Top 10 similar words or synonyms for alemá

polaca    0.758301

rusa    0.743187

austríaca    0.739247

húngara    0.705780

romanesa    0.658939

sueca    0.656067

francesa    0.654960

italiana    0.639152

neerlandesa    0.638396

norueguesa    0.618486

Top 30 analogous words or synonyms for alemá

Article Example
Reunificación alemá Inicialmente a República Federal de Alemaña e os seus aliados da OTAN non recoñeceron os gobernos da República Democrática nin os o da República Popular de Polonia baixo a Doutrina Hallstein. As relacións entre as dúas nacións alemás permaneceron case inexistentes ata que o chanceler Willy Brandt, da República Federal, lanzou un programa de achegamento co leste (a esta política chamóuselle "Ostpolitik") na década de 1970.
Reunificación alemá Alemaña foi reunificada oficialmente o 3 de outubro de 1990, cando os cinco estados federales ("Bundesländer") restablecidos de Alemaña Oriental -Brandeburgo, Mecklemburgo-Pomerania Occidental, Saxonia, Saxonia-Anhalt e Turinxia- foron engadido formalmente á República Federal Alemá (Alemaña Occidental), elixindo unha das dúas opcións implementadas na Constitución da Alemaña Occidental (Grundgesetz). Como estes cinco estados alemáns novamente fundados incorporáronse formalmente á República Federal de acordo co (entón existente) artigo 23, a área na cal a Grundgesetz (lei fundamental) servía como a súa Constitución foi simplemente ampliada para incluílos. A alternativa foi ca Alemaña Oriental incorporásese como un todo baixo as directrices dunha unión formal entre dous estados alemáns o que supuxese, entre outras cousas, crear unha nova Constitución para o país novamente establecido. Malia que a opción elixida foi claramente a máis sinxela, eu lugar a sentimentos no Leste de ser -ocupados- ou -anexionados- pola vella República Federal.
Unificación Alemá A Unificación Alemá foi un proceso iniciado a mediados do século XIX e finalizado en 1871, para a integración e posterior unificación de diversos estados xermánicos en só un: Alemaña. O proceso foi liderado polo primeiro ministro prusiano Otto von Bismarck, coñecido como o "chanceler de ferro", e culminou coa formación do Segundo Reich (Imperio) alemán.
Unificación Alemá Desde o inicio do século XIX o desexo da unidade nacional podía ser notado, principalmente nos medio académicos e literarios. Como exemplo, Freiherr vom Stein, en Prusia tentouse implantar un programa político inspirado nesa pretensión, porén acabou sendo afastado en 1808. Tras iso, Austria reimplantou a súa influencia e o nacionalismo alemán ficou inoperante até 1848, cando ocorreron diversas revolucións por toda Europa, a chamada "Primavera dos Pobos".
Unificación Alemá A partir do movemento de febreiro de 1848, en Francia, que conduciu á abdicación de Luís Filipe I de Francia, os meses seguintes diversos Estados alemáns tamén se revolveron, rexistrándose manifestacións populares e un movemento a favor dun parlamento nacional elixido polo pobo, que elaborase unha nova constitución para unha Alemaña unificada.
Unificación Alemá Poucos días tras as insurrecións en Viena, burgueses e obreiros de Berlín ergueron barricadas nas rúas, entrando en choque coas tropas do rei Frederico Guillerme IV de Prusia, que tamén foi a causa de autorizar a convocatoria dunha Asemblea Constituinte.
Unificación Alemá Nas demais rexións do Imperio, as minorías nacionais, encoraxadas polos levantamentos de Viena e Berlín, mobilizáronse pola independencia. Na Bohemia (actual República Checa), en abril de 1848, foi convocado un Parlamento independente como primeiro paso para a formación dunha Asemblea Constituinte. En Hungría, o avogado Lajos Kossuth, líder do movemento autonomista, proclamou a República, en abril de 1849. Mais todas esas rebelións foron sufocadas polo exército austríaco que, no caso da Hungría, recorreu á axuda das tropas do tsar Nicolao I de Rusia.
Unificación Alemá No ano seguinte, Bismarck dividiu a Confederación en dous grupos de Estados; a Confederación do Norte e a do Sur, tendo como límite o río Main. A Confederación da Alemaña do Norte, loxicamente, ficou baixo o seu control, cos países (principados e cidades libres), luteranos, que a apoiaran na guerra austro-prusiana. Os catro Estados que formaban a Confederación do Sur, maioritariamente católicos, non conseguiron se consolidar nunha unidade. Estes Estados virían a negociar un pacto coa Confederación da Alemaña do Norte, segundo o cal, en caso de guerra con Francia, o rei de Prusia tornaríase xeneral dos exércitos xermánicos. A Confederación do Norte é a antecesora do posterior Imperio Alemán, que precisaba de moi pouco para se concretar: a guerra contra Francia.
Unificación Alemá Con todas as etapas completadas, a unificación alemá consolidouse en xaneiro de 1871 coa proclamación de Guillerme I como o primeiro "Kaiser" (Emperador) do Imperio Alemán, formando así o Segundo "Reich" alemán. A coroación de Guillerme I aconteceu no Palacio de Versalles (18 de abril de 1871), para humillación dos franceses, vencidos na guerra franco-prusiana. Iso só intensificou o revanchismo francés. Bismarck tamén foi nomeado como o primeiro chanceler de Alemaña, ficando no cargo de 1871 a 1890.
Unificación Alemá Coa caída de Napoleón, fórmase a confederación Xermánica. Houbo a Unión Aduaneira, que estabeleceu a mesma moeda para os estados alemáns. A confederación durou até a vitoria de Prusia na guerra austro-prusiana, cando Alemaña foi dividida en Alemaña do Norte e Estados do Sur. Na guerra franco-prusiana, alén de que Prusia gañara as rexións da Alsacia-Lorena, Alemaña foi unificada.