Top 10 similar words or synonyms for autónoe

euriclea    0.863423

ortosia    0.844655

ágave    0.840082

ninurta    0.839227

kusakabe    0.836843

lisitea    0.833277

bestla    0.828143

píero    0.827059

dumah    0.826786

ahmose    0.826045

Top 30 analogous words or synonyms for autónoe

Article Example
Autónoe Na mitoloxía grega, Autónoe era a filla de Cadmo de Tebas e de Harmonía, muller de Aristeo e nai de Acteón e Macris. Dioniso fíxoa tolear ó igual cás súas irmás.
Acteón Fillo de Aristeo e Autónoe, era un cazador de Beocia. Cando Artemisa se estaba a bañar espida nun bosco preto da cidade de Orcomeno, Acteón viuna por casualidade, detívose e quedou fascinado pola súa beleza. Artemisa, ao se dar de conta, converteuno nun cervo e enviou aos seus propios cans para que o devorasen.
Harmonía Non obstante, case sempre Harmonía é esposa de Cadmo (quen lla reclamou ao seu pai Ares a cambio dunha expiación que o deus lle esixira, pois Cadmo matara un dragón que acababa de comer a varios dos seus homes; e dito dragón resultou ser propiedade de Ares). Con Cadmo foi nai de Ino, Autónoe, Ágave e Sémele. Segundo as antigas escrituras, Harmonía figuraba como a avoa do deus Dioniso.
As Bacantes Penteo aparece sorprendido por todo o ocorrido e ve que Dioniso se liberou. Chega nese momento un mensaxeiro que explica a Penteo que tres coros de bacantes, dirixidas por Autónoe, Ágave (a propia nai de Penteo) e Ino, foran achadas durmindo e sen signos de luxuria. Cando espertaron fixeron brotar unha fonte de auga, outra de viño, un río de leite e mel do extremo dos seus tirsos. Os boieiros e pastores trataran de facer cumprir as ordes de Penteo e capturar as bacantes, mais estas reaccionaran e armadas cos seus tirsos descortizaran vacas e touros, saqueado dúas aldeas e ferindo os aldeáns, sen sufrir elas o menor dano. A continuación, regresaron onde fixeran brotar as fontes, para lavarse e que unhas serpes lles limpasen as fazulas coa súa lingua.
Dioniso Eurípides escribiu un conto sobre a natureza destrutiva de Dioniso na súa obra "As Bacantes". Dado que Eurípides escribiu esta obra na corte do rei Arquelao de Macedonia, algúns investigadores cren que o culto a Dioniso era maligno neste país pero benigno en Atenas. Na obra, Dioniso volve ao seu lugar de nacemento, Tebas, gobernado polo seu curmán, Penteo. Dioniso quería vingarse das mulleres de Tebas, as súas tías Ágave, Ino e Autónoe e o seu curmán Penteo, por negar a súa divindade e xa que logo non adorarlle. Penteo foi volto tolo lentamente polo convincente Dioniso, e atraído aos bosques do monte Citerón para ver ás Ménades, as adoradoras de Dioniso que a miúdo experimentaban o éxtase divino. Cando as mulleres viron a Penteo, descortizárono como fixeran antes na obra cunha manda de gando. Brutalmente, a súa cabeza foi cortada pola súa nai Ágave cando suplicaba pola súa vida.