, aparece Walther. Dille que foi rexeitado polos mestres cantores, e os dous se preparan para fuxir. Non obstante, Sachs escoitou os seus plans. Mentres están pasando, ilumina a rúa coa súa lanterna, forzándolles a esconderse na sombra da casa de Pogner. Walther decide enfrentarse a Sachs, mais vese interrompido pola chegada de Beckmesser.
Die Meistersinger von Nürnberg Os primeiros mestres cantores póñense en fila na igrexa, incluíndo ao rico pai de Eva, Veit , e o administrador municipal Beckmesser. Beckmesser, un cantante técnico e listo que estaba esperando gañar o concurso sen oposición, preocúpase ao ver que Walther é o convidado de Pogner e pretende entrar no concurso. Mentres tanto, Pogner presenta a Walther aos outros mestres cantores conforme chegan. Fritz Kothner, o panadeiro, desempeñando o cargo de presidente da reunión, pasa lista. Pogner, dirixíndose á asemblea, anuncia a súa oferta da man da súa filla para o gañador do concurso de canto. Cando Hans Sachs sinala que Eva debería poder dicir algo no asunto, Pogner concorda en que Eva pode rexeitar ao gañador do concurso, mais que ela de todos xeitos debe casar cun mestre cantor. Otra suxestión de Sachs, que o pobo da cidade, máis que os mestres, debería ser quen xulgase o gañador do concurso, é silenciado polos outros mestres. Pogner presenta formalmente a Walther como candidato para a admisión na confraría. Preguntado por Kothner sobre o seu pasado, Walther afirma que as obras de Walter von der Vogelweide foron a súa inspiración poética, e os seus mestres na música foron os paxaros e a propia natureza. Os mestres móstranse conformes en admitilo con reticencias, sempre que poida proporcionar unha canción de mestre de composición propia. Walther elixe o amor como tema da súa canción e polo tanto será xulgada só por Beckmesser, o "Marcador" da confraría. Walther lánzase a unha melodía nova en forma libre, rompendo todas as regras dos mestres cantores, e a súa canción é constantemente interrompida polo son do xiz de Beckmesser no seu taboleiro, anotando maliciosamente cada unha das vulneracións, unha detrás doutra. Cando Beckmesser cubriu por completo o encerado con símbolos dos erros de Walther, interrompe a canción e argumenta que non hai razón algunha para rematala. Sachs tenta convencer aos mestres de que permitan a Walther seguir, mais Beckmesser di con ironía que Sachs debera deixar de establecer a política e no seu lugar, acabar de facerlle os seus novos zapatos, que xa se está a atrasar. Os demais mestres rexeitan ao cabaleiro.
Die Meistersinger von Nürnberg Eva achégase a Sachs e falan do concurso de canto do día seguinte. Eva non sinte entusiasmo por Beckmesser, quen parece ser o único concursante elixible. Eva di que a ela non lle importaría si Sachs, un viúvo, fora gañar o concurso. Aínda que conmovida, Sachs protesta que el sería demasiado vello para ser o seu home. Incitado máis alo, Sachs narra o fracaso de Walther na reunión da confraría. Esto fai que Eva saia enfurecida, confirmando a sospecha de Sachs que se ten enamorado de Walther. Eva é interceptada por Magdalena, quen a informa de que Beckmesser vén darlne unha serenata. Eva, decidida a buscar a Walther, dille a Magdalena que se faga pasar por ela (Eva) na xanela do dormitorio.
Die Meistersinger von Nürnberg Cando amence, Sachs está lendo un gran libro. Perdido nos seus pensamientos, non responde cando David regresa de entregar os zapatos de Beckmesser. David finalmente logra atraer a atención do seu mestre, e tratan as seguintes festividades — é o día de San Xoán, o día onomástico de Hans Sachs. David recita os seus versos para Sachs, e marcha a preparar a festa. A soas, Sachs pensa na rebelión da noite anterior. "¡Loucura! ¡Loucura! ¡Locura por todas partes!" ("Wahn! Wahn! Überall Wahn!") O seu intento de impedir un rapto terminara nunha sorprendente violencia. A pesar de todo, está decidido a facer que a loucura traballe para el ese día.
Richard Wagner Os escritos de Wagner sobre o pobo xudeu, incluído "Das Judenthum in der Musik" ("O xudaísmo na música"), correspóndense con algunhas tendencias de pensamento existentes en Alemaña durante o século XX. Con todo, a pesar do seu punto de vista moi común neste aspecto, ao longo da súa vida Wagner tivo amigos, compañeiros e admiradores xudeus. Tense suxerido frecuentemente que nas óperas de Wagner están representados estereotipos antisemitas. Os papeis de Mime no "Anel", Sixtus Beckmesser en "Die Meistersinger," e Klingsor en "Parsifal" son ás veces considerados representacións xudías, aínda que non son representados como tal nos libretos destas óperas. O tema de Wagner e o pobo xudeu complícase máis polas alegacións, que puido crer Wagner, de que el mesmo tiña ascendencia xudía, a través do seu suposto pai Geyer.
Richard Wagner Non todas as reaccións a Wagner foron positivas. Durante algún tempo, a vida musical alemá estivo dividida en dúas faccións, defensores de Wagner e defensores de Johannes Brahms; os últimos, co apoio do poderoso crítico Eduard Hanslick (do que Beckmesser en "Meistersinger" é en parte unha caricatura) defendían as formas tradicionais e lideraron a fronte conservadora contra as innovacións de Wagner. Eles foron apoiados polas inclinacións conservadoras de algunhas escolas de música alemás, como os conservatorios de Leipzig con Ignaz Moscheles e o de Colonia baixo a dirección de Ferdinand Hiller. Outro detractor de Wagner foi o compositor francés Charles-Valentin Alkan, quen escribiu a Hiller logo de asistir ao concerto de Wagner en París o 25 de xaneiro de 1860 no que o compositor dirixiu as aberturas de "Der fliegende Holländer" e "Tannhäuser", os preludios de "Lohengrin" e "Tristan und Isolde", e outros seis extractos de "Tannhäuser" e "Lohengrin":
Die Meistersinger von Nürnberg Ten lugar a festa de Xoán o Bautista. As diversas confrarías celebran as súas procesións, culminando coa chegada dos mestres cantores. O público canta as loanzas de Hans Sachs, o máis amado e famoso dos mestres cantores. Comeza o concurso polo premio. Beckmesser tenta cantar os versos que obtivera de Sachs. Porén, terxiversa as palabras e fracasa, incapaz de encaixalas na melodía axeitada, e acaba cantando tan torpemente que o público ríse del. Antes de saír furioso, berra que a canción non é nin sequera súa; Hans Sachs o engañou para que a cantara. O público móstrase confuso, como pode o gran Hans Sachs escribir unha canción tan mala? Sachs explica que a canción non é súa, e tamén que é de feito unha bela canción que os mestres amarán, cando a escoiten correctamente cantada. Para probar esto, chama a unha testemuña: Walther. A xente está tan intrigada coa canción que permiten a Walther cantala, e todo o mundo queda ganado a pesar da novidade da canción. Declaran a Walther gañador, e os mestres cantores queren que sexa membro da súa confraría alí mesmo. Ao principio Walther síntese tentado a rexeitar a súa oferta, mais Sachs intervén unha vez máis, e explica que a arte, mesmo cando é unha arte contrario e rompedor coma a de Walther, só pode existir dentro dunha tradición cultural, cuxa tradición a arte sostén e mellora. Walther está convencido; concorda en unirse. Pogner coloca a simbólica medalla de mestría arredor do seu pescozo, e a xente canta unha vez máis en loanza de Hans Sachs, o amado mestre cantor de Núremberg.