Top 10 similar words or synonyms for abstracto

estético    0.780680

racionalista    0.738359

filosófico    0.733612

racionalismo    0.718979

intuitivo    0.714277

teórico    0.709407

pictórico    0.702714

idealismo    0.698649

analítico    0.695716

construtivismo    0.693101

Top 30 analogous words or synonyms for abstracto

Article Example
Expresionismo abstracto Empréganse tamén os termos "Action Painting" (Pintura de Acción), acuñado polo crítico Harold Rosemberg no artigo "Os Pintores de acción Americanos", publicado na revista "Art News" en 1952, e "American Type Painting" (Pintura de tipo americano), utilizado por Clement Greenberg, para distinguila da pintura europea, ademais da denominación de "Escola de Nova York" para un grupo de pintores cuxa actividade se desenvolve nesa cidade entre 1940 e 1950. O grupo fórmano William Baziotes, Willem de Kooning, Arshile Gorky, Adolph Gottlieb, Philip Guston, Hans Hofmann, Franz Kline, Robert Motherwell, Barnett Newman, Jackson Pollock, Pousette-Dart, Ad Reinhardt, Mark Rothko e Clyfford Still. Así e todo, a crítica coincide na dificultade que supón agrupar a artistas tan diversos baixo unha mesma etiqueta, mentres que se establece como o período máis tipicamente expresionista abstracto ós anos que van entre 1942 e 1947.
Expresionismo abstracto As influencias de Masson, Miró e Picasso son evidentes na obra de Pollock; tamén se sentiu influído polos muralistas mexicanos, en especial por José Clemente Orozco. Cara a 1943 aplica dunha forma persoal os métodos surrealistas, así como algúns fragmentos da iconografía picassiana para utilizalos exclusivamente pola súa forza plástica, e o seu único interese é a inmediatez dalgunhas sensacións pictóricas. O seu método de pintura fíxose lendario, así como a súa atormentada personalidade. Dispuña o lenzo no chan para poder integrarse nel, ser parte física da tea, camiñando arredor e traballándoo en tódalas direccións. O modo de aplicar a pintura ("dripping"), deixándoa caer directamente do bote e o uso de area (tomado dos rituais dos indios americanos) e cristais poden ser interpretados como un automatismo levado ó límite. ""Cando estou pintando non son consciente do que fago. É só despois dun período de reconto cando vexo o que fixen. Non teño medo de facer cambios, de destruír a imaxe, porque o cadro ten unha vida propia"" (Pollock). Nesta afirmación, Pollock define a Pintura de Acción como unha mestura entre vitalidade e busca automática da harmonía e a beleza nunha linguaxe que pasa pola destrución da imaxe e a súa asociación simbólica.
Expresionismo abstracto Still, Rothko e Newman centráronse na expresión a través da cor; para aumentar o seu impacto visual eliminaron das composicións a figuración e o contraste de luces e sombras e agrandaron a escala dos lenzos, ó igual có resto dos americanos expresionistas, coa intención de envolver ó espectador nun contorno cromático. A súa abstracción estúdase baixo a denominación de pintura do campo de cor ("color field painting"), como tendencia dentro do expresionismo abstracto, distinta da "action painting". Ambas tendencias distínguense non só formalmente unha doutra, senón tamén polos distintos modos de vida que levaban os artistas de cada unha, os seus distintos círculos sociais e incluso os distintos barrios en que habitaban en Nova York: os pintores de acción vivían no Downtown de Manhattan e os do "colour field", no Uptown.
Expresionismo abstracto En realidade, o expresionismo abstracto americano non é un estilo unificado. Pollock, Rothko, Still, Reinhardt e Newman son abstractos, pero non expresionistas. O movemento da pintura abstracta americana xurdiu por oposición ó rexionalismo e á pintura social vixentes nos anos trinta, e tamén como oposición ó cubismo abstracto. A maior invención do "action painting" foi o descubrimento en 1947, que levaron a cabo Pollock, Rothko, Still e Newman, dunha nova superficie da pintura que denominaron "all-over", para significar un campo aberto sen límites na superficie do cadro, onde o espectador era envolto pola inmediatez da estrutura. Nas configuracións "all-over" de Pollock non hai punto focal e a pintura xera unha enerxía continua tan cargada que parece sobrepasar os límites do cadro, que, á súa vez, para intensificar esta sensación, agranda a súa escala. Still, Rothko e Newman elaboran o seu "all-over" por medio de campos de cor, eliminando toda traza de figuración e simbolismo, contraste de luz e sombras, para agrandar ó máximo o impacto visual e emocional da cor.
Expresionismo abstracto O cubismo e os catro mestres da arte europea, Pablo Picasso, Joan Miró, Henri Matisse e Fernand Léger, completan a base sobre a que se desenvolveu a pintura abstracta en América nos anos corenta.